Estamos renovando MisPueblos.es
En las próximas semanas tendremos una versión completamente renovada,
mientras tanto no publicaremos actualizaciones.
Disculpen las molestias.

Barro

Pontevedra - Galicia

NOTICIAS

Si quieres mantenerte informado de lo que ocurre en BARRO, esta es tu página, puedes añadirla a tu sección de "Favoritos". No sólo encontrarás noticias de Barro, también te informamos de las localidades mas cercanas donde se vayan generando datos de interés.

Si quieres enviar NOTICIAS relacionadas con Barro puedes hacerlo. Recuerda que puedes complementar la información con una fotografía.

 

Restaurantes en Barro

Barro > Noticias

Terras de Curro, perde por segunda vez consecutiva

Terras de Curro, perde por segunda vez consecutiva

Xornadas alimón as que depararon ós equipos de fútbol veterano de Barro. Témonos que felicitar en Barro pola implicación no fútbol de veteranos e agardamos que os resultados sexan positivos para todos, especialmente para o Terras de Curro, que leva duas xornadas sufrindo sendas derrotas por 3-1 fronte ó AGNA2 e 1-4 frente ó GODOS CF.
Recordaremos que non hai moito, principios de novembro, eran líderes da táboa no grupo 5, con paso firme e decidido, pero ó mellor a marcha do seu goleador Euklide, ten que ver con ceder 6 puntos e estar situados a 4 da cabeza que volve a liderar o Sanxenxo Veteranos. Moito ánimo para vós, moitos goles e a darnos moitas alegrías!!!
Xa por outra banda o Carballo da Portela, despois de golear 4-1 ó Armenteira, esta xornada pasada deixou 3 puntos diante do Mourente Ventín co resultado de 2-1. A racha gañadora truncouse desta vez, pero o equipo dos veteranos da Portela está nun meritorio 7º posto con 22 puntos e a só 3 puntos do terceiro clasificado, xa que polo de agora o liderato do grupo que lle corresponde ó BODEGON, con 35 puntos, difíclmente alcanzable. Aínda así, aupa ó Carballo!!!
Xa por último o BARRO Veteranos, despois de vir dun empate e ceder puntos diante do Tenorio cun 2-2, esta pasada semán gañou ó MAIKEL Y BES SPORT por 3-0, e aléxase da zona complicada da táboa con 18 puntos e acadar o posto 11º, o que lle fai mirar ós postos máis altos da táboa sen presa, pero sen pausa e deixar algo máis lonxe a zona conflictiva da táboa. Tamén moito ánimo para eles, e veña, mirando ó futuro con goles e sorte!!!
A imaxe desta crónica correspóndelle para darlle folgos ó BARRO CF que é o que máis baixo está nas táboas clasificatorias.

http://vozdebarro.blogspot.com/2011/11/terras-de-curro-perde-por-segunda-vez.html

miércoles, 14 de diciembre de 2011 a las 18:34

 

AUPA BARRO CF

AUPA BARRO CF

"El desconocimiento es la via de la ignorancia,la falta de respeto la via de la inconsciencia, no es bueno hablar desde el desconocimiento de las cosas, y mucho menos llegar al insulto gratuito. Se desconoce un proyecto y no se sigue un trabajo, pero la cuestión es criticar e insultar." con estas palabras, Iñaki da respuesta a la manipulación que en su día ya publicamos Anónimo "xogador" a través de Novas de Barro tenta manipular o Barro CF con comentarios de fai dous anos?.
Resalta Iñaki ten Zubiar que "Llamar banda a un grupo de personas comprometidas, con la honestidad, trabajo,respeto y todas las artes de la honorabilidad deportiva, es un acto de cobardia suprema y no piensen en sus delicadas mentes que trato más mi defensa que la de ellos, pues vengo del trato y trabajo de cientos de deportistas que han trabajado con la honestidad que hoy lo hacen los componentes del Barro CF"
"Hemos perdido partidos pero les aseguro que ninguno de los contrarios nos ha visto como una banda, y ningun arbitro, tuvo sensaciones de incoherencia del grupo. Siendo de fuera, les digo que , bueno sería por el bien de los deportistas de Galicia, que hubiera verdaderos proyectos de futuro, y no es momento de entrar en filósofias que no se entiendan, pero cualquiera de las planificaciones hacia el individuo, son el consorcio del grupo, que concede a la comunidad, el digno atributo de respeto y solidaridad" sentencia el vasco.
Por último pide "Respeto para directivas, que se atreven a dar pasos de futuro, y calma y disfrute de un deporte que en ninguno de los casos nos puede llevar nunca a la confrontación", en clara referencia al gran trabajo que Vicente Cons está demostrando y con él todo el equipo, esa afición que apoya, y el propio entrenador dejan claro que el proyecto está más vivo que nunca.
AUPA BARRO CF

