Estamos renovando MisPueblos.es
En las próximas semanas tendremos una versión completamente renovada,
mientras tanto no publicaremos actualizaciones.
Disculpen las molestias.

Brantega

Pontevedra - Galicia

NOTICIAS

Si quieres mantenerte informado de lo que ocurre en BRANTEGA, esta es tu página, puedes añadirla a tu sección de "Favoritos". No sólo encontrarás noticias de Brantega, también te informamos de las localidades mas cercanas donde se vayan generando datos de interés.

Si quieres enviar NOTICIAS relacionadas con Brantega puedes hacerlo. Recuerda que puedes complementar la información con una fotografía.

 

Restaurantes en Brantega

Brantega > Noticias

LEMBRANZAS DE BRÁNTEGA

LEMBRANZAS DE BRÁNTEGA



LEMBRANZAS DE BRANTEGA

Inda que eu nacín na Casa do Rodo, en Carmoega, críeime na Feiranova de Brántega. E voulles relatar unhas cuantas cousas que foron coñecidas por mín, e máis outras catro que me contaron.

Brántega, e un nome de raíz céltica. Como exemplo disto, temos varios túmulos funerarios no Campo da Mámoa en Moas.

A Feiranova, tamén era coñecida antes da feira do vinteseis, co nome de Campo da Mámoa, por ter existido en este lugar un cemiterio celta. Desde que comenzou a feira, parte da sua historia xirou o redor deste lugar; donde chegou a ser cabeza do concello de Agolada e era coñecida como a Feiranova de Brántega.

Esta feira mensual, contaba con tres campos: O darriba onde estaban os comercios; recordo máis de vinte: era onde se vendía o gando. No do medio estaba a venda de grans, calzado, teas, ferramentas e algúns pulpeiros. E no último, saíndo pra Carmoega, expoñían as verduras, hortalizas e frutas.

O día da feira, as tabernas traballaban hasta a amañecida do día 27. Despois de comer, a xente comenzaba polos cafés e as copas de augardente, pra máis tarde voltar ó Tres Cepas (sin faltar unha faria) e as cuncas de tinto.

Non había carretera, e os días da feira, tíñamos que ir a cabalo a buscar a carne á carnicería do Facundo que estaba a 7 km. As mercadorias traíanse en carros de vacas o día 12 de cada mes. Recollíamolas na casa do Dionisio, a donde chegaban dende a Estrada da casa do Bastida.

Carecíamos de luz eléctrica, que foi instalada polos irmáns Fuciños de Agra alá a primeiros dos anos 50, cando se inaugurou a carretera a Berredo.

Con todas estas carencias era un dos pobos máis cultos da comarca do Deza: Chegamos a ter banda de música dende o ano 1864 e equipo de futbol. A primeira rondalla foi formada antes da guerra por Xaime Castro e Ulrico Sarandeses. Comezou novamente no ano 48 e ainda existe. Chamáronlle desde O conxunto Tírame Algo ata os No Saben Dellos.

Polos anos 50 creouse a primeira compañía de teatro. E despois dun ano de ensaios estreou O Médico a Paus de Moliere. Tuvo tanto éxito que saíron a representala a Agolada. Dende alí saían pra Radio City de Vigo pero esta actuación tiveron que suspendela; xa que ó apuntador, Pepe de Vázquez, caeulle unha vidrieira encima. Foi a primeira obra que vin censurar: a Fermina que iba ver os ensaios á palleira, dixo: que como o cura viña ó estreo, en vez de decir anda que te parta un raio, había que decir anda que te parta un coco.

Existía unha gran rivalidade coas parroquias veciñas. Principalmente coa de Toiriz , onde ós mozos non lles gostaba que os de Brántega lle foran pra ondas mozas. O accidente máis grave con esta parroquia ocorreu polo ano 1914: O Lino de Santacomba, curmán dos Castrelos acompañaba a unha rapaza de Toiriz, e pra non perder o costúme os mozos da parroquia deronlle unha somanta. O día seguinte xuntaronse os máis valentes de Brántega: os dous primos do agraviado, Xosé e Daniel de Castrelo, David da Fermina, o Pepe do Xaviera e varios máis reforzados polos de Santacomba, entre éles o da Miña que era un dos máis rápidos (en esto teñen razón os de Toiriz que dín cos de Brántega pediron reforzos). Eran cerca duns vinte pertrechados con armas cortas e largas (a famosa tercerola do Castrello disparaba balas de máuser a 1000 metros). Xuntaronse na taberna do Casimiro, e colgaron as escopetas na viña. Os de Toiriz, que non son parvos, avisaron a garda civil. Os da benemérita correron tras déles ata a ponte; pero alí, os de Brántega comandados polo sarxento de turno, resistiron toda a tarde, a cuberto de carballos e castiñeiros. Di meu pai, que daquela tiña 4 anos, que sentía asubiar as balas por arriba do Agriño.

