GRACIAS
Moitas gracias por toda esa informacion que me dandes,pois creo que e moi importante pra todos,non so pra min ,que teño interes e o digo,hay xente que tamen lee o que nos decimos ,aunque non escriba nestes sitios.
miércoles, 25 de noviembre de 2009 a las 18:43
|
|
O vello Terroso.
As noticias que teño eu son poucas, xa que ninguén adicou tempo a investigar a orixe do noso pobo. Sei que ó Toco houbo unha aldea pequena que asentaba seguindo de Valdecarrís cara Vilardeseu. Daquela non existían nen San Vicente da Raia nen Sta. Cruz (actual Terroso). Non sei se por un terremoto ou por traslado de fronteiras o caso é que algunha xente fundou San Vicente e outros poucos viñeron cara o val de Terroso e alí empezou Santa Cruz (de Terroso). Por meu pai, que mo contou de rapaz, sei que a campa pequena que está na igrexa era da capela do Terroso vello, da mesma maneira que unha virxe dos Dolores que xa non está dende a derradeira reforma que fixeron hai anos. A imaxe estaba queimada seica por mor dun incendio que houbo na capela de Vilardeseu... Se nos fixamos un pouco arredor do lugar que conto hai moitos camiños vellos, da mesma maneira que unha prantación de castiñeiros con máis de cen anos. Isto demostra que houbo un "lugar" habitado por aquel termo, pois para ir dende Terroso a poñer castiñeiros tan lonxe tendo terra abondo por Valcobo, Daquelcabo, O Souto, A Bouciña... Vós fixádevos nos camiños que van cara Vilardeseu e San Vicente. Son rodeiras fondas que tuveron moito tránsito de carros e animais. Incluso se pode ver o camiño que subía dende o Cabanco por a Ladeira pequena ata Valdecarrís, seguramente para traer o viño xa feito que se pisaba nas bodegas-minas da Peneda de Lagares. Dende un pobo asentado ó Toco podíase ir a Valdelagón, os Vales, Valdecarrís, Rebordechao ata Valdegargalla e máis... En Vilardeseu seguramente había algunha lagoa que se foi enchendo coa terra das crecidas en tempos de tormentas. Eu recordo que de pequeno as lamas sempre se enchían de terra camdo viñan as crecidas. Despois había que arrastrala cara os lagoeiros para que a lama volvera dar feno... Outra cousa que a min me ten un tanto á espectativa é o Facho. Agora está cheo de xestas ou cuberta de árbores, coma os do Antonio. Pero naqueles tempos sementábase todo de centeo e millo. Ata daba patacas. O máis curioso non era iso, senon a inxente cantidade de seixos que hai no outo do facho e por detrás. A min dáme que alí houbo un castro celta importante na cara sur e na parte máis alta unha torre de vixilancia para ver quen podía subir Facho arriba dende o que hoxe é Terroso. Tanto seixo xunto fai pensar que foron acarrexados ata alí para facer un poboado. Ando na procura de información e ata o de agora só sei que se atoparon pedras (lascas) con inscriptas romanas e outras con garabatos ilexibles. Se alguén ten máis información ca ista estaría ben que a dea a coñecer para ben dos que queremos saber da nosa terra. Respecto á antigüedade de Terroso á mellor información que se pode ter cicáis sexa a dos rexistros da parroquia, pois antes asentaban nos libros os nacementos, casamentos e mortes, coas datas correspondentes. Sabendo cando empezan ises escritos xa temos unha data aproximada. Ademáis lembro que, rexistrando na casa parroquial en tempos de don Xosé Cid, o párroco, andiven a refollar nuns libros grosos e vellos cheos de feluxe que contaban cousas en latín e outros garabatos que debían ser letras que eu non entendía... Ises libros, se non están na parroquia deberon ir parar a casa de algún anticuario dos que andiveron a rapiñar por alí fai xa unhas cuantas décadas... Faise longo de máis o conto. Outro día falaremos do eclipse, da muller incorrupta que descansa debaixo dunha das pedras da igrexa e das minas que había na eira da forxa, nas que daba medo entrar por estaren cheas de rás e sapos conqueiros, que che podían botar unha mexada na faciana e enchíaseche de beldregóns coma farrapeiros... Xa volverei con máis. Un saúdo. Paco.
