Estamos renovando MisPueblos.es
En las próximas semanas tendremos una versión completamente renovada,
mientras tanto no publicaremos actualizaciones.
Disculpen las molestias.

Terroso

Orense - Galicia

NOTICIAS

Si quieres mantenerte informado de lo que ocurre en TERROSO, esta es tu página, puedes añadirla a tu sección de "Favoritos". No sólo encontrarás noticias de Terroso, también te informamos de las localidades mas cercanas donde se vayan generando datos de interés.

Si quieres enviar NOTICIAS relacionadas con Terroso puedes hacerlo. Recuerda que puedes complementar la información con una fotografía.

 

Restaurantes en Terroso

Terroso > Noticias

Da Lucía inda non se dixo todo...

Da Lucía inda non se dixo todo...

Alá por os anos cincuenta inda non fixeran a fonte da eira da Forxa, hoxe praza Anxel Barxa. Eu lémbrome de cando andaban os homes a facer o desterro na finca de doña Herminia, a finca do Mascareñas, ata a do Graciano para enterrar uns tubos de grés por os que viría a auga para a fonte nova. Acórdome de cando os canteiros, o tío Xulio, tío Luís da Felicidade, o Toño da Xoanita e outros, montaron a fonte que hoxe inda sigue a botar da mellor auga que por alí se bebe. Lémbrome que os portugueses de San Vicente criticaban o monumento: "Os galegos ficeron iste paredao e chámanlle fonte"... A fonte fíxose estando Ernesto de pedanio, que tamén fixo a estrada que ía Talaia arriba dende a casa da Luz... Os buratos da pedra onde cae a auga eran pequeniños e moi ben feitos. Aquelo semellaba que o fixeran con máquinas. Pero tiña un problema, xa que a auga salpingaba a todo canto se achegase ós canos. Tiveron que facer uns buratos grandes e poñerlles uns ferros para que os cántaros non caíran dentro. Como está hoxe, máis ou menos... ¿E isto a qué ven? Pois ven a que a xente tamén precisaba da auga antes de ter a fonte nova. Por iso había outras fontes que estaban sempre limpas e ben coidadas. Estaba a fonte de Ó Campo, a da Portelada, na eira do Carburo, outra por riba da casa do tío Adelino, a da casa do Choupín.... e a fonte do Pilo, que é a que hoxe nos trae a conto. Todos sabemos que as fontes baixaban moito no verán e ata algunhas chegaban a secar. A fonte do Pilo era, e sigue sendo, ensosa. Dicían que era moi boa para certas doenzas e por iso case sempre se tiña ben limpa. De feito eu, indo co gando, sempre que pasaba por alí e non había moito trasego de res, metía a man na auga e bebía uns grolos por matar a sede... Pois ó que vou. Todos sabedes onde vivía a Lucía coa tía María, a cabra, os coellos, pitas e algún que outro piollo que sempre se agochaba entre a palla ou as quedellas. Se antes as mulleres levaban pano na cabeza en parte era para que non se viran os piollos a esquiar por a crencha... Pois... un día de agosto, con moi pouca auga no fondo da fonte, vaise a Lucía coller auga. Meteu o caldeiro e non lle chegaba. Entón non se lle ocurre outra cousa que meterse de medio corpo dentro da fonte. Como a pedra do bordo estaba mollada esvarou e alá vai a Lucía de fociños. Non se podía afogar, xa que malamente había para bañar unha rá. Pero o problema tívoo cando quixo sair, que non chegaba a coller a porta. Entón, véndose perdida, empeza a pedir adidiós por se alguén pasaba por alí. Despois de media hora acordándose de todos os santos do ceo alá aparece o Manoelciño, que estivera a sacarlle o leite ás cabras, arte que dominaba moi ben, pois sendo como era cativo metíase debaixo do animal mentres estaba a comer e aquelo nin feito de encargo... O home escoitou os berros da Lucía e alá se vai a fuxir, pois a correr non daría chegado a tempo. A Lucía daba pulos cara arriba por coller as mans de Manoel e inda así non chegaba. Entón o home, de xeonllos na baranda da fonte, alá lle colle os dedos á Lucía. Ela agárrase con forza e puxa cara abaixo. O Manoel, non podendo co peso, alá se vai tamén de cabeza
á fonte. Se chega a ter a auga que sempre tiña en xaneiro xa me contaredes vós o que alí houbera pasado. Quixo Deus que non fose así. O caso é que despois en vez de ún eran dous os que berraban. Axiña se xuntaron alí todos os da eira dos Barxes, a fonte da Cal e algún que outro portugués que pasaba por o lugar despois de mercar na tenda do Roque. Cando os sacaron da fonte semellaban dous pirluises despois dunha tronada nas cabancas dos Pasadoiros...
Isto non está en ningunha historia. É un conto que se me ocurríu a min e moi ben lles puido ter pasado. De todos os xeitos eu non entendo como se apañou Deus para meter unha muller tan grande nun corpo tan pequeno... e o mesmo digo do Manoel.
Que non lle pareza mal a ninguén o conto porque é a miña maneira de acordarme da xente importante da nosa terra. Os demáis tamén eran importantes, inda que non tiveran tanta "salmoira"...
Espero as vosas colaboracións... e, se é posible, poñede o nome ós vosos escritos xa que así sabemos quen somos.
PacoBarxa.

miércoles, 21 de abril de 2010 a las 21:53

 

CONTOS

CONTOS

Hola Novo (identificate) e todos os demais . Cando contache eso dos contos que nos enseñaban cando eramos pequenos,acordeime da tía Dominica , aquela muller gordiña con aqueles colores na cara ,que parecian pintados aposta,que vivia alí o pe da casa do Ferro que se pasaba o día co fuso e ca lán e facendo calcetins que non había quenos aguantara nos pes do que picaban ,solo mos puxo miña mai unha vez e nunca máis , desfixeronme os peciños miudiños que tiña.Cando era tempo do inverño viña cara a miña casa e poñiase máis colorada ainda e mentras facía nos calcetins contabame contos e vellas cantigas (A la verde ,verde ,a la verde oliva.........,
tengo tres ovejas en ...............,ovella que berra bocado que perde ) e algunha das que ti mencionache e eu escribía en unha libreta e cando chegaba meu pai ,poñiame no seu colo a decirllas como si fose algo importantisimo e penso que si que eso ten que ser importante pra nos,no nos esquezamos de esas cousas.
Hasta outra

martes, 20 de abril de 2010 a las 12:38

 

FALANDO DE LUCIA

FALANDO DE LUCIA

Hola a todos, son novo nestas faenas, eu tamén son terrosiño, e como a mayoría dos que participades neste foro, ando a rodar polo mundo. Noraboa a todos por facer medrar o nome do noso pobo e por contribuir a que sexa coñecido, por iso eu tamén quero contribuir con unha serie de cousas que lembro de cando era cativo:

PRIMERO.-A Lucía como todos ben sabedes, era unha muller moi cativa que semellaba unha rapaza, porque era moi miuda, pero era unha persoa moi grnade, xunto a ela nunca había tristura, xa que era unha persoa moi alegre que contagiaba a todos aqueles que tiñan a oportunidade de estar xunto a ela.
Cando eu era pequeno, oin contar que a Lucía sempre estaba a contar contos e o parecer tamén facía veros e poemas, lembrome de un que me contarón e que nunca se me esqueceo:
"Os mozos de Terroso
son poucos e malcontentes
posis levan a maseira dos porcos
atravesada nos dentes".

SEGUNDO.-Tameén escoitei que outra persoa moi alegre e simpatica era a Señora Anxela, nai de Felisa do señor Albino; e que un dia na tienda do señor Manuel Roque unhes Guardiñas Portugueses pedironlle que cantase algo, ela nun principio negavase, pero despois de tanto instir ala votou a su copla que dice como segue:

"Oioay
o meu burro e o seu pai".

TERCEIRO: O Señor Juan tamén tiven a opotunidade de falar moitas veces con él, e a verdade que tamén deixaba moitas cousas que desgraciadamente perderonse, lembrome de un poema que contaba a miudo e que dice como segue:

Por casar yo bien me casaría
pero mujer de mi gusto hallaría

Si es rica por abarienta
Si es pobre por no tener
Si es guapa por no guardarla
y si es fea por no la ver.

A todos os antes mencionados, o meu aprecio e admiración, porque todos foron muy boas persoas, e con esto quero mostrar a miña admiración e agradecemento por pasar con algún de eles momentos fermosos da miña vida.

Un saudo para todos.

viernes, 16 de abril de 2010 a las 19:05

 

A Lucía

A Lucía

Un día perdeuse a Lucía camiño dos Mallotes. Despois de buscala toda a noite atopárona de mañán a durmir dentro do nino dunha carriza. Parecería verdade se non fose unha esaxeración a destempo. E o máis importante foi que a carriza estaba a durmir no colo da Lucía...

¡Iste Paco..!

jueves, 08 de abril de 2010 a las 22:16

 

Xa que falas da Lucía...

Xa que falas da Lucía...

Cando eu era pequeno ía co meu irmao Luís cara os Inxertos co gando. Acompañando á Roxa e a Peinada sempre había algunha Cereixa ou Marela, que case sempre acababa na feira para xuntar cartos e pagar a contrebución e o bacallao que se mercaba en san Vicente na tenda da señora Amelia e outras... Se tiñas a sorte de que non te collera o Barrosón ou os civís de arriba, cunha daquelas follas de peixe salgado chegábache para medio inverno... Pois raro era o día que non fose tamén a Lucía, o tío Salvador (avó da Maruxa) e o Manoelciño. Acórdome, falando co Manoel, que nos contaba contos para rir e espatexar. Dicía que il era tan pequeno porque unha noite súa nai deixouno esquecido nunha leira de repolos. Como en Terroso tiñan o costume de poñerlle unha pedra enriba ós repolos para que enrepolasen ben, tamén lle puxo súa nai, sen darse conta, un seixo no couquizo. Aquela noite orballou e cando espertou o Manuel estaba encollido. E así quedou para toda a vida. De feito cando non quería que o visen metíase entre as ovellas e xa podías matarte que non aparecía. A Lucía era algo parecido. Por a mañán cando calzaba unha zoca xa non tiña que meter na outra... Cando chovía metíase debaixo da cabra e chegaba enxuta a casa como se fixera sol. E cando quentaba o sol achegábase ó animal por onde daba a sombra e alí a tiñas tan fresca. Un día fomos todos cara a Cervatela, detrás do Ladeirón. O gando andaba a comer nas carqueixas e queirugas mentres os rapaces xogabamos ó que sempre se xogaba: á fite, ós vedrellos, ó "juejiño" ou tres en raia... Nunha destas a Lucía foi cagar e púxose detrás dunha carqueixa. Os demáis seguimos ó noso. Entón unha vaca do tío Aselme de Soutocobo foi comer na carqueixa. Non sabedes o susto que se levou o pobre do animal cando ó botar a boca para comer a carqueixa se atopou coa cabeza da Lucía que case lle acaba no bandullo... Na seitura se te puñas a mirar cara a leira onde estaba a segar a Lucía tiñas a sensación de que eran os ratos os que estaban a cortar a palla porque non vías a naide... Non quero seguir a dicir cousas porque son só suposicións que nada teñen que ver no caso, inda que ven lle podían ter pasado. De feito a miña tía Paquita, que vivía ó Campo detrás da casa do tío Xosé "Curita", tamén era tan pequena que non lle cabía a menor duda. Meu irmao Pepe collíaa no colo e subíaa por a escaleira como se fora unha meniña... Todos eles e elas, pequenos de corpo, eran personas do mellor que fixo Deus. As flores máis pequenas son as que cheiran mellor. Vai por todos eles co meu agarimo...

PacoBarxa.

martes, 06 de abril de 2010 a las 22:50

Tienes mas noticias cerca de aqu�, en Arzadigos, Villardevos y Soutochao.

Página generada el martes, 26 de noviembre de 2024 a las 23:25:08
© Mis Pueblos, S.R.L. 2006. Todos los derechos reservados. info@mispueblos.es - AVISO LEGAL - QUIÉNES SOMOS - ANÚNCIATE