AIRA DOS BARXES
Alégrome que xa sexamos mais a contar cousas do pobo,como Loli.Acordome de ti e da tua hirmán Conchita, apenas me ocordo de teus hirmans que eran mais cativos. Como ben recordas habia varios comercios,eu recordo sete, Toño e Laura,Benjamín,Pancho, Páxaro, Roque,Antonio e Juanita, e o do Pepe e Paca. Donde estaba este último oxe teño eu a casa,(comprada e reformada dende fai uns cinco anos), para cando temos uns dias de vacacions, cruzamos toda españa para revitalizarnos respirando airiños da terra.O lado a Aira dos Barxes tamén foi reformada,quedou bastante ben, e naqueles bancos que lle puxeron, nos seráns do mes de Agosto facemos os veciños as tertulias. Cando os veciños fomos a falar co Sr ALCALDE a vilardevós para pedirlle a reforma da aira, tamén dixo ian reformar o forno, espero non se lle esquecera e acaben facendoo sen tardar muito. E agora mesmo marcho correndo para o centro galego COVA DA SERPE a facer a castañada ou o magosto como queirades.Saudos
domingo, 01 de noviembre de 2009 a las 19:47
|
Día de Santos.
No día dos Santos que xa pasaron por onde teremos que pasar todos cando nos chamen a filas quero facer mención especial de Fonsiño, fillo do tío Agustín e da Isaura. Con permiso dos parentes que ainda andades por aquí. Debeu ser alá por 1952-54. Non me acordo do ano xusto. O Fonso e máis eu eramos bons amigos, xa que na escola estabamos xuntos e tamén cando ibamos coas vacas cara a Cernada e outros lugares. Aquela tarde estabamos á cernada, na cabanca que baixa de Filgueira . Xogabamos a saltar unha augueira que debía ter un metro de ancha máis ou menos. Acórdome do meu irmán Luis, do Pepe, irmán de Alfonso e penso que tamén estaban algún dos do tío Benxamín. Os máis pequenos tiñamos que coller carreira e pular todo o que deran as pernas. O que máis ou o que menos daba a talla. Pero o demo sempre ten algún "as" na manga. O Fonsiño non estirou ben a perna e pisou xusto no bordo. Como podedes imaxinar foi amerizar na augueira, que ía acugulada de auga fría. O rapaz quedou coma un pito despois dunha tronada. Axiña lle quitaron a roupa entre o irmán e os outros e envolto nun daqueles mantóns que levabamos cando non había corozas puxémonos todos arredor dunha fogueira. Fonso tremía coma un bimbio co vento. Entón penso que foi o Adolfo quen lle dixo a Pepe que o levara axiña para casa porque podía coller unha pulmonía. Marcharon... Ós poucos días (non recordo ben) foise, con aquela cabeleira loira e aquela ledicia de neno alegre e gallofeiro... Todo isto non tería nada de especial se non fose por o que me pasou a min uns días antes. Era de noite, antes de cear. Meu pai xogaba ás cartas no escano da lareira con outros dous homes, que podían ser o tío Fidel e o tío Xoan Antonio, o sancristan. Miña nai bullaba patacas para facer a cea e eu dáballas da cesta. A casa vella era enteira, sen divisións, e había dúas camas pequenas contra a parede, na que fixera meu pai unha ventaniña para vixiarnos dende o cuarto de fóra. Nesto eu miro cara onde estaban as camas e vexo un meniño vestido de branco e sorrindo ó tempo que me aceneaba coa man. Entón dígolle a miña nai: "Mai, mire aquel meniño".-"Onde..." Cando me volvín fixar xa desaparecera... Miña nai debeu darme un empurrón para que espertase ou algo así... Se vos digo a verdade ainda hoxe non sei que pasou. Puido ser un soño lúcido, inda que co frío que facía e co barullo da brisca non o teño nada claro. Un saúdo para calquera que teña relación co Alfonsiño, que seguro anda por mellores camiños ca nós. Deica vernos. Paco.
domingo, 01 de noviembre de 2009 a las 11:35
|
Cantas historias en tan pouco tempo
Hola, había tempo que non me conectaba, e que de artigos novos me encontro!!! Xa sei o que facer cando non poñan nada interesante na tele.., porme a ler todo isto!!! gracias ós participantes!!! Adelina
viernes, 30 de octubre de 2009 a las 16:14
|
Unha fornada de pan.
