Meu irmao Anxel.
Diríase que foi onte, inda que marchou hai xa vinte e dous anos. Marchou, pero deixounos unha borrallada de cousas ben feitas para que sigamos a pensar nil...
Anxel de pequeno era un rapaz coma calquera dos de entón, algo miúdo, que sempre andaba a fuchicar nas cousas que o noso pai tiña na palleira. Naquela palleira había de todo: facía de carpinteiría: cántos carros, arados, engazos, portas e ventás, escanos e mesas, paus para as zocas, canastros e un sen fin de cousas non se farían nela. Alí se gardaba leña para todo o inverno, patacas para todo o ano, as castañas no tempo delas, a carne dos porcos despois da matanza ata que salaba ben... e o máis importante, o cariño do noso pai que nunca nos fallou. A Anxel, coma a os outros nenos, gostáballe facer pións, tirabeques, armadillas e esparrelas... Trepaba por un negrillo, que alí houbo moitos anos, para ripar folla que se lle cocía ós marraus para que engordasen. Non había unha cerdeira á que non esgarranchara. Semellaba unha "subideira" brincando de galla en galla para apoderarse dos carroliños de cereixas máis maduros... Unha vez subíu ó curutiño dun buruñeiro, na viña de o Cabanco, esgazou unha galla co peso dos buruños e o seu e o pobre do Pepe, noso irmao, pensou que o tería que traer ás cabaliñas, porque quedou medio morto co porrazo que levou. Outra vez, na travesa dos Inxertos, estabamos varios rapaces a xogar mentres o gando rillaba carquexas e queirugas. Nesto había unha mouteiriña de carpazos moi verde e viciosa, que daba envexa que a rillara unha cabra. Entón Anxel di, dando un pulo diante de todos nós: "Isa rílloa eu"... "Aquí naide rilla"... dille outro dos que estaban con nós, batendo cun pau na mouteira. Como se espertase do soño máis fondo da súa vida saíu un coello escafedendo monte abaixo ata perderse entre as xestas. A troula que alí se armou foi para contala. Anxel ríase a estralar, amosando aqueles "sachos" que tiña na boca e contaxiando a risa a todos os demáis... Era moi amigo da Lucía e do Manoelciño da Costiña. Dicía que con eles se podía falar de tú a tú, porque, sendo pequenos como eran, quedábanlle os ollos á mesma altura.
O que para Anxel era unha alegría indecible eran os días da festa. Antes os músicos que viñan de fóra comían, repartidos, nas casas dos veciños que lles podían dar algo que non fose caldo e touciño. Á nosa casa sempre viña un músico, fose de Moialde, das Vendas ou do Tameirón (por dicir algún)... Namáis entrar o músico na casa xa lle estaba a remexer no instrumento. Unha vez o músico púxolle o bombardino na cabeza e Anxel quedaba case que todo dentro do aparello... No monte, tanto il coma os outros irmaos, sempre andabamos a facer subiotes. Cando subía o "zume" e se podía sacar a casca dos salgueiros, castiñeiros e ata xestas... non había día que non viñera tocando a chiflo. No inverno pagábano os sabugueiros e calquera pau que se puidera furar cunha navalla... Inda non ouvía cantar un paxaro xa estaba a copiarlle o son. Unha vez case que cae ó rigueiro, na Cernada, por escoitar un rousinol que andaba a afinar o intrumento por se algunha "rousinola" lle facía caso. E non falemos de cando se marchou ó colexio, porque dise tempo xa se saben moitas cousas que ten contado Pepe, que foi quen máis convivíu con il.
Foise fai vinte e dous anos longos e cativos. Como deixou tanto de seu cáseque non se lle botou en falla. O que nunca saberemos de verdade é cántas cousas levou consigo e non lle deu tempo a que as tiveramos todos. A música de Anxel é como il, divina. Os parentes e veciños de Terroso podemos sentirnos orgullosos do noso irmao, que soubo poñer as notas no mellor pentagrama: Terroso.
Vai por il e por todos vós.