http://vozdebarro.blogspot.com/2011/11/aupa-barro-cf-inaki-ten-zubiar.html

miércoles, 14 de diciembre de 2011 a las 18:33

 

PP de Barro: A Consellería de Sanidade da Xunta garante a continuidade asistencial de todos os galegos

PP de Barro: A Consellería de Sanidade da Xunta garante a continuidade asistencial de todos os galegos

NOTA DE PRENSA REMITIDA POLO PP de BARRO.

A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas Abadía, asegurou no Pleno do Parlamento que a Xunta de Galicia garante a continuidade asistencial de todos os galegos -incluíndo aos desempregados de longa duración e ás persoas sen recursos- residentes na Comunidade Autónoma para que en ningún caso se atopen en situación de non cobertura.
"Calquera afirmación noutro sentido é falsa", indicou, engadindo que esta medida non é nova, xa que dende 1989 o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) retíralles a asistencia sanitaria aos parados que terminan as súas prestacións sociais. Son os propios usuarios os que deben acollerse ás vías de persoa sen recursos (PSR) para seguir manténdoa.
Así mesmo, en relación coas dúbidas que puidera xerar o Ministerio de Traballo, a Consellería destaca que o convenio de cesión de datos entre a Tesourería Xeral da Seguridade Social e Sanidade asinouse o 30 de novembro de 2010 e ten por obxecto facilitar á Xunta o acceso ás bases de datos do Ficheiro Xeral de Afiliación. Este acordo, que leva por título Convenio de cesión de datos entre la Tesourería Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia sobre autorización de acceso ao ficheiro xeral de afiliación, atópase no rexistro de convenios da Xunta.
Segundo explicou Farjas no Pleno do Parlamento, a destrución de emprego, sobre todo nos anos 2007 e 2008, fixo que en 2010 empezaran a aflorar miles de casos de desempregados de longa duración en España, e o incremento do paro ata acadar máis de 5 millóns de persoas provocou que esta situación sexa cada vez máis frecuente.
Isto levou a que o 5 de outubro o Goberno estatal aprobase unha modificación legal da Lei de Saúde Pública para que a partir do 1 de xaneiro de 2012 se poña en marcha un procedemento co obxectivo de volverlles dar asistencia sanitaria a estas persoas, e polo que os parados e PSR terán que recoñecerse no sistema para obtela.

Adianto de catro meses sobre a normativa estatal
O que fixo Galicia, afirmou a conselleira, foi adiantarse catro meses a esta medida ao elaborar unha orde (publicada en setembro no DOG) que garante a continuidade asistencial destes colectivos.
"É dicir, desenvolvemos vías para non deixar sen prestación ás persoas que perderan a asistencia sanitaria pola lexislación da Seguridade Social, do Goberno de España. Estamos a actuar de oficio; polo tanto, os usuarios nestas circunstancias non necesitan facer ningunha xestión por este motivo a non ser que, como resto dos casos en xeral, a súa tarxeta teña un problema técnico e a banda magnética se desactiva por calquera motivo. Os cambios só terán que realizarse se os usuarios queren cambiar de médico, cambiou de domicilio, etc... pero como se fai sempre", explicou.
Neste sentido, Pilar Farjas puxo como exemplo que cada ano máis de 100.000 galegos perden a súa tarxeta sanitaria e continúan tendo en todo momento garantía de asistencia e cobertura, sen preocupacións ou temores de non ser atendidos. "Nestes casos, a mellor recomendación é consultar nos centros de saúde próximos á súa residencia, como se fai sempre -declarou-. Esta é una medida boa, de protección cara os máis débiles, e calquera afirmación en sentido contrario atende a intereses políticos ou que pretenden xerar una inquietude innecesaria".
"A atención sanitaria é un dereito cidadán, e estou de acordo en que non tería que estar vinculado ao recoñecemento por parte do Instituto de Seguridade Social", considerou, lembrando que ademais se atopa, en teoría, desvinculada da cotización da seguridade social e finánciase con cargo aos presupostos da Comunidade Autónoma.
"Sen embargo, é o INSS quen determina o nivel de copago dos cidadáns en materia de prestación farmacéutica, de aí que sexa necesario seguir recorrendo a el -sinalou-. Se esta incongruencia entre o sistema de financiamento e o mantemento do recoñecemento ao dereito á Seguridade Social se mantén hoxe en día é pola inacción do Goberno do Estado, que nada ten feito en oito anos".