A última vez que entrei no forno xa non servía nin para durmiren as ovellas unha noite de xiada... Pensemos nos tempos en que non había outra maneira de ter pan para comer que cocelo en Terroso... ou Soutocobo... ou Rexosende, tente alá naquela chairiña onde estás. Primeiro había que traer unhas boas carradas de xestas, carqueixas e todo o que puidera quentar aquelas pedras frías para volver en pan a masa que con tanto agarimo facían as mulleres. E todo aquelo tiña o seu truco. Senon que o digan as expertas na materia. Despois de quentar ben a fornalla barríase cunha basoira de xestas todo o lume cara á borralleira, onde había unha caldeira grande para quentar a auga precisa para amasar a fariña. Unha cousa moi importante era o "fermento", que se deixaba de fornada en fornada e collíase da masa xa fermentada. O primeiro que cocía tiña que preparalo antes... Logo viñan os pans, de centeo ou millo, poucas veces de trigo, xa que o trigo era comida de señoritos... Cada fornada duraba ata que se acababa, e normalmente duraba todo un mes... e máis. As bicas, as empulidas, aquelas empanadas de chourizo e charruscas da lonxa do porco... Había xente que ata preparaba os roscóns para facer unha boa festa co gallo da fornada... Cando che tocaba a hora de noite... había que durmir no forno, e eu inda durmín algunhas veces... E cando nevaba qué ben se estaba naquel paraíso... Xa sei que case que todos pasáchedes algún dia no forno. Só quero lembralo e que saiban os novos que en outros tempos tamén se facían ben as cousas. Daban moito traballo e todos eramos felices... Agora as cousas van costa arriba e o pan será branco, inda que non sempre é fariña o que leva. Un saúdo. PacoB.
jueves, 29 de octubre de 2009 a las 21:16
|
RECORDOS DE NENA
Gracias Paco por tu respuesta ,para mi sorpresa no sabia que a mi abuelo le llamaban "o barrigas",y tanto yo como mucha mas gente de Terroso estamos muy interesados en todo esto que contais tanto tu como Maruja porque todo es cierto,aunque lo adorneis un poco y ademas no perdamos nuestro pasado porque somos lo que hemos vivido,tanto lo bueno como lo malo,recuerdo a casi toda la gente que nombrais en vuestros comentarios ,creo que si todos intentamos aportar algo ,se puede escribir la historia de este pueblo ,yo no renuncio a disfrutar de ello. Me he puesto a recordar al Sr Jose "o carpinteiro"arreglando todos los brazos y piernas de todos los vecinos,a la Sra Amparo que buena persona ,a Gerardo ,al Sr Graciano de la Sra Carmen ,que los tenia de vecinos,al Sr Julio y la Sra Carmen,a la Sra Carolina,hace poco vi su casa y me recordo aquella mujer siempre sentada en las escaleras ,al Sr Ramon y la Sra Socorro ,que ayudo a nacer a casi todos los niños de Terroso,que entonces naciamos en casa ,casi todos los que tenemos mas de los treinta ,a la Sra Generosa ,la cartera,cuantas noticias no habra entregado de Alemania y del otro lado del charco,a mi tia Maria del tio Rogelio,que siempre que pasaba por su casa entraba ,poque las puertas estaban abiertas y me hacia comer unas castañas secas ,con tanto cariño .Me acuerdo de Alejandro "o mudo",que siempre vivio en "aira da forxa",cogia su pañuelo y me hacia el conejo,quien no se acuerda del "hortas",me acuerdo de cuando se quemo su casa y todo los vecinos acudimos con cubos a apagar el fuego,por que los bomberos son muy modernos ,quien no recuerda "o paxaro" el panadero y aquella historia del atropello con aquel land rover, que decis de "os pipas",solo son unos pocos de los vecinos de entonces porsupuesto que recuerdo muchos mas ,tengo en mi cabeza un plano del año 1975 de cuando me fui del pueblo el dia 8 de Abril y de la gente que vivia en cada casa,pero no es plan que mi entusiasmo os aburra,hasta otra
jueves, 29 de octubre de 2009 a las 13:00
|