Estamos renovando MisPueblos.es
En las próximas semanas tendremos una versión completamente renovada,
mientras tanto no publicaremos actualizaciones.
Disculpen las molestias.

Terroso

Orense - Galicia

NOTICIAS

Si quieres mantenerte informado de lo que ocurre en TERROSO, esta es tu página, puedes añadirla a tu sección de "Favoritos". No sólo encontrarás noticias de Terroso, también te informamos de las localidades mas cercanas donde se vayan generando datos de interés.

Si quieres enviar NOTICIAS relacionadas con Terroso puedes hacerlo. Recuerda que puedes complementar la información con una fotografía.

 

Restaurantes en Terroso

Terroso > Noticias

A pita con pitos.

A pita con pitos.

"Unha pita rebordana
puxo un ovo na ventana.
Puxo ún... rebordou.
Puxo dous ... rebordou.
Puxo tres... rebordou.
Puxo catro e rebordou.
Puxo cinco... rebordou.
Puxo seis e rebordou.
Puxo sete...
e como lle parecía pouco rebordou.
Puxo oito... rebordou.
Puxo nove...
e xa tiña o cu máis roxo que o da Pasionaria...
Puxo dez... e por fin viñéronlle ganas de chocar,
e chocou..."
Despois de vinte e ún días de choco empezou a sair unha borrallada de pitos tan grande que tiveron que ir os do concello a contalos para poñelos no catastro. Ó Moncho non lle saían as contas, xa que de dez ovos saíron trinta poliños co pelandeu suave coma ise fananco que sae na serra entre os toxos e carqueixas. Como non daban as contas chegaron á conclusión de que tiveron que chegar moitos en patera e permañeceran agochados entre as pallas do poleiro para logo xuntarse cos outros como fan os fillos do cuco. Mentres a granxa ature...
¡Mira que tiñan contos os nosos vellos para facernos pasar as noites de inverno arredor da lareira en vez de andar de carallada por as rúas escachando bombillas ou apedrexando gatos! Lembro un conto que sempre me contaba miña nai. Era dos seitureiros que ían a Castela para cortarlle o pescozo ás pallas do trigo. Cando volvían da segada viñan en tagallos para defendérense mellor dos salteadores de camiños, que os había a feixes a pesares de que os do tricornio nunca chegaban a tempo... Aquel día viñan unha ducia deles por a Canda arriba para chegar á Gudiña e alí ir cada quen á súa terriña. Canda eles viña un home que era coxo de nacemento, cunha perna máis curta que a outra e que xa daquela lle chamaban o "Subebaixa", que non tiña nada que ver con ninguén dos que ainda andan soltos por aí. Para compensar o problema sempre levaba con il o caxato, que non era outra cousa que un cañoto de carballo dos de coidado... Como era un peso que facía que o grupo camiñara moi doxeito, empezaron todos a tirar da perna e o pobre do home rematou só... Véndose así sentou a repoñer forzas e deixar que pasara o tempo como viñera. Os outros xa entraban no termo da Gudiña (que pode ser outro calquera). De pronto, como saído da nada, aparece diante deles cun trabuco de pau na man un home de moi más intencións... ¡Todos ó chan, os cartos fóra e os pobres seitureiros quedaron máis espidos que un ovo recén posto! Namentres o noso coxo viña arrastrando o corpo como podía... Cando chega ó lugar do atraco xa se decata de que algo andaba mal... Ponse en garda e ó sair o ladrón xa estaba preparado. ¡Os cartos!- Aí os tés. E tíralle a saqueta do diñeiro nos seus pés. Entón, cando o home se agacha para recoller o tesouro, o coxo espétalle o caxato na caluga e déixao máis teso que as arcas do estado despois dun goberno socialista. O home recolle os seus cartos e os de todos os seus compañeiros e prosegue o camiño. Cando chega á Gudiña vai ó bar de sempre, onde estaban os seus compañeiros chorando por terse quedado como antes de ir á seitura.
-"Xente de poucas luces, aquí tedes os cartos. Non chega antes o que máis corre senon o que mellor se libra dos atrancos..."
Non é máis que un conto. A min gostábame cando tiña catro anos... e inda me segue a gostar porque foi unha maneira de ter a familia unida. Xeguramente xa o sabías...
Paco.

sábado, 03 de octubre de 2009 a las 21:49

 

O Apagón de novo.

O Apagón de novo.

