DATOS XERAIS DE PARAÑOS
A PARROQUIA DE PARAÑOS, CON APROXIMADAMENTE 250 HABITANTES É A PRINCIPAL PORTA DE ENTRDA DO CONCELLO DE COVELO PARA TODO OS QUE VEÑAN DE ZONA DE VIGO E PONTEAREAS. REPOUSA NAS ESTRIBACIONS XA MOI SUAVIZADAS DA CORDAL DE MONTOUTO A CANDA E A PARADANTA. O RIO XABRIÑA, AFLUENTE DO TEA, ONDE DESEMBOCA NO PROXIMO CONCELLO DE MONDARIZ, ATRAVÉSAA DE NORDESTE A SUDOESTE CREANDO FERMOSOS RECUNCHOS. OS SEUS BARRIOS E LUGARES ESTÁN RODEADOS DUNHA CONTINUA MASA FORESTAL A BASE DE PIÑEIROS E EUCALIPTOS, MISTURADOS CON FRONDOSAS AUTÓCTONAS, SOBRE TODO CARBALLOS E VIDUEIROS. DENDE O ANO 1995 CONTA CUNHA DINÁMICA ASOCIACIÓN VECIÑAL QUE AGRUPA Á MEIRANDE PARTE DOS VECIÑOS DA PARROQUIA E ORGANIZA VARIADAS ACTIVIDADES DURANTE O ANO: O CIRCO EN XANEIRO, ACTIVIDADES DO ENTOIDO, LETRAS GALEGAS, EXCURSIÓNS, SAÍDAS DE SENDEIRISMO, FOGUEIRA DE SAN XOAN, ACTIVIDADES MICOLÓXICAS.TEATRAIS, ETC. O LOCAL SOCIAL, UN CENTRO MUNICIPAL SITUADO NUNHA ANTIGA CASA DE PEDRA RESTAURADA É O CENTRO DNÁMICO DAS ACTIVIDADES PARROQUIAIS.
lunes, 09 de febrero de 2009 a las 22:43
|