A Candelaria
¡Ai o demo, mañán é a Candelaria e xa non me acordaba de que tamén se fai festa en Terroso!
Se a Candelaria chora
está o inverno fóra;
pero se a candelaria rir...
inda queda moito por vir.
Eu penso que os ditos dos vellos eran bons para aqueles tempos, inda que quero dicilo coa boca pequena non me vaia morder a lingua e me saia unha burbulla que non me deixe falar... E xa que falar é barato convido a todos a que diga cada quen algo do que lle pasou nos días da festa e que poidamos saber todos, porque hai cousas que se fan nas festas e convén gardalas ben para que non se enteren os cucos... Eu de pequeno tíñalle tanto medo ás bombas que cando ouvía o primeiro estouro, se antes non ouvira o asilbo da subida, ía correndo a meterme debaixo da cama e alí permañecía ata que paraban os foguetes. Como a cousa era de moita consideración un día colleume meu pai e cunha subida sen cana nen estoupo fíxome unha demostración na escaleira da casa da eira da forxa. Prendeulle lume á mecha e obrigoume a ver o que facía o aparello aquel ó que tanto medo lle tiña. Ós poucos meses estaba eu a facer petardos coa pórvora que lle furtaba a meu pai da que il compuña para cargar os cartuchos da escopeta...
Lémbrome de moitas trasnadas que podería contar, inda que prefiro deixarvos a vós que tamén tedes as vosas cousas.
Feliz Festa a todos os de Terroso e en calquera outro lado que a celebren...
Dende Vigo, PacoBarxa.
lunes, 01 de febrero de 2010 a las 22:51
|
|
LIBROS
Buscando un libro de un parente de meu abuelo (añoranzas y recuerdos de tapia de casariego),que ti Paco sabes mais que eu de donde ven ese parentesco ,teño entendido que era primo de meu abuelo Domingo ,era o Daniel Barja Vidal que vivia en Oviedo ,de feito meu tio Manolo cando se foi pra la ,foi a parar a sua casa hasta que encontrou traballo.Este home renegaba do seu apellido e faciase chamar Daniel Vargas Vidal,por non decilo en galego ,non sei se vos acordades que paraba na casa da Felicidad ,alí o pe da casa da Agueda do Pipá.Tiña unha filla que se chamaba Mercedes por certo Barja de apellido.Este home foi militar de rango.
Pois como decía o principio encontrei un libro que se titula ANDADAS DO XAN CATIVO do ano 1972,de 55 paxinas,Paco que nos podes contar de este libro.
Hasta pronto
lunes, 01 de febrero de 2010 a las 18:20
|
|
Xa que falades de vacas...
Os tempos pasados tiñan cousas que non se esquecen por quen as viviron. Nas casas vellas a corte estaba xusto debaixo de onde se vivía. Inda que pareza un tanto antihixiénico, a cousa tiña moitas boas razóns para ser así. Todos sabemos como é Galicia, fría e húmida no inverno e sempre aberta á natureza todo o ano. Cando o labrego puña os animais debaixo era porque había unha mutua axuda á hora de quentarse, de aforrar camiñatas para botarlles de comer, de saber que todo estaba ben mentres a noite impedía ver se viña o inimigo... Amáis de servir de acubillo para os animais servía de vertedeiro de cáseque todo o que se tiraba na casa e que acababa convertido en esterco para as leiras... Nun recanto onde non houbera ninguén debaixo abríase un zapón tapado cunha táboa á medida para desfacerse dos resíduos culinarios despois das papatorias... Xa me entendedes. Pois con isto quero chegar á conclusión de que a temida vaca Roxa de meu pai non o era tanto, inda que non se deixase muxir mais que por o bitelo, ou con moito tino untando antes as mans con manteiga... Era por a mañán. As vacas estaban a rillar o feno que meu pai lle acababa de botar. No intre entra unha gata que lle chamabamos "Zoca" porque tiña o costume de ir durmir entre as zocas debaixo do escano á beira da lareira. Meu irmán Luis púxose a perseguila para metela na palangana de auga. Como non se dixaba coller, tamén fun eu a axudar. Con tan mala sorte que ó pisar na tapa do zapón afundíuse non sei de que xeito e