PacoBarxa.
lunes, 29 de marzo de 2010 a las 19:35
|
Memorial Angel Barja
Para la pàgina de Verin enviè en primicia todo lo relacionado con las actuaciones del XXII memorial de Angel Barja , eNviando al pueblo de Abedes ejemplares del programa y actuaciones que tambien puse en conocimiento de Paco Barxa con quien permanezco en contacto y en Leòn con Begoña la viuda de Angel,asistiendo a los conciertos con mùsica de quien fue director de la Capilla Clasica que hoy viernes de Dolores actuo en el Auditorio con repertorio del musicòlogo y en esta audicion participò el quinteto de mùsica de la Banda de Ribadavia.
A disposiciòn de quien desee leer mis libros con datos y fotos de Angel Barja iglesias puedo pasarlos por E-mail: carlosnieves55@hotmail.com. saludos.
Joaquin Nieves
Periodista (LEON)
NOTA PRA PACO.- Xa vin os teus comentarios e os do Chocolito pois topei o crego
de San Lorenzo , Alfredo Suàrez Fernandez, parente da muller d
Chocolito que agora vive en Verìn. Tamen vin a poesia que dinde
Alemania pasou a miña prima Anxeles del Rio Nieves ca que falo
por telèfono moitos dias.Oxe vou estar ca tua cuñada Begoña e c
con Luis Garcìa Viñela . Vaime acompañar o noso paisan de
Verin Santiago Perez Garcìa Sabugo, meu viciño, unico descendente do acadèmico galego don Marcelo Macìas. un abrazo.
viernes, 26 de marzo de 2010 a las 13:46
|
Respondo a Deli.
Non tomes as cousas como se dicen, porque ás veces falo de suposición lóxica. Do que pasou dende os romanos ata que se asentaron os primeiros terrosinos no lugar de hoxe seguramente pasaron moitas cousas por o lugar. Os celtas e romanos, e en xeral os pobos antigos, preferían facer os poboados nos outeiros porque dise xeito podían vixiar os arredores e saber se viñan inimigos antes de telos enriba das tellas... Nós sabemos que en Portas Abertas houbo un castro (romano ou celta). O lugar é ideal e sabes que se atoparon restos con inscriptas en latín. Tamén moedas. As "sete irmás" que se poden ver dende Flor de Rei eran outros tantos observatorios pasiblemente de Roma, xa que debía haber un camiño para vir de Braganza a Chaves e continuar logo por Bande desviándose cara Braca (Braga) e Auriens (orella=Orense)... Son só suposicións miñas, porque coñecendo un pouco os arredores de Terroso verás que o camiño máis chairo e ó mesmo tempo con boa visibilidade é vindo de Portugal por San Vicente, baixar por o Facho (antorcha), subir por o Valeciño Cruz arriba), atravesar os Mallotes e materse entre os Carballás e a serra para chegar ó castro da Ermita. Escavando nos xestais que dan cara Flor de Rei, ó lado da capela, seguro que se atopan restos das chazas celtas que alí había...
¿Outros poboadores antes do século 18...? Meu pai contaba que lle dicían os vellos que As Touzas era unha carballeira que cubría todo ata a serra. Os Carballás chámanse así por os carballos que sempre houbo alí. Precisamente nun carballo aforcou a tío Salvador, avó de Maruxa, un can (Pistón) que tiña meu pai cando deron a lei de que había que vacunalos ou matalos. Como era moi vello e xa andaba moi mal decidiron matalo da maneira que se facía antes... Na costa da Sancha había carballos, na Gándara unha torgueiras de cinco metros, e seguro que onde se asenta hoxe Terros tamén era un bosque. Os primeiros que alá chegaron seguro que tiñan moita leña á porta de casa para secar os chourizos. Fíxate no que pasa hoxe en día. Pasan cinco anos sen que arda o monte e xa o tes subindo por a escaleira da casa. É o que ten Galicia: déitaste na cama e espertas pendurado dun freixo...