Onte falaba eu do apagón analóxico e das dificultades que existen en Terroso para recibir señais de móbil e tamén de algunhas cadeas de Tv. O TDT chegará cando Deus volva do seu viaxe por as galaxias exteriores, onde anda moi ocupado facendo paradisos. E tamén dicía eu que as operadoras van a onde hai diñeiro... Pois ollade qué lebre acabo de levantar da cama. Inda non falei do conto xa están a anunciar os de ASTRA un servicio vía satélite para todos os de Terroso que paguen a cuota correspondente. ¡Qué oportunistas! ¿Por ónde andábades ata agora? Pode que sexa unha coincidencia, non o nego. Mais coa cantidade de satélites que pasa por Terroso nas noites craras non entendo como deica agora non se vía ben nen a primeira... A ver se de hoxe en diante melloran as cousas e podemos falar por zapatófono inalámbrico, sexa a compañía que sexa a que usamos.
Un saúdo para os de Quantis e que pensen un chisco máis nas xentes esquecidas entre os nosos montes.
Paco.

martes, 29 de septiembre de 2009 a las 21:34

 

"O Apagón... a fin do mundo".

Algúns dos primeiros aparatos de radio que se escoitaron en Terroso fíxoos meu irmán o Pepe. Pode que ainda quede algún gardado como reliquia. Eran feitos á man, de lámparas, e permitían poñerse ó día no que pasaba por o mundo adiante... Logo chegou a Tv. Moitos aparellos montou Luis para xente de Terroso... Alguén pode lembrar o frío que pasamos algúns para ir á serra a levar as baterías do repetidor para que as cargasen nun taller de coches, en Vilardevós ou Verín... E, por certo, como dicía Benito Higuero, en Terroso para ver un partido de fútbol hai que escoitalo... porque ver, o que se di ver... cando cadra... ¡E agora véñennos co Apagón analóxico... ¡Qué carallo din! En Terroso sempre houbo apagón. Téñome posto de cen mil maneiras para poder falar co móbil e non hai xeito de conseguilo. Ata se me ocurríu poñer unha antena nun globo por se por alá arriba pasaba algunha noticia solta e o único que aconteceu foi que pasaba por alí un tecelán e furouno dun picotazo... e alá vai o invento cara o Carmanchón... Se o móbil non ten cobertura, a van ter as televisoras de pago... Que non vos furen os miolos cun trado... Por unha banda é mellor así. Terroso está no mellor sitio que podía estar para non deixar de ser Terroso. É coma unha antena parabólica para mirar as estrelas. Podiamos afundir a serra e xa chegaban as ondas, inda que tamén chegaría o frío do norte e os de Vilardevós teríannos máis vixiados. Ata agora ando de carallada... Falando un pouco máis en serio, a ver se os do concello se enteran de que detrás da serra das Penas Libres asenta un pobo de xentes importantes que tamén pagan trabucos. A información é un dereito da xente, e hai que poñer os medios apropiados para que chegue a todos. As televisoras invirten onde hai diñeiro. Os pobres teñen que rañala...
A solución para móbiles e Tv será poñer un repetidor adecuado. Esperemos que o apagón non nos obrigue a volver botar man do "carburo"...
PacoBarxa.

lunes, 28 de septiembre de 2009 a las 21:35

 

O Outono.

O Outono.

O verán sempre nos fai algunha xogada de última hora. Cando pasa os tres meses que lle corresponden chovendo e escachando montes con tronos e xogos de artificios parece como que se avergonza de non satisfacer a todos e reserva uns días axeitados para correxir, en parte, o que non puido facer como dono que é da estación. Con catro días de calor cumple e despois que se entenda o outono coa xente descontenta... Cando eu era cativo había tanto paxaro no termo de Terroso que ás veces entrábanche na leira de millo e deixaban as mazarocas máis bulladas que a cabeza dun careco. Entón era cando entraba en xogo a estratexia dos controladores, ou sexa, os rapaces. E os rapaces non sempre tiñan oito ou dez anos... Lembro ó tío Xerardo cando lle berraba ó seu neto no prado do Valeciño: "¡Fuxe, Juanito, que está a chasca no pousón"... E olla se sería prea a chasca que, para comer un gato e quedar con fame, precisaba dúas ducias delas e debía rillar moi ben os ósos para que o bandullo non se queixara. Os depredadores de entón contabamos con tres armas moi importantes: as armadillas, que se mercaban feitas e só servían para paxaros pequenos; as costelas que para telas había que facelas... ou mercarllas a outro que as soubera construir, e as esparrelas... As esparrelas eran moi axeitadas para os animaliños de "pousón", que acababan o día presos por os pes se non coñecían o arte de darlle coas ás antes de pousar no pau. O cazcarrollo, o tanxo, o trallón, a chasca... eran de pousón. Logo viñan os de "silveira", que se fartaban de moras no tempo delas e púñanse grosos coma figos maduros. Os máis importantes viñan sendo os merlos, folecas, rousinoles, raborruzos e paporubios... e algún que outro larpeiros máis. Logo entraban as invernizas, vaqueiras e lavandeiras, as letreiras... Os pardais, tornillos, vencellos... era máis doado collelos debaixo das tellas das casas ou nos palleiros, de noite, cunha boa lanterna... Había tamén outros paxaros con dúas patas que se adicaban a vixiar onde estaban as trampas para retirar a presa antes de que se decatara o dono...
O dano que se facía co sistema era pequeno, xa que xogaba a pericia do cazador e a malicia do paxaro. ¡Había verdadeiros espertos en desarmar artiluxios! Mais chegaron as escopetas de are comprimido e os incendios... Agora hai que ser moi paxaro para subsistir no monte... Xa de cara ó inverno chegaban as tordas e outros emigrantes que se tiñan que amañar co que ía caindo do ceo...
Istas son cousas que recordo, que non son todas e que poden axudar a outros a lembrar as súas andadas por a nosa terra.
Co agarimo de sempre.
Barxa.

