o retiro do conde
En este bello paraje , zona resguardada de los vientos del norte, encontramos este belo pazo restaurado sin olvidarse de las comodidades actuales pero sin perder el encanto de antaño.
viernes, 16 de julio de 2010 a las 19:58
|
VILAZA DE MONTERREI
Pouco se sabe deste lugar, sen embargo posúe unha grande historia e pasado cultural do que nunca se escribe e menos na súa lingua, en galego. Creo que só existe un libro que recopile lendas, historia e pasado do pobo, de gran interese para a comarca de Monterrei. Neste libro non só aparece a historia de Vilaza ,que é o que nos incumbe, senón tamen doutros pobos próximos que gardan relación coa aldea da que falamos. Non mencionarei o autor polo feito de que a maioría do que conta sobre o pobo non está contrastado e non me parece moi verídico.
Da súa historia e pasado cultural pódese dicir que houbo un poblado de orixe celta no monte chamado O Castelo, que posteriormente se convirtiría nun campamento romano. Pero o máis característico non é o poblado ,xa que por causa de ladróns e o pouco coidado, está prácticamente derruído. O anecdótico deste é que existe un túnel que atravesa o monte e que servía de vía de escape da xente do poblado en caso de guerrilla ou invasión.
Tamén é de gran interese nomear ó río Búbal que cruza o pobo, afluente do Támega, e que recibe a incorporación das augas doutros ríos e regatos como o Rubín.
Pero non é so a beleza física do pobo, pusible en lugares como Requeixo, o que máis chama a atención, senón que é a cultura do lugar (en canto a lendas se refire) o mais característico. Contos como o do "penedo da moura", sobre defuntos e demáis o que para min ten máis interese.
Por todo esto e polo que se pode descubrir nas súas terras invítovos a coñecer Vilaza podendo hospedarvos na casa rural que se ubica neste lugar.
Moitas gracias por lelo e espérasevos alí.
miércoles, 20 de enero de 2010 a las 4:44
|