A maioría foron detidos á semana seguinte. Tiveron sorte que era cando a monarquía, e estuveron pouco tempo presos; que si fora na época do Farruco, ninguén deles contaba o conto.

En Bos Aires coñecín o Xosé do Castrelo, casado cunha tía miña, e botou unha tarde inteira contándome a batalla. Non sei si é verdade, pero díxome que estaban divididos en dous pelotóns, con un comandante ó frente de cada un deles; e que mentras un pelotón recuaba, o outro cubríalle a retirada con fogo graneado. Non sei si foi tan forte a cousa, pero a verdade e que os do tricornio non cruzaron a ponte.

A miña muller que se criou en Toiriz, sempre os defendía, pero dende que descobrín que a única feira famosa que tiveron en Toiriz foi a Das Mazarocas, deixeina desargumentada. Esta feira anual, durou ata finais do século pasado. E a ela, acodían todos os representantes dos mazadeiros de liño, onde se texía moi boa tea pra sabas. Xa vos imaxinades quen eran as mazarocas, con perdón dos de Toiriz que me caen moi ben.

Meu sogro, pra meterse cos de Brántega, contábame un conto que non sei si será verdade: din que nunha ocasión, iba unha rapaza de Toiriz ó muiño do Avelino, e que un mozo de Brántega a quixo forzar. Como o mozo era de Brántega, tiveron que celebrar o xuizo na Agolada, sendo xuíz o Fuciños. Como o testigo do caso no se aclaraba: que si éla ia para ó muiño, que si él a alcanzóu, que si se puxo por riba, pero non se aclaraba si a violou. Levantóuse o Fuciños e encarouse co testigo: Pero vamos a ver, cando él estaba encima déla, ¿Vostede veulle o órgano?. Respondeu o testigo: Que carallo de órgano, señor xuíz, se o que tiña era unha flautiña como o meu dedo pequeno. Quen ten un órgano grande elle o señor cura que o toca todas las tardes.

¡Eu creo que esto e un conto!

Das anécdotas de Brántega recordo moitas, é estas sí que son verdade.

Como decía o Xaquín de Chorén que traballaba cargando os camións da madeira no aserradeiro, e dormía no forno da Fermina: Na Feiranova 30 negocios 60 miserias. Como non traballábamos máis co día da feira, o resto do mes daba pra todo.

Recordo o día que o Xaime non tiña nada que facer na sastrería e colleu un traxe branco que lle levara a arreglar o Paco de Balboa. Puxo o traxe e unhas gafas negras, e comezou a camiñar pola cima do campo da feira, con certos movementos amaneirados. Toda a mañán pasaron os da Feiranova pendentes do descoñecido, que estaba dando aquel espectáculo. Para averiguar quen era, a Milagros de Andrés foi á casa da Fermina tres veces a comprar vinagre. E miña nai, que non saía da porta, deixou queimar o pan no forno.

O Xaime en outra ocasión colleu na casa do Castrelo a pucha, a chaqueta e o caixón da ferramenta do zarralleiro señor Xavier. A primeira porta donde parou foi a de doña Socorro, a mestra. Esta baixoulle unha pota de peltre pra que lle puxera un remache, e subeu para ventá a velo traballar. Cal sería a sua sorpresa cando ve ó Xaime a martillazo limpio, e deixarlle a pota toda escacharrada, sin máis posibilidades de arreglo.

O meu accidente máis grave, foi cando formamos unha banda de delincuentes: A Carmiña da Filgueira, Virtudes de Eiras, Elisa do Curros e máis eu. Cometemos un so atraco (digo atraco e non roubo porque estaban as galiñas). ¡Non me quedaron ganas de repetilo! Un día, a saída do recreo, puxémonos dacordo e roubámoslle un ovo cada un a Manuela do Zapateiro. Menos eu que non me gostaban, e metino debaixo da porta do pendello do Fraga (onde poñía comidas o pai do Secundino os días da feira), as colegas comérono todas. A máis fina foi a Virtudes, que con un garabullo fíxolle dous buxeiriños e chupouno enteiro. Cando regresamos, xa funcionara o servicio de información e a mestra estaba esperándonos, pra deixarnos encerrados toda a tarde. Eu tiven a mala sorte de que a Lidia de Metrio me sacara por encima da porta. As rapazas perdoaronlle, pero eu estiven toda a semana cos brazos abertos, frente a parede. Non me aplicaron ningún atenuante: nin por devolver o ovo, nin porque fora o meu primeiro delito. ¡Daquela xa estaba Farruco mandando!