Deixo aqui a cousa porque aburriría tanta palla. O que está escrito, se non hai outra documentación que diga o contrario, é válido sempre. Cando non hai documentos debemos pensar o que puido ser contemplando a paisaxe, os camiños que a cruzan, algunha lenda que pode circular no lugar... Con bon criterio pódese aproximar un pouco á realidade. ¿Nunca fóchedes á Serra e, vendo aqueles penedos empiolados uns enriba de outros en perfecto equilibrio, pensáchedes nos xigantes que andiveron a xogar a facer casiñas con eles? Os Penediños... ¿quén os puxo onde están, que parece que se queren botar a roular ata chegar a Entrasaugas? Ou a fraga das "Sete talladas", que se pode comprobar que o corte coincide perfectamente co do cacho que está ó lado. Seguramente foi un poste de quince ou vinte metros que caíu e partíuse en sete cibos.
Remato aquí. Quen teña dúbidas que rebusque en libros ou vaia pasar unha semana en plan de investigación por o monte e os camiños. Un saúdo para todos.
PacoBarxa.
jueves, 25 de marzo de 2010 a las 21:44
|
FELACIDADES
O primeiro de todo moitas felicidades Paco por ó que che toca ,a boda seguro que preciosa ,pero ó que che espera e pior ,porque a partir de agora tés un fillo mais que manter ,fora de bromas ,alegrome que a gente siga confiando na outra xente ,porque a verdade e que moitos non se casan agora po la desconfianza que hay entre nos e a pesar de todo eu tamen sigo pensando que non todo vai ser malo ,a pesar do que un pasou ,os meus deseos de felicidade pra tua filla Anxela e teu xenro Xosé.
Maruxa e Adelina ,estuben a punto de chamar o Lobatón a ver si sabía algo de vos ,ven chegadas de novo a vosa casa.
Un saudiño pra todos.
jueves, 25 de marzo de 2010 a las 11:37
|
Unha bomba
Paco,
pregúntome cómo será que Terroso non empezou a ser poboado ata o século XIX, si xa estiveron por alí os romanos, moitísimos séculos antes, será que estivo poboada a zona, primeiro, e logo, despoboouse e, máis tarde, volveu a ser repoboada?
Despois deste trabalinguas, vou á historia que vos quero contar: meus tíos, Luisa, Miguel, Manoli e mais eu soíamos ir cara
Os Inxertos, coa facenda, os fins de semana.
Houbo unha temporada en que coincidimos co fillo máis pequeno do Casiano,o Casianiño, que tamén tiñan por alá un prado, aínda que eu non recordo ben se él iba tamén coa facenda ou qué outra cousa iba a facer alá... , o caso e que lle gustaba moito facer enrabear ós rapaces e meus tíos e eu daquela aínda eramos uns nenos, eu tería dez anos e meus tíos pois doce, once e oito, respectivamente.
Un día, a verdade, e que nos enfadou tanto que durante a semana próxima estivemos a idear algo para nos "vengar" das suas bromiñas, ¿e qué se nos ocurriu...?,
pois daquela puñan na televisión unha serie infantil chamada "O Valle Secreto", ou algo así, e imitando ós seus protagonistas que nun dos capítulos creaban unha bomba fétida, nós decidimos crear outra para votarlla ó Casianiño. Confeccionamos a bomba aquela nunha caixiña de mantequilla de tulipán vacía, acórdome moi ben deste detalle, a bomba aquela fixémola misturando pintura azul que xa estaba pasada, bosteira e pis, a verdade e que nos quedara moi lograda...
Chegado o seguinte fin de semana, levamos a "bomba" connosco, moi ilusionados, para tirarlla ó noso "enimigo" cando nos viñera molestar..., o malo foi que o Casianiño xa non volveu ningún fin de semana máis para Os Inxertos, guardamos aquela bomba durante meses nos xestales... ata que nos olvidamos dela xa que o obxectivo a batir non o volvemos a ver por aqueles lugares.
Saúdos a tod@s e ate a próxima,
Adelina
miércoles, 24 de marzo de 2010 a las 22:31
|