Estamos renovando MisPueblos.es
En las próximas semanas tendremos una versión completamente renovada,
mientras tanto no publicaremos actualizaciones.
Disculpen las molestias.

Terroso

Orense - Galicia

NOTICIAS

Si quieres mantenerte informado de lo que ocurre en TERROSO, esta es tu página, puedes añadirla a tu sección de "Favoritos". No sólo encontrarás noticias de Terroso, también te informamos de las localidades mas cercanas donde se vayan generando datos de interés.

Si quieres enviar NOTICIAS relacionadas con Terroso puedes hacerlo. Recuerda que puedes complementar la información con una fotografía.

 

Restaurantes en Terroso

Terroso > Noticias

Outro na romería...

Outro na romería...

Onte topamos na rúa co Amable e a súa filla. Tiña o pelo máis ruzo que hai anos e un chisco máis longo. Parece que andan ben, o mesmo que toda a "colonia" terrosina de Vigo. Para quen non saiba de quen falo... é o fillo do "Paxaro" (con perdón), que tiña a tenda á Porta da Tulla, na vella casa do Graciano e dos Frades Ramón e Anxel Luís. Teñen unha tenda en Teis e ás veces venden cousas de Terroso e arredores. Un saúdo da súa parte para quen lle interese...
Convido a todos os que teñan cámara de fotos a que fagan boas vistas de casas vellas e recantos curiosos e as pasen á páxina para que os que andan por fóra de Galicia poidan lembrar a terra e manteñan a morriña por ela, sen chegar a esaxerar, non lles vaian chamar "morriñosos" coma ós de Frol de Rei...
Espero respostas. Non quero ir en solitario por un camiño que é de todos.

Paco.

jueves, 11 de marzo de 2010 a las 22:24

 

HOLA

HOLA

Bos dias a todos , oxe temos un dia de inverno, esta nevando por esta zona con ganas , pero ese non e o motivo de que non este o tanto de vos , estos dias na miña casa estuvemos de hospital, tanatorio e cementerio e aunque sean os vellos , os dias fanse pesados hasta que volves o ritmo de sempre costa un pouquiño . Empezarei de novo estos dias a escribir , como decía o Paco do que sexa.
Um abrazo pra todos.

lunes, 08 de marzo de 2010 a las 12:56

 

As linguas galegas.

As linguas galegas.

Eu ríome cando os políticos se pelexan por mor do galego. Tamén me río cando os académicos dan normativas para unificar o idioma. E inda me río máis, ata estralar coa risa, cando algúns van a Portugal na procura de palabras que seica non atopan na nosa terra. A min iso de "mergullarse" os "mergulladores" sóname a cando os marraus se enlarafuzan no lagoeiro para liberarse das carrazas (carraxos)... Tamén me entran ganas de chorar vendo que "lavavaixelas" é un plaxio directo de "lavevaiselle"... Fuxindo do castelao métense nas Batuecas onde son boa xente, inda que andan un pouco perdidos no mapa... Eu de pequeno estiven alá e as de agora penso que non son as mesmas... Ó que viña. Todos sabemos que os de Soutocobo falan diferente dos de Lamardeite, e que os de Arzádegos nada teñen que ver cos da Veiga das Meás... Os de Enxames tíranlle pedras ós de Vilar de Cervos e os de Vilardevós xa quixeran ter o sol que temos en Terroso, porque a Serra lles tapa parte do día, sobre todo en inverno. Con todo, e malia as diferencias de colocar a secar os chourizos, á hora de ir á feira sempre se entenderon ben. Sabemos, por exemplo, que os "estadullos" son ises cañotos que se lle poñen ó carro para que non se esborralle a carga e eran curtos para o traballo normal e longos, os da "acarrexa", cando se empiolaba a palla ou feno cunha volume moito meirande. Pois onde nós dicimos estadullos outros din "fungueiros"... E decíndeme, ¿cómo é que en tempos alguén "batizou" unha zona do noso termo co nome de "Ós Fungueiros"? Supoño que xa daquela o idioma de Galicia tiña moitas maneiras de dicir as cousas... Ós Fungueiros seguro había entón piornos dereitos e fortes para facer estadullos e lareiros para os chourizos. Os piornos veñen do Piornedo, as androllas das andolias, o botillo do bandullo e o pigoreiro da parte da tripa que está máis cerca do cú do porco. E tendo en conta que o cú é a parte de atrás da boca... non ten por que darnos noxo comer os pigoreiros, con boa chicha, cebola e colondro... Levo toda a miña vida viaxando por a nosa terra e podo dicir que nos entendiamos todos ata que chegaron os políticos e tentaron impoñer a súa ideoloxía sen contar co que "diga la rubia" galega (a bitela). A iste paso dentro de cen anos dirán que a bitela é a femia do "bit", ise animaliño electrónico que se pasea por a Rede máis fungado que unha vaca cando "mosca" no verán...
¡Xa está ben de parvadas! Como naide escribe... púxenme eu a dicir o que saíra das técolas da zanfona. Que teñades todos un bon comenzo da primaveira e que non volvan os ventos escachar tellas e couquizos.
PacoBarxa.

