POLITICA
Non se sabe ben como é,
Nin cal modo nin cal xeito
Usan os homes que fan
da nosa política un comercio,
pois da fame vense libres
dentro de moi pouco tempo
e os que non tiñan un euro,
vense cheos de diñeiro.
Hasta algúns se pasean
en autos dos mais modernos
que o pasar por certa xente
mesmo van que os leva o demo.
Desde Lerrús hasta Iglesias,
desde Pablo hasta Indalecio,
seica o que non corre, voa
en cuestión de ter diñeiro.
Hasta o probe Quintillán,
que tiña uns oficios feos,
xa pasea cos que pasan
dándose aires de soberbios.
¡Canto vale ser político,
buscar votos, dar concellos,
para dispor de moitos EUROS
dentro de moi pouco tempo.
lunes, 18 de octubre de 2010 a las 17:23
|
|
MÚSICO RELEVANTE MELLOR PERSOA
Nombre: Serafín Lugar de nacemento: Cristiñade Profesión: Músico Instrumento: Trombón de varas Equipo que usa: Trombón Bach Aficións: Música e Chinchimonis Influencias: Machín. Chicago, Jazz Sing.... Un Libro: Pampillón Unha Canción: "If you leave me now" Chicago Unha película: Encontros na 3ª fase
BIOGRAFIA: 1966 - Inicia estudos de solféo na academia de música da banda de Guláns 1967 - Ingresa en dita banda de música tocando o trombón de pistons e mais tarde a trompeta, permanece ata, 1971 1970 - Comeza solféo no Conservatorio de Música de Vigo, onde realiza 4º de solféo e primeiro de conxunto coral. 1971 - Ingresa no grupo musical da cidade de Vigo "Los Santos" (música lixeira) co cal grava un disco tocando o trombón de varas, presentándoo na 1ª de TVE no ano 1973 e permanece neste grupo ata o ano 1977. 1975 - Oposita en Madrid para cabo músico e aproba con un dos primeiros números, facendo o servizo militar como músico da Banda Militar do Rexemento de Murcia nº 42 en Barreiro (Vigo) 1977 - Ingresa no grupo musical "Los Player`s de Ferrol" onde permanece ata o ano 2004. 1979 - Comeza estudos de trombón de varas co mestre músico, Jaime G. Ares (músico retirado do exercito), único mestre de trombón de varas de Galicia en esta época, presentandose na convocatoria de xuño de 1981 de 1ª e 2ª de trombón por libre no Conservatorio de Música da Coruña onde termina o Profesorado de Trombón de varas. FORMACIÓN COMPLEMENTARIA: No transcurso dos anos 1981 a 1984 participa na orquestra de Swing-Jazz de El Ferrol "Unión Costa Oeste". O mesmo tempo participa na Polifónica Ferrolana do Padre Fanego nos seus concertos de Semana Santa, asiste ademais a un curso de metais, impartido po-lo mestre de trombón de varas da Orquestra Nacional, Enrique Fernando. Entre os anos 1985 e 1986 colabora na orquestra de Swing-Jazz de Antonio Cal Purriños. No ano 1990 participa na Orquestra de TVG Radio Onte durante dúas tempadas de inverno dos anos 1990-1991. En tódalas formacións das que formou parte, sempre foi como TROMBÓN 1º. No ano 1998 colabora coa Banda de Swing-Jazz "Presto Vivace" da Coruña, na cal grava un disco compacto poñendo tódolos tronbóns que nel se escoitan, 1º,2º,3º e 4º trombón, en esta formación permanece durante varios anos. Dende 2001 o 2003 participa na orquestra de Wsing-Jazz "Coruña", o mesmo tempo colabora na orquestra "Presto-Vivace. No ano 2003 colabora no single de Paco Montero, gravado nos estudos da RTVG, poñendo os trombóns. No ano 2005 pasa a formar parte da, Orquestra Lamas de Santiago, onde a día de hoxe seguimos disfrutando da súa música acompañado por uns grandes profesionais, como non podia ser de outro xeito.............
domingo, 30 de agosto de 2009 a las 17:50
|
|
APICULTURA MODERNA
Desde tiempos remotos, Cristiñade fué un pueblo con gran tradición apícola. Hasta la llegada de las colmenas movilistas, se utilizaban, troncos de castaño o roble huecos, llamados "TROBOS" o la corteza del alcornoque, con lo que se confeccionaba el llamado cortizo. Con la llegada de la apícultura "moderna" la producción de miel se muntiplicó por diez, en la actualidad es uno de llos pueblos de galicia con mayor producción y aprovechamiento de los productos producidos por las abejas. LA MIEL PRODUCIDA EN CRISTIÑADE, ESTA DENTRO DE LA DENOMINACIÓN DE ORIGEN, (PRODUCTO GALEGO DE CALIDADE) Y ES EXPORTADA A DISTINTOS PAISES DE LA COMUNIDAD ECONOMICA EUROPEA.
sábado, 06 de diciembre de 2008 a las 17:19
|
|
CRISTIÑADE NA EMIGRACION
A emigración tivo un papel moi importante na nosa parroquia, primeiro foi a emigración as Américas, dende o ano 1800 ata os anos 1900, disque na construción do Canal de Panamá, xa traballou un veciño de Cristiñade, anos 1912-1914. A partires do ano 1960-70, comezou a emigración a Europa, esta foi unha emigración que repercutiu de forma especial o desenrolo dos nosos pobos, axudou moito a que os que decidiron non emigrar, tiveran traballo na súa terra. Para min a emigración mais importante foi a das Américas, xa que aportou moita cultura, como mostra podemos sinalar a escola ANTORCHA de Cristiñade, que a pesares de ser unha escola de pago, tamén impartía ensinanza a tódolos veciños que non dispuñan de medios económicos, que eran a maioría. Tamén temos que destacar que naquel tempo xa era unha escola mixta. Foron moitas as persoas que aprenderon a ler e escribir grazas os nosos veciños na emigración. Hoxe en día aínda existe emigración, pero esta faise dentro do propio pais.
jueves, 10 de julio de 2008 a las 23:32
|
|
A CULTURA E O BEN MAIS PRECIADO.
Primeira xuntanza veciñal na Fraga do Rei Cristiñade, Agosto de 1.991
Non hai esforzo pequeno nin idea cativa, xa que todo é importante para recordar o pasado dun pobo, que sempre será a base do seu porvir. A historia de Cristiñade pode parecer pouco importante para os partidarios das grandes ideas e dos conceptos de grandeza, pero non para min, nin para os que seguimos nesta terra e queremos o mellor para ela. Nestes tempos de grandes unións económicas e nos que se impón a globalización, considero que toda grande empresa cultural ten que empezar po-lo curruncho onde nace e vive, pois un pais faise grande con traballo, ideas e libros, todo o demais non é que sobre, pero ten menos valor.
martes, 08 de julio de 2008 a las 0:02
|