Estamos renovando MisPueblos.es
En las próximas semanas tendremos una versión completamente renovada,
mientras tanto no publicaremos actualizaciones.
Disculpen las molestias.

Terroso

Orense - Galicia

NOTICIAS

Si quieres mantenerte informado de lo que ocurre en TERROSO, esta es tu página, puedes añadirla a tu sección de "Favoritos". No sólo encontrarás noticias de Terroso, también te informamos de las localidades mas cercanas donde se vayan generando datos de interés.

Si quieres enviar NOTICIAS relacionadas con Terroso puedes hacerlo. Recuerda que puedes complementar la información con una fotografía.

 

Restaurantes en Terroso

Terroso > Noticias

GRACIAS

GRACIAS

Boas tardes , gracias por as respostas e cumplidos , en catalan manejome millor que en galego , fai casi 25 anos que vivo en estas Cataluñas , e os meus fillos naceron catalans , a miña filla que ten 20 anos fala en galego si se pon , meu fillo non tanto, pero eu ejerzo de galega , aunque po lo traballo me toque dominar o catalan.
Un saudo

martes, 27 de abril de 2010 a las 19:28

 

A Porfica

A Porfica

Pois sí, a tia Lucia e a tia Maria eran hirmans de meu abó Salvador. Sei que as duas eran pequeniñas, pero eu a tia Maria xa non a conocín.Vivían as duas xuntas donde oxe vive miña tia Manuela tamén alí vivían meus abós,eran duas casas pegadas con un chapitel de diante .....
DE quen vou a falar oxe e da Purfica aquela muller que vivia o ladiño da miña casa,e que estaba bastante tulleita,meu pai cargaba con ela as costas pra levala dun lado a outro. OS rapaces do barrio,andábamos por casa dela como si fose a nosa. Meu hirmán Pepe,tiña cinco ou seis anos e íballe a buscar auga ou facer alguha cousiña e a Purfica daballe un tragiño de QUINA ou algún viño dulce que acostumaba a ter sempre, un dia díxolle vai alí onda cama que teño alí o viño, o rapaz foi e xa non llo trougo a Purfica púxose a beber abrindo ben a gola con tan mala sorte que con fundiuse de botella e en vez de beber da do viño, bebeu da que tiña o gas pro candíl,nesto que ven o rapaz medio afogado para casa,a miña mai xa choraba porque o rapaz faltáballe alento e pensaba que morria.
Saudos

martes, 27 de abril de 2010 a las 0:11

 

Outra vez... a Lucía.

Outra vez... a Lucía.

A Lucía era unha muller pequeniña, que cando chovía emburallábase nun