jueves, 17 de septiembre de 2009 a las 21:43

 

Respondo a "Anónimo".

Respondo a

Non teño interés ningún en molestar a ninguén. Se non dás a cara, amigo, non podo tratarte. Non sei a que familia pertences e por iso quéroche pedir que te aclares. En Terroso viven e viviron moitos portugueses, con quen sempre me levei ben.. As anécdotas coa guarda civil son de todos coñecidas e todos sabemos que os posibles abusos de autoridade viñan de parte de algúns que só pensaban no ascenso ou no propio peto. O que matou a aquil home na Cernada era parente meu (político) e dende ise día non foi ben recibido na casa dos meus pais...
Por outra banda eu sempre me levei ben cos portugueses. De cativo con quen xogaba máis era con João en Vilardeseu, que viña coas vacas dende São Vicente para un lameiro na outra banda da raia.. Il foi quen me ensinou a canción do Sebastião, que come tudo, tudo, tudo e fica logo barrigudo e depois dá pancadas na muller... E nos dez últimos anos traballei con Manecas, orixinario de Braga e residente en Vigo... Ás feiras de Caminha, na beira do Miño, vou sempre que quero cambiar o chip do aburrimento diario...
Como podes ver, veciño, non podo ser máis portugués. Un tío meu, Anxel, morreu ó servicio da colonia portuguesa da comarca de París, aplastado por un camión... Agora só che pido que te identifiques, porque unha pinga de auga no mar só é auga. Ista é unha páxina de amistade. Se algunha cousa non está no seu lugar pódese intentar poñer ben. Os insultos son para os políticos e os tertulianos da TV... Se estás de acordo comigo... Respecto ó idioma direiche que non son partidario de facer que o galego sexa aportuguesado. Iso de Galiza, grazas, servizo e outras zarabetadas considéroas como parvadas fóra de lugar... E isto dígollo mesmo ós académicos da lingoa,dos que coñezo a varios persoalmente: Cabana, Ferrín, Del Riego...E outros que xa non están... Imaxínate a un canario (de Canarias) dicíndolle a unha galega: "Rapaza, a túa graza é o mellor que ten Galiza"="Rapasa, a túa grasa é o mellor que ten Galisa"... ¡Como para emigrar a Saturno!
En resumo, dime quen és e seguiremos falando, se che peta..
PacoBarxa, fillo de Xosé o Carpinteiro, que lle amañou un brazo a un home Das Trabancas roto por catro sitios. Gracias a il puido traballar toda a súa vida.
Outro día falarei dos mouchos, ou do torno que montou hai anos o Toño da Sra. Xulia alá onda o cruceiro, á beira da casa do sr. Xosé o Bochinche, cando o Ernesto e o Pepe me daban conchos das concheiras da eira das pozas da Fonte da Cal.
Un saúdo...

domingo, 13 de septiembre de 2009 a las 12:04

Tienes mas noticias cerca de aqu�, en Arzadigos, Villardevos y Soutochao.

Página generada el miércoles, 27 de noviembre de 2024 a las 5:52:54
© Mis Pueblos, S.R.L. 2006. Todos los derechos reservados. info@mispueblos.es - AVISO LEGAL - QUIÉNES SOMOS - ANÚNCIATE