Estamos renovando MisPueblos.es
En las próximas semanas tendremos una versión completamente renovada,
mientras tanto no publicaremos actualizaciones.
Disculpen las molestias.

Terroso

Orense - Galicia

NOTICIAS

Si quieres mantenerte informado de lo que ocurre en TERROSO, esta es tu página, puedes añadirla a tu sección de "Favoritos". No sólo encontrarás noticias de Terroso, también te informamos de las localidades mas cercanas donde se vayan generando datos de interés.

Si quieres enviar NOTICIAS relacionadas con Terroso puedes hacerlo. Recuerda que puedes complementar la información con una fotografía.

 

Restaurantes en Terroso

Terroso > Noticias

BOAS FESTAS E MELLOR ANINOVO 2010

BOAS FESTAS E MELLOR ANINOVO 2010


Vaiaaaaaaa!!!

vaia, vaia sorpresa!!! cando empecei a ler a túa mensaxe, Celso,

díxenme, uy, parece que está falando de min, pero non creo...

( porque teño moi boa memoria e recordo, perfectamente, aquel

encontro!!!) e, claro, seguín lendo... e, efectivamente, que te

referías a min ( por un momento, confeso, que se me subiron as

cores, jajaja). Efectivamente, son moi curiosa, que xa non sei

se, ás veces, é virtude ou defecto ( pois as cousas boas ou moi

boas nen sequera deben ser en exceso..., e encontrar o equilibrio

non é tan fácil).

Ti, ¿vives en Terroso?, alégrome moito encontrarte por aquí

e ter noticias túas despois de tanto tempo. Moitas gracias polas

túas palabras; cada un valemos para algo diferente e, o caso,

e sacar os nosos valores fóra, compartilos cos demais e, entre todos,

ser máis ricos en tódolos aspectos, complementándonos uns cos outros,

compartindo os nosos tesouros cos demais, relatividades, ó fin llo

cabo..., pero que poden formar conxuntos fermosos coas relatividades

dos demais e dar máis sentido ás nosas vidas e facelas o máis completas

posible.

Querida Loli!!!, xa casi contactei coa túa familia ó completo, por internet,

o último foi o Vicente. Xa lles dixen as miñas tías que andas por aquí,

creo que se animarán a escribirche algo polo Nadal e a ler as cousas

que escribes.

A verdade que esa frase que pos axuda moito: se algo non ten solución,

para qué preocuparse? se un xa o intentou todo nun asunto dado e a cousa

non vai para adiante..., por algo será, Deus sabe moito. E tamén moi

certo é que sen oscuridade nunca apreciaríamos a luz..., e agora

chega unha época no Ano para apreciar esa Luz..., ¡a Navidad!, unhas datas

en que a nosa Esperanza renace de novo e onde temos máis tempo

para reflexionar cómo podemos evolucionar mellor e chegar a comprender

cómo desenvolver a chispa divina que levamos dentro.

Beixos de Luz para os terrosan@s neste Natal!!!

Moi Feliz e Fabuloso Aninovo 2010 dende Madrid!!!

Con cariño,


Adelina

martes, 22 de diciembre de 2009 a las 18:47

 

FELIZ NAVIDAD

FELIZ NAVIDAD

Hola todos , Celso tes moita razon , eu non sei nin como e a Adelina , pero ten que ser unha persona marabillosa ,con cada escrito nos esta demostrando o que ten dentro e todo o que pode enseñarnos sendo mais pequena que nos ,ademais do cariño que sente por Terroso ,cando todo eso se esta perdendo na xubentude.

FELICES NAVIDADES E UN ANO NOVO MARABILLOSO OU MILLORCIÑO , PROS QUE TUBERAN ESTE ANO COMPLICACIONS OU PROBLEMAS DO TIPO QUE SEXAN E QUE NON SE OLVIDEN DE QUE CANDO UN BAIXA ,DESPOIS SUBE ,E QUE TODO E TER FE E EMPEÑO EN CONSEGUIR O QUE CADA UN SE PROPOÑA QUE TODO TEN SOLUCION.
OS CHINOS DICEN QUE CANDO TEÑAS UN PROBLEMA E TEN SOLUCION NON TE PREOCUPES,E QUE SE NON TEN SOLUCION ,PORQUE TE PREOCUPAS.

BON NADAL A TOTS

martes, 22 de diciembre de 2009 a las 12:14

 

Ola a todos

Ola a todos

Pois direivos que ,anos atrás ,atopeime por primeira vez cunha rapaza no bus que vai de verín a Terroso.Ela estudiaba en Verín e os seus avós eran de Terroso e Florderrei.Naturalmente que coñecía os seus avós e pais, pero o que me sorprendeu dela foi os seus ollos vivos, cheios de curiosidade por todo o que acontecía a súa arredor.Mentres falaba con ela dicíame para min, esta rapaza ten un non sei qué que me di que vai pasar toda a súa vida intentando aprender cousas novas.A esa inquedanza de saber constantemente eu chámolle renovarse interiormente. Pois aquí a temos.

Ela chámase Adelina.Soamente ler os seus escritos un decátase do que leva dentro.Alégrome saber dela así como dos outros participantes.Coñézovos a todos.Paco, Maruxa, Loli, etc.Chámome Celso.E son de Terroso tamén.

Bon Nadal para todos.

lunes, 21 de diciembre de 2009 a las 22:50

 

sigo eiqui

sigo eiqui

De cando en vez boto unha ollada o que contades,ríome e recordo muitas cousas como o tio Juan cantando aquelo do Sanguindán .....cando nos xuntábamos na matanza da tia Madalena.
BO NADAL a todos

lunes, 21 de diciembre de 2009 a las 0:51

 

Paco, cóntanos...

Paco, cóntanos...



... algo sobre a Historia da Igrexa de Terroso, do Cemiterio Vello

(se sabes..., cómo é que se construiu no medio do pobo? tradición

celta, quizás, ter o cemiterio ó lado das casas? e sobre

a muller incorrupta que descansa debaixo dunha das pedras da igrexa!!!

(que me ten moi intrigada)

Gracias e Bon Nadal a tod@s!!!


Adelina

miércoles, 16 de diciembre de 2009 a las 20:18

Tienes mas noticias cerca de aqu�, en Arzadigos, Villardevos y Soutochao.

Página generada el miércoles, 27 de noviembre de 2024 a las 2:53:04
© Mis Pueblos, S.R.L. 2006. Todos los derechos reservados. info@mispueblos.es - AVISO LEGAL - QUIÉNES SOMOS - ANÚNCIATE