Chegaron os Reis...
Acabo de chegar das Travesas, a mellor praza de Vigo, onde se xuntan as rúas máis importantes da Vila. Alí pasamos, a miña dona Mriló e máis a miña neta Karen, case que tres horas á espera de que chegaran os da cabalgata dos Reis. Se para os pequenos é unha cousa de outro mundo, un tanto incomprensible e máxico, para os maiores non deixa de ter o seu ensalmo. Eu sentíame feliz ouvindo á miña neta de dous aniños escasos aplaudindo e berrando "¡Hupi, os Reises! Camelos... camelos". E con ela os outros rapaces correndo e choutando coma cabritos nun día de maio. Non sei de certo qué hai de certo en todo iste mundo do Nadal; pero teño que dicir que ogallá dure corenta mil anos máis para que a xente que o siga vendo saiba que a felicidade pode estar en dicir "Bon Nadal, irmán".
Cando andabamos por Terroso, no meu tempo, as cousas eran ben diferentes. Lembro que nos xuntabamos uns poucos e ibamos de porta en porta cantando aquelo de:
"Los tres reis saen de oriente
todos tres en compañía...
nin preguntan por pousada
nin menos por compañía...
preguntan por os portales
onde el Rei nacido había...
Ista casa caleada, caleada de cimento...
que viva o señor "quen sexa"
con todos os que están dentro..."
As casas non estaban moi caleadas que digamos, xa que o fumo da lareira non entendía de limpeza. Pero inda así víase o esprito de unhas festas especiais que nos levaban a outro mundo da imaxinación, que non entendiamos moito, pero que tamén era máxico.
Non deixedes de dicirlle ós vosos fillos que o Nadal é algo máis que todo ese comercialismo que nos deixa os petos baldíos, inda que non nos importe moito se conseguimos que sexan felices.
Un saúdo para todos e Felices Reis 2010.
PacoBarxa, dende Vigo.
martes, 05 de enero de 2010 a las 23:14
|
|
eclipse e libros
Paco, xa vexo que non acertei con eso do eclipse, eu creín que o do ´59 podría ser o que ti buscabas..., pero xa vexo que eres un pouquiño máis vello do que eu pensaba : )
Non tiña nin idea dos arquivos sobre a igrexa, o que unha ven a descubrir despois de tantos anos fóra de Terroso!! o que me encantaría sería ler nesos libros antigos que dis que viches algunha vez, unha especie de crónicas do noso pobo...
Eu só cheguei a coñecer os de rexistros de nacimentos, matrimonios e defuncións, cando empecei a investigar para face-lo árbol xenealóxico, e recordo que os terrosanos do 1850, por exemplo, levaban nomes tales como Cornelio e outros nomes que xa non se encuitan nestes tempos, senón que eran como nomes dos antigos romanos...
Saú2 a tod@s,
Adelina
martes, 05 de enero de 2010 a las 22:16
|
|
SAUDOS PRA TODOS
Xa fai dias que non estoi o tanto de vos e non se vos pode deixar solos que liais a de San Quintin,pero cheguei a tempo dos vosos desmadres .Teño que recordar que foi Celso quen me meteu nestos escritos ,mandoume un correo pra decirme que habia esta paxina e que era moi interesante ,como non me vou acordar Celso de cando meu pai me mandaba a tienda do tio Roque a comprar ca lista das cousas ,eu entonces ainda non iva a escuela ,era unha mocosa ,ainda o son ahora ,que recordos.
Por eso moitas gracias porque asi entre todos algo mais descobriremos da nosa terra e daquelas cousas que pasaban e pasan ali. Hola Rosa ,alegrome de que te subas o noso empeño en falar de Terroso e das nosas cousas que ti sabes que compartiamos moitas horas na calle ,rindo e chorando ,que eu tamen me acordo moito de vos e teño moitos recordos e como temos tanto que contar ,xa iremos tirando do fio.
Paco o que di de ti o Celso e verda ,eu acordome de ti ,tan alto ,tan arreglado e viate tan culto e tan educado ,que non parecias do pueblo e cando contas cousas de pequeno vexo que eras como todos nos ,un terrosano mais e supoño que a moita honra ,eu sentome asi ,cando estou no meu despacho e teño que tratar con xente que non sabe de donde ves ,eu son a primeira que conto de donde veño.
Un saudiño pra todos
lunes, 04 de enero de 2010 a las 19:23
|
|
ola a todos
Falando de xente que participa nesta páxina e que lembro.
De Paco teño imaxens fugaces.Só o vía de cando en vez.Seguramente porque cando eu era un cativo el vivía fora e viña únicamente en vacacións.Transmitíame unha idea de home intelectual,de pensador, con habilidades relacionadas co mundo literario.
De Loli, aínda a podo imaxinar sendo moi pero que moi pequena, entrando na porta da nosa tienda cun papeliño na man.Alí o pai anotáballe todo aquilo que quería que lle comprara.Como eu era mais maior, unha vez que lle entregaba todo o que alí estaba escrito, incluído o papel, as veces permitíame facer algún apunte rudimentario no seu revés(no do papel).Cousa de críos.
De Maruxa, recórdoa muito cando ía o río de verín, estando ela de vacacións, acompañada da súa irmán.Venme a memoria cómo elas disfrutaban da auga ,aínda que fría ,do río, incluso no mes de agosto.Tamén as recordo muito cando vivían en Terroso.
Por hoxe nada máis.Unha aperta para todos.
Celso.
sábado, 02 de enero de 2010 a las 20:32
|
|
Eclipse
Deli, gracias por a aclaración encol dos eclipses do século pasado. Como xa pasaron só teñen a importancia da anécdota dos que os vivimos. Eu no 59 estaba en Astorga e lembro que nos deron cristais afumados para poder ver o sol tapado. Os outros non foron do meu tempo. Un día preguntabas sobre a igrexa de Terroso. A información está toda no arquivo da parroquia e só é preciso falar con don Xosé para botarlle unha ollada. Supoño que dará detalles de como se construíu. Xa falei con Xerardo para que me faga un resumo e poder poñer algo de historia nistas páxinas. Xa están aí os Reis. Lembro aqueles días e noites que saiamos a cantar por as portas para que a señora ama de casa nos dera un cibiño de unto por untar a zanfona, como na cantiga do cego. "Cando un cego guía a outro cego... ambos acaban na Once"... e agora xa ten problemas de emprego... Que vos traian moitos agasallos e ganas de seguir aguantando a crise que nos meteron en casa os "bons pastores" da Moncloa............. Un saúdo PacoB.
sábado, 02 de enero de 2010 a las 15:42
|