Acceso á asistencia sanitaria
Na súa intervención, a conselleira lamentou que sigan en vigor normativas "anacrónicas" como o Real decreto 1088/1989 mediante o que se establece o acceso á asistencia sanitaria pública aos cidadáns sen capacidade para efectuar as cotizacións á Seguridade Social acolléndose á vía de persoas sen recursos económicos suficientes, e que só é de aplicación para os españois.
Así mesmo, a Orde do 13 de novembro de 1989 (que desenvolve o RD 1088/1989) dispón que lle corresponderá ao órgano competente da comunidade autónoma que xestiona a asistencia sanitaria da Seguridade Social a tramitación do expediente de recoñecemento do dereito. De novo, para ter este dereito é necesario posuír a nacionalidade española.
Desde 1992, os servizos de saúde tramitaban de oficio a prestación da asistencia sanitaria destas persoas ante o INSS, que os daba de alta como desempregados con dereito á asistencia sanitaria (Real Decreto-Lei 1/1992). Sen embargo, en 2004 a Tesourería Xeral da Seguridade Social decidiu que estas persoas só poderían ter o dereito á prestación da asistencia sanitaria, a través do Real Decreto 1088/1989, como persoas sen recursos económicos suficientes (como se pode comprobar neste enlace: http://www.seg-social.es/Internet_1/Masinformacion/TramitesyGestiones/AsistenciaSanitaria/index.htm ) .
Polo tanto, concluíu Pilar Farjas, a Orde da Consellería de Sanidade mellora a situación de dous colectivos con risco de exclusión social: o das persoas sen recursos; e o dos desempregados, que non teñen que recorrer a declararse persoas sen recursos ou a darse de alta como beneficiarios de cotizantes.

http://vozdebarro.blogspot.com/2011/11/pp-de-barro-conselleria-de-sanidade-da.html

miércoles, 14 de diciembre de 2011 a las 18:32

 

Especial Polígono de Curro: Con el Polígono Barro-Meis la Diputación de Pontevedra da respuesta a la demanda de suelo industrial

Especial Polígono de Curro: Con el Polígono Barro-Meis la Diputación de Pontevedra da respuesta a la demanda de suelo industrial

Especial Polígono de Curro: Con el Polígono Barro-Meis la Diputación de Pontevedra da respuesta a la demanda de suelo industrial

http://vozdebarro.blogspot.com/2011/11/especial-poligono-de-curro-con-el.html

miércoles, 14 de diciembre de 2011 a las 18:29

 

Especial Polígono de Curro: El IPESPO, un organismo que actúa desde los análisis preliminares hasta la ejecución urbanística

Especial Polígono de Curro: El IPESPO, un organismo que actúa desde los análisis preliminares hasta la ejecución urbanística

Especial Polígono de Curro: El IPESPO, un organismo que actúa desde los análisis preliminares hasta la ejecución urbanística

http://vozdebarro.blogspot.com/2011/11/especial-poligono-de-curro-el-ipespo-un.html

miércoles, 14 de diciembre de 2011 a las 18:28

< 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 >
Tienes mas noticias cerca de aqu�, en Briallos, Agudelo y Lantaño.

Página generada el sábado, 23 de noviembre de 2024 a las 13:26:15
© Mis Pueblos, S.R.L. 2006. Todos los derechos reservados. info@mispueblos.es - AVISO LEGAL - QUIÉNES SOMOS - ANÚNCIATE