domingo, 07 de marzo de 2010 a las 11:52

 

Para Maruxa

Para Maruxa

Hola, Maruxa. Xa hai anos que ós teus lles interesaba a nosa casa vella e a palleira coa horta. Para eles víñalles de perilla, xa que terían todo xunto nun barrio aberto con boa comunicación. Nós estamos todos de acordo en vender. Queremos saber canto estades dispostos a pagar para chegar a un acordo. Gerardo ten plenos poderes para facer o trato. Dille a teu pai que fale con il e que cheguen a un acordo que contente a todos. Nesa casa pódese facer algo moi bonito sen xiquera tirar a parede de pedra, que está en boas condicións. Dentro, sacando todo canto sobra, faise unha boa vivenda. Hai xente que empeza a volver ás aldeas e buscan oportunidades para instalarse ben con poucos cartos. De vós depende.
Respecto ó que dis do Mscareñas non estás equivocada. Ise home foi un tanto "xudeu" coa xente das aldeas. Cando non podían pagar... quedábaselle coas terras e casas e logo arrendábaas a precio abusivo. Tamén tiña vacas a medias e outras moitas cousas. Pódese dicir que vivía da usura e malas artes, inda que en Verín tíñano coma "todo un señor"... Non quero comentar máis porque iste non é lugar apropiado.
Un saúdo para todos. Paco.

lunes, 01 de marzo de 2010 a las 21:36

 

Hola a todos

Hola a todos

Con tanta auga, hai paredes no pobo que xa non aguantan,e o caso da que acaba de caer na aira do Valerio o lado da casa do Inacio,o cacho que fixeran de bloque alá por o ano 80 mais ou menos ensanchando un pouco o camiño. Comfio en que agora cando a amañen o fagan con un pouco de sentido do rural e pra armonizar un pouco co entorno a fagan de pedra.Sabiades que a aira ia casa do Valerio como outras muitas terras do pobo pertenecian a un tal Mazcareñas? que vivia en Verín e tia as terras a renta os veciños do pobo, e o cargo de elas estaba o Sr Graciano que vivia o pe da escola.Eu tamen intentei saber o orixen da aira dos Barxes non o consegin solo que se chamaba asi a aira donde ten oxe a casa o Paco da Marta, non a que arreglaron a Fonte Da Cal. PARA PACO: alguén da miña familia está interesado na vosa casa, o Gerardo di non saber nada, si vos podes de acordo falade con meu pai

domingo, 28 de febrero de 2010 a las 20:36

Tienes mas noticias cerca de aqu�, en Arzadigos, Villardevos y Soutochao.

Página generada el miércoles, 27 de noviembre de 2024 a las 1:29:47
© Mis Pueblos, S.R.L. 2006. Todos los derechos reservados. info@mispueblos.es - AVISO LEGAL - QUIÉNES SOMOS - ANÚNCIATE