alá me vedes baixando en parapente ata aterrar ("estercar") mesmo nos fociños da vaca. O animal, amoando no feno, nen xiquera se espantou. Primeiro cheiroume e logo púxose a lamber en min coma se fose un fillo caído do ceo... Meu pai, que lle estaba a poñer unha viqueira a unhas zocas vellas, tirou cos tarecos e baixou levado do demo por se a Pasionaria me desfarrapaba cos cornos. Cando abríu a porta das corte e ollou á Roxa lambendo en min... botou as mans á cabeza, mirou cara ó ceo e dixo:"¡Verdadeiramente Deus está en todo!". Claro que despois o que non me fixo a vaca fíxoo meu pai para que andivera con máis xeito por onde podía haber perigos. Unha azouta dada a tempo educaba máis que horas e horas co sicólogo... E podo dicir que dende ise día a vaca e máis eu tiñamos outra maneira de tratarnos. Ás veces ata deixaba que a collera do rabo para subir a costa do Outoredo cando viñamos da Cernada. A Peinada, a outra vaca, con só tocarlle o xotamoscas xa che soltaba un pinote, que como te collera deixábate sen dentes. ¡As vacas... tamén son animaliños coma nós! Hoxe o trato cos animais xa non é o mesmo. Inda que queremos humanizalos o único que facemos é explotalos de mala maneira. Unha vaca que non dá leite acaba pendurada dun garrancho na carnicería. Tiña razón a burra do Choupín cando viña cun feixe de herba e non podía ou non quería levalo: "Choupín, leva ti o feixe que eu xa estou cansa". E o Choupín non tiña máis remedio que levar o feixe se non quería acabar levando á burra tamén... PacoBarxa para todos os amigos.
viernes, 29 de enero de 2010 a las 22:39
|
|
Falando de vacas...
Venme ó pelo o tema "vacuno" que sacastes, porque xusto me pediu o outro día a miña tía Julia que contase nesta páxina unha anécdota que lle pasou un día no pueblo cun toro...
Resulta que viñan os rapaces do Colexio de Villardevós na línea e que, coma sempre, os deixara ó Campo que, entón, parece que era a última parada que facía en Terroso a línea e que xa non subía ata a Cruz...
Pois entre esos rapaces que viñan do Colexio, estaba a miña tía Julia... O caso e que nada mais por pé en terra, os rapaces decatanse de que hai un touro solto por alí, que era do José "Cabreiro" polo visto, pero a que mais se decatou disto foi a miña tía..., que por qué?, vos preguntaredes, pois porque o animal empezou a perseguila sen tregua calle Cruz arriba ata a finca que ten a Xinta e Atilano ó pé da súa casa.
Miña tía non sabía se era polo mes ese tan famoso das corridas de toros, maio, que o touro a perseguía ou por qué raios era, ata que xente que se iba atopando polo camiño ó tempo que corrían aquela maratón,ela e o touro, lle dicían: "tira a chaqueta, tira a chaquetaaaa!!!", pois resulta que miña tía levaba unha chaqueta roja posta aquel día e ela non se daba conta de que era ese detalle o que orixinara aquela carreira que parecía non ter fin.
Cando conseguiu quitar a chaqueta, cousa difícil, sendo perseguida por un animal así e porque encima levaba unha carteira chea de libros ás costas, o touro deixouna tranquila, pero eso non pasou ata que estivo na finca aquela da Xinta, dende ó Campo ata alí tivo que facer un "sprint" casi eterno aquel día.
Saludos a tod@s,
Deli
jueves, 28 de enero de 2010 a las 23:15
|
|
CASA
Boas Paco, como comentache o da casa do Gerardo , onte apareceu por a oficina un cliente que anda comprando casas por ala , que nin e galego ,x a ten unhas poucas por cerca de Xinzo , dedicase a reformalas e despois vendellas os mismos do pueblo , ou a outros , el non ten nada que ver con este negocio , pero un amigo levouno por ali e quedou fascinado,e comentei o da casa , si queres mandarme algo de imformacion ou fotos ou o que queiras,mandame un mail e xa esta (lolibarja@hotmail.com).
A navida xa se acabou ,ou estandes todos atareados con outras cousas.
miércoles, 27 de enero de 2010 a las 13:09
|