martes, 17 de noviembre de 2009 a las 23:06
|
|
Un día que iba á escola
Acordádesvos os rapaces da Cruz cando pasaba a línea para Soutocobo??, nese momento había que estar atent@s porque así podíamos calcular o tempo que nos quedaba para facer cousas en casa ou para arranxar o maletín para ir ó Cole! Se aínda non desaiunáramos era o momento de porse a facelo porque en nada voltaba o Lito ou o Ramón de Soutocobo, e quen non estivera na parada..., jajaja Cantas veces teño soñado coa línea que pasa para Soutocobo e a frase ésa: "xa pasou a línea, movédevos", qué recordos!!! Pois eu soíame levantar ben cedo, para dar un repaso rápido ás leccións pola mañá..., mais un día acórdome que tería eu uns sete ou oito anos e púxenme a desaiunar cando xa pasara o bus cara Soutocobo... e non sei por qué miña avoa empeñouse en que eu me puxera un delantal para non mancharme ó desaiunar.., non sei por qué foi xa que era bastante coidadosa con non manchar a roupa, o caso e que púxome o delantal aquel despois de moito rifirafe e resulta que, nun abrir e cerrar de ollos, a línea xa estaba na porta para recollernos, claro eu collín o maletín e saín pitando, sen darme conta que levaba o mandil aínda posto!!!! menos mal que miña abuela me dixo, pero ti levas o mandil posto, ven acá, pero eu non quería, porque pensei que o conductor se iba a ir sen min... total que creo que hasta puxera un pé na escaleira do bus cando a miña abuela veu por atrás e conseguiu quitarme o mandil!!! eu todo o que fora con tal de non perder un día de clase!!! jejej, así era eu co tema da Escola, non me quería perder un día por nada do mundo. A verdade é que me encantaba ir e aprender tantas cousas!!! Bicos a todos,
Adelina
martes, 17 de noviembre de 2009 a las 22:46
|
|
O ANTIGO TERROSO
Pois sí, meu abuelo tamén me contou algo do antigo Terroso...,
e certo que estivo alá indo para San Vicente, pero que unhas dúas
veces se mudou de sitio, pode ser? non sei se unha delas por unha
plaga de formigas?? eu teño todo isto escrito, pero non o teño aquí
en Madrid, por iso non o podo asegurar...
Creo que a primeira casa foi por onde está hoxe a casa do Choupín,
aínda que xa sabes Loli que en Terroso se atoparon dúas lápidas romanas
que están no Museo Arqueolóxico en Orense, aínda que sen carteis indicativos
do lugar donde proceden, cousa que suxerín á Dirección do Museo que
puxeran que proceden do noso pobo....
Tamén me contou meu abuelo que antes había coma especie de cavas
na terra para guardar a carne que non se estropease e outros alimentos
e o viño, vamos unha especie de cuevas ou cavas para os que xa sodes
medio cataláns...
Bicos e ate outra!
Adelina
martes, 17 de noviembre de 2009 a las 19:30
|
|
O ANTIGUO TERROSO
Creo que recordar a xente entrañable como a Gloriña a irma da Xefa e importante porque estou segura que ela coma outros sempre estaban ,pra que no nos esquecemos uns dos outros,poque a ela conocemola todos.
Quero contarvos o que unha vez nos contou a min e a Dolores do Sega o Vicente do tio Fidel,xa fai moitos anos,que a el lle contaran que Terroso era mais vello do que pensamos e que antes estaba ala no camiño indo pra San Vicente ,que aquelo quedou enterrado por un movemento de terras e dspois empezou a xente a facer o pueblo mais abaixo ,Que sabedes vos de ese tema?. Fai un tempo alguen me contou que ten constancia de Terroso do ano 1701.
Xa me contareis
domingo, 15 de noviembre de 2009 a las 18:31
|