A Lamosa
As súas festas soen cadrar no primeiro ou segundo fin de semana de setembro. A adoración a Nosa Señora do Libramento é seguida e moi coñecida desde hai moito tempo pola adoración multitudinaria dos fieis e que desde antano ten unha gran importancia, aínda así non nos podemos esquecer do seu patrón San Bartolomé.
Cómpre non perdernos a magnífica paisaxe que rodea A Lamosa: o val, as "tres cruces" do Montouto, a "Cruz" da Franqueira,.... Todo eso podémolo visitar gozando da paisaxe partindo da aldea e facendo unhas pequenas rutas de sendeirismo de aproximadamende entre hora e hora e media.
Debemos falar tamén da ruta na que se está a traballar e que consiste na recuperación do río Xabriña. Importante pola flora, fauna, e muíños que deixaron a impronta das tradicións da xente do lugar. Pódese acceder desde A Lamosa polo o barrio de Paredes cara a Ponte do Folón. Alí podemos elixir seguir o camiño en dirección a Prado de Canda e desde alí culminar a nosa experiencia ata a Franqueira.
jueves, 27 de marzo de 2008 a las 13:08
|