Outros que levaron un susto foron, o tío Manuel, o Fandiño e o Hilario.

O tío Manuel viña os sábados e domingos pra casa que tiña na Feiranova, e metíanse na cociña a xogar as sete e media. Unha noite ás duas da mañán, mandamos o Arturo de Torreira co uniforme posto e o tricornio (fora garda civil). Pegoulle catro golpes na porta e gritou: Abran, la guardia civil ¡A boa hora!: Apagaron o candil e botaron toda a noite durmindo encima da cociña. Pero o problema foi pola mañá a hora da misa. ¡Don Rafael o crego pasaba lista!

O único que cruzou a Feiranova foi o tío Manuel. Hilario saleu cara o aserradeiro, e cruzou pola zarra do Sobrado; o Fandiño, como iba a misa a Carmoega, saleu un pouco máis tarde, dou a volta polo fondo da horta, e subeu pola currupia que dividía Brántega de Carmoega. ¡Mentras nos, ollábamos o espectáculo!

Sempre andábamos co de Vila arriba e Vila abaixo. Un ano no que os de abaixo non fixeron a festa do San Bertolomeo, os das tabernas da Feiranova puxeron os menores de edade ó frente da comisión de festas. Chamamos pola nosa conta á banda, sin permiso da garda civil. Denunciounos o cura, e o primeiro que viñeron a deter foi o Benigno do Castrello. A denuncia en tinta roxa, poñía na relación dos acusados: Benigno Torreiro Barrio (ojo, fue el que más habló). Si non fora polo Xaime menuda chaqueta lle facían.

O Benigno librouse doutra chaqueta cando o vispera da caza toparon a garda civil no cruce do Candeiro: todos escaparon polo monte arriba, pero o Castrelo como era ó máis pequeño, corría prá Feiranova. A garda civil que viña tras del, atopou co Benigno que iba coas vacas, e preguntáronlle se vira pasar a seu pai: Carállola, a meu pai non o colledes, que xa está chegando a casa. Da que non se librou, foi da que lle dou a nai cando lle mordeu todos os queixos que estaban nunha taboa no horreo, pra botarlle a culpa ós ratos.

En Brántega houbo moitos personaxes famosos, que coñecín persoalmente.

Un deles era Xosé María do Covelo. Tiña a casa no Sobrado e o tellado estaba a altura do carreiro que viña pra Feiranova. Un día de feira, pasaba un de Brocos e ocorréuselle comentar: Esto parece un cortello de mulas. ¡Non o dixera!. Saíu o Xosé María co belodó na mán: A maría meu santo, esto non un cortello de mulas, esto é unha corte de machos. O de Brocos vírono pasar correndo pola Filgueira, e non paróu hasta Paradela.

Unha tarde estaba o Covelo na nosa taberna, cando aparecéu a garda civil. Como sabían que lle gostaba a caza, preguntáronlle: Qué, don José, ¿como anda la caza?. El tamén lles ripostóu en castelán: Ahora hay poca, en mis tiempos era otra cosa. ¿Hacía falta una liebre?: se le pegaba una patada y se mataba a vuelo. Como veu que a garda civil se sorría, espetoulles: A maría meu santo o que non o queira creer aquí, que o vaya ver alá.

Había un que era compañeiro meu das festas, e que xa fora mozo canda meus pais. Chamábase Servando. e recordo moitas anécdotas del. Cando iban vir pedir a mán da súa irmá María; tiñan que facer unha festa de categoría, porque o noivo era o cabo Moreno, comandante do posto da garda civil das Cruces. Un mes antes, xa a nai viñera a buscar á taberna un pipo de duas olas de viño. E dixéralle a meu pai: que non llo embillara, para que o Servando non lle fora a el. O día da pedida, cando iban a sacar a segunda xarra de viño, xa o Servando estaba na cima das escaleiras pra salir por unha ventana. Tuvo que sair a irmá, Manuela, a escondidas pola horta, e vir a buscar unha garrafa de viño. Cando lle preguntei o Servando qué pasara, contóume que estívera todo mes chupando do pipo por unha canivela, e que non chegara ó fondo de todo porque era corta.

Teño moitas máis pra contarvos pero deixareinas pro vindeiro ano.




Brántega, 24 de Agosto de 2001

Negro Tercero

















































domingo, 22 de febrero de 2009 a las 17:59

1
Tienes mas noticias cerca de aqu�, en Arnego, Santiso y Borrajeiros.

Página generada el sábado, 23 de noviembre de 2024 a las 1:37:02
© Mis Pueblos, S.R.L. 2006. Todos los derechos reservados. info@mispueblos.es - AVISO LEGAL - QUIÉNES SOMOS - ANÚNCIATE