Boda.....
Gracias, Angelines. Eres "un sol" como tú misma decías hay unos días. Tanto mi hija como todos los demás agradecemos ese gesto tuyo de unirte a la felicidad. ¡Es Primavera! Un abrazo de todos nasotros para ti y los tuyos. Hermoso el cuadro, que ya supongo de quien es. Un saludo.
PacoBarxa.
miércoles, 24 de marzo de 2010 a las 12:58
|
PARA LA FAMILIA BARXA
Deseo felicitar a la familia Barxa por el felíz acontecimiento de la boda de su hija Angela.
PARA LOS NOVIOS
Cuando dos almas se encuentran
y se aman de verdad
no hay nada que las separe
las dos muy unidas van.
Enamoradas caminan
hacia la infinidad
esos dos corazones
siempre se amarán.
Con este verso mio, les deseo mucha feliciad.
Angelines del Río
miércoles, 24 de marzo de 2010 a las 8:19
|
Buscando pan
Buscando amo chegou Xan a unha casa e puxeronlle unha cunca de caldo para comer.O meu amo o caldo queima,repetia Xan, pois vótalle auga,mal amo pensou,e marchou en busca de outro.Cando lle puxeron o caldo,repetiu:o meu amo o caldo queima.Vótalle viño.Nin tan mal, pero quero algo mellor.Chegou a outra casa repetindo:o meu amo o caldo queima.vótalle pan o rapaz, que para quentar o peito e enfriar o caldo non hai nada mellor.Este e meu amo terei pan a fartura, eiqui me quedo, pensou Xan
domingo, 21 de marzo de 2010 a las 21:58
|
Boda.
Hoxe, día vinte de marzo, cásase a miña filla Ánxela con Xosé. Dígovolo como noticia, xa que convén que os veciños saibamos os uns dos outros. Para quen lle interese direivos que xa son avó dende fai dous anos. Outros detalles non son para dicir aquí. Ós amigos pídolles que se xunten á festa dunha filla de Terroso que medrou pensando nos avós e na xente da súa terra. Ledicia para todos ondequera que vos atopeis. Gracias.
Paco.
sábado, 20 de marzo de 2010 a las 13:32
|
A bica milla.
Onte faleivos da bica de millo como se fose parte da nosa vida de fai anos. E non o deixaba de ser, inda que o millo e a súa fariña case sempre se lle daba ós porcos e vacas misturada con verduras cocidas. Agora o pan de millo cómeno os políticos e outros que poden pagalo... Cando non tiñas fariña milla á man pode que quixeras aproveitar a lareira quente metendo entre o borrallo unhas patacas. Dise xeito tiñas asegurado un almorzo como Deus manda. Acórdome unha vez que deixamos a asar unha ducia de patacas entre o borrallo. Aquela noite o lume non era moito porque xa non era inverno. Os poucos carbóns que quedaron acesos aturaron ata as catro ou cinco da mañán. Logo apagouse o lume e axiña se enfriou todo. Á seguinte mañán, cando fomos desenterrar as patacas, resulta que había doce patacas e cinco chouriciños chamuscados... ¿Que pasou, que deixou de pasar? A condenada da gata, Zoca, deixara no borrallo o que normalmente soltaba fóra de casa. Como a porta estaba pechada foise "endegar" onde pensou facía menos daño... Tampouco era como para poñerse así, xa que as patacas con bullalas... Inda así dá un pouco de noxo comer patacas asadas con chourizos de gata...
A que non sabedes que son as "abrotias"... Hai moitas nas Ladeiras, na Xeria, ó Souto e Carmanchón... Aquelas varas que botan cando florecen usábanse en tempos, untadas en aceite ou sebo, para alumar a casa cando fallaba o candil. Isas varas chámanse "gancios" ou gamóns. Coas follas tenras das abrotias, partidas daquela maneira que sabiamos entón, pódense facer uns vibráfonos que resultan moi musicais... Sonan como cando colocas os dentes de arriba enriba do beizo de abaixo e dis "nunununununununuuuuu"... ¡A que agora xa sabedes de que estou a falar! En tempos sacábaselle partido a todo canto había. Agora está todo cheo de xestas e toxos, e muxacáns...
Estou á espera de que alguén meta baza, xa que non se soubo máis de moitos que empezaron con moitas ganas.
Un saúdo.
PacoBarxa.
viernes, 19 de marzo de 2010 a las 21:10
|