A MATANZA DOS MARRAUS
Como ven recordades as festas de Nadal estan ei a volta,eu acordome moito de aquelas festas que meu pai poñia o arbol de nadal na galeria que tiñamos na casa e viase en todo o pueblo porque estabamos a la riba .Eu acordome tamen dos Reis que na miña casa inda viñeron ,o ser un pouco mais nova ,os tempos eran outros ,a vos tocoubos a posguerra e iso foi moi duro ,por aquelas inda non saiamos nos mapas ,xa fai uns anos queixeime os das guias e non sei se foi casualidad pero puxeron TERROSO en elas,porque nos esistimos ,uo non. Por estas fechas acordaivos que se empezaba a matar os porcos ,aunque en anos como este non sei cando faremos a matanza con estos calores que fai,na miña casa faise a matanza ,pra que vexais que un vive aquelo de verda ,acordome de que se xuntaba moita xente ,matabanse os marraus con un cuitelo que sempre che decian na casa que era o de matar ,se solo era un cuitelo pro que fose, penso eu ,cocianse as cabazas pros chourizos gordos ,xuntabanse as mulleres e naqueles varcales lavaban as tripas no rigueiro ,co frio que facia ,facianse as filloas ,que eu tamen as fago e que me decides dos rixons que vos que estaban ,eu non lle sei dar o punto ou non sera que aquelo era o que tiñamos e aquelo sabia a gloria ,sempre me encantaron ,casi mais co xamon .Xa vos contarei como vai a cousa po lo primeiros de ano.Penso que vos tedes moitas aventuras das matanzas que pasastes. Xa contareis
miércoles, 09 de diciembre de 2009 a las 18:18
|
|
Cando se fixo noite despois de xantar...
Alá por os anos cincoenta lembro que pasou algo que puxo tola á xente porque non sabiamos o que estaba a pasar. Se mal non recordo arredor da hora do xantar empezou a poñerse todo oscuro como cando chegan isas néboas cargadas de auga e que dan a impresión de que de un intre a outro vai vir a noite. Eu era moi pequeno (isto non quere dicir que agora sexa grande pois cando calzo unha bota xa non teño que meter na outra). Lembro que estaba na casa vella da eira da Forxa e comenzaron os cans a ladricar, as pitas a meterse nos poleiros e a xente a correr por as rúas coma se chegara a fin do mundo. Os que andaban no monte voltaban a fuxir para casa e ata houbo quen se refuxiou na igrexa crendo que verdadeiramente era o apocalipse... Cando volveu o sol e os galos cacarexaron de novo fóra do poleiro, a xente xuntábase na rúa falando do que pasara... Eu supoño que non foi máis que un eclipse de sol, inda que non total. Quixen saber algo dos eclipses rexistrados nises anos e non hai noticia de ningún... Non sei se alguén dos que indan andan por aí do meu tempo recordan algo así... A min quedoume na memoria coma algo incerto, pero certo, xa que de pequeno gravamos todo canto acontece inda que non se comprenda. Aquela xente correndo e a berrar "que ven a fin do mundo...". Era como ir por un xestal, de noite, e sentir ruxir detrás crendo que é o lobo quen te sigue. ¡HuuuuuuuuuuH!
Non tiña outra cousa de que falar e pensei que podía encher a páxina con algo así. Xa se achega o Nadal e hai que ir preparando as cousas. Que sexades felices en paz e troula.
PacoB.
martes, 08 de diciembre de 2009 a las 20:50
|
|
As Festas do Nadal
Xa se achegan as Festas do Nadal,a verdade que a maneira de celebralas hoxe non teñen nada que ver como se faían antes, nos anos 65 ou 70. Recordo que a cea típica do Nadal era o polbo con patacas, e que bo estaba!, despoixa si é que o había, comíase o turrón e os figos, que por certo repartíaos os SR. Roque ou o se fillo ó Ceferino aos que habían sido os seus clientes todo ano, así que como podendes ver as técnicas de venda non mudaron tanto.
Eu teño comentalo na miña familia en Coruña de facer a mesma cea, mais sin ningún éxito, así que hai que seguir cos tempos novos, xa que eles din que ese é o futuro, aunqe eu teño as miñas dúbidas.
Don Fin de Ano pocuas cousas teño que decir, únicamnete que po-la noite iáse a Misa do Galo, e os Reis, como no noso pobo estaba tan falto de estradas para unha boa comunicación,as rúas cheas de lamas, non había camello que se achegase, total que os rapaces, a maioría non tiñamos agasallos
Un saúdo a todos os terrosans é boas festas.
martes, 08 de diciembre de 2009 a las 20:41
|
|
Gracias, Paco!
Gracias Paco pola túa explicación sobre a "onda corta" terrosana
, de outros tempos, jejej
Completamente comprendido o sistema agora!
Fíxome moita gracia o dos Cucos : ))
Saúdos,
Adelina
viernes, 04 de diciembre de 2009 a las 21:21
|
|
AS OUTRAS COMUNICACIONS
Non me olvidei de vos o que pasa e que un traballa e non pouco estos dias non parei nin pra ver os acontecementos novos e estou vendo que estades postos no das comunicacions ,pois eu non son menos ,xa que os que voamos como os paxariños tamen temos que estar o dia se non espetaste por o ceo con un 727 destos de iberia ou rayaner e non queda nada do teu corpo ,porque estas cousas o fin e o cabo aprendelas nun libro e non ten mais misterio pero o das comunicacions esas de antes si que eran interesantes, que varias persoas no monte se puideran comunicar de esa maneira so o sabe o que o fixo e non vexo eu ningun libro de instrucions onde se poidan aprender,ahora entendo que o Bill Gates este se presentase en Sietes o pueblo este asturiano ,pra lanzar o mercado esto novo que sacou,non seria pra sacar informacion dos mais vellos,non parece parvo o americano. Hasta outra
viernes, 04 de diciembre de 2009 a las 19:07
|