Para Maruxa, de onde ven eso dos Barxes??
Hola Maruxa,
non nos coñecemos, son neta da Alpicia e Toño,
aí vai a miña pregunta, sabes por qué lle chamaban a esa aira, aira
dos Barxes? ten algunha relación co apellido Barja? teño curiosidade...
Bicos,
Adelina
martes, 03 de noviembre de 2009 a las 17:09
|
|
Hola Loli querida
Hola Loli!!! mira que onte estiven pensando en escribirche algo e ó fin non me decidín..., pero hoxe sí!!! hai unhas semanas que agreguei a teus fillos en facebook e teu irmao Manolo. Non te preocupes por a lingua, creo que escribiches moi ben en galego para todo o tempo que levas fóra. O que dices da aparición esa..., a miña avoa tamén me ten contado cousas que a ela lle teñen sucedido de pequena e non tan pequena e, de verdade, que se arrepía un...; a verdade e que vimos dunha terra máxica e moi espiritual, creo que temos moi arraigado en nós, os galegos, o de crer en cousas que non son deste mundo e non só en crer senon tamén en que eso termina traducíndose en ver cousas insólitas e que traen mensaxes ocultas. Voulles decir ás miñas tías Rosi e Julia que estás por aquí, elas sempre falaban e falan moito de vós, de ti e Conchi. Acórdome mais de Conchi que de ti, qué salada era a Conchi, e cando meu pai se metía con ela nos vraos, jajaj, menudas risas nos pegábamos!!! supoño que terás cousas que contarme de cando meus pais eran noivos, as estratexias que usaban para librarse dos nen@s que andaban arredor, ou que meu pai empezou a ligar con miña mai tirándolle patatas da súa leira á leira do meu avó Antonio, ou cando o meu pai se vestiu de fantasma e asustou ás miñas tías Juli e Rosi que foran onda o Manolo, pescadeiro, da Pepita a ver se as levaba no coche a non sei que festa, de Enxames creo, e xa era ben de noite cando elas lle foron preguntar. Sempre foi moi bromista e sempre anda armando algunha... Moitos biquiños e recordos á familia por ahí, e ate outra!
Adelina ; )
martes, 03 de noviembre de 2009 a las 17:04
|
|
Outra historia que puido ser certa.
A Maruxa sabe moi ben como era seu abó. Un día xuntámonos ós Inxertos a contar contos e tamén estaba a tía Lucía, aquela muller pequena de corpo pero moi grande no sentido do humor. O que conta o Felisindo non é nada comparado co que inventaba aquela muller... - "Ai Salvador, ¿xa fuche botarlle o veneno ás patacas ós Mallotes? - Por qué o dis. - Porque o outro día pasei ó lado da túa leira e os escarabellos están a rillarchas ata as raíces... - ¡Non me "fonées", Lucía! Inda lles estuven a botar as martenicas fai unha semana. - Pois debéronlle sentar moi ben porque medraron coma cabalos e penso que xa non hai arseneato que os poña patas arriba. - Deixa que medren, que eu teño outra solución que nunca falla... - Non será unha das túas, Salvador... - Xa cho contarei outro día.
Ós poucos días vaise o tío Salvador á leira cun martelo e a zafra de crabuñar a gadaña. Espeta a zafra nunha pedra grande que por alí había e comenza a operación. Primeiro colle unha ducia de escarabellos por tantealos un pouco. Agarra forte o martelo coa man dereita e coa esquerda vai poñendo os escarabellos na zafra. Un escarabello... ¡pum!, dous escarabellos...¡pum!, tres escarabellos... ¡pum!... Vendo que o resultado era mellor do que imaxinara empeza a escachar escarabellos na zafra, e dalle cara adiante e dalle cara atrás... que cando se dá conta xa escachara todos os escarabellos dos Mallotes, do Valeciño e xa se puña camiño da Míllara para desinzalos de Terroso... O que pasou foi que lle puxo tantas ganas que enterrou a zafra na terra e estáballe a bater na cabeza a Moratinos, que por casualidade pasaba por alí camiño de Lamardeite por ver se a burra inda daba leite. Por o visto na Moncloa tiñan que tomar o café negro... Como vos podedes decatar isto non é máis que un conto e apúxenllo ó tío Salvador porque foi un home que me quería moito e sempre se estaba a meter comigo cando nos viamos. Temos que lembrar ós nosos vellos porque foron verdadeiros xenios, á súa maneira. Por o menos nós estamos aquí gracias a iles... Un recordo para todos iles e un saúdo garimoso para todos vós. PacoBarxa.
lunes, 02 de noviembre de 2009 a las 22:43
|
|
QUE COUSAS,DAS MEIGAS?
Visto que todos escribides en galego ,intentararei facelo ,perdonaime por as faltas.Do que contas Paco da aquela aparicion eu teño que creelo pois a min tamen me pasou unna cousa parecida .Era xa ven de noite e na miña casa a cociña estaba abaixo , saias fora subias aquelas escaleiras pra ir as habitacions e meu pai meteume na cama e eles seguiron ca tertulia ,o pouco tempo puxenme a dar berridos que me escoitaron no extranxeiro,eu detras da porta da miña habitacion vin o demo cos seus cornos e todo ,xurobolo po lo que vos queirades,e cuando subiu meu pai dixenlle que era a tia Amalia que viñera do outro mundo,e meu pai dixome que non estaba morta ,o mellor de todo e que o dia siguiente viñeron a miña casa a decirlle o meu pai que se morrera ,non vexas como se lle quedou o corpo o meu pai en ese momento,eu acordome moitas veces ,sobre todo poque a pobre muller a min non me fixera nada pra eso. Maruxa acordome de ti ,sobre todo cuando ibamos a escuela e decia Doña Concha que eras mui lista e puñate como ejemplo ,acordome da tua irma a Fina e o Pepe que era mais da nosa edade,alegrome de ver que recordamos as cousas de pequenos. Adelina ,xa sei que andas por os internetes por os meus fillos ,xa che contarei cousas dos teus pais ,que algunna sei ,pero en outro momento . Un saludiño .
lunes, 02 de noviembre de 2009 a las 11:17
|
|
Historias verdadeiras
Cando era cativo,era moi curto de luces, a verdade que ahínda sono hoxe, lembro que que unha tarde de verán, no mes de Agosto po-la tarde, os meus pais mandáronme o Carmanchón a darlle sullfato a viña, e nada máis chegar, a máquina de sulfatar estropeouse, e non se me ocurriu que volver para casa con ela chega de auga e sulfato o lombo, imxinaros como cheguei a miña casa; recordo que os que estaban alí votáronse a rir, entre eles O Páxaro, Sr. Benjamín, Sr. Genaro, a Sa. Pilara e os meus pais
domingo, 01 de noviembre de 2009 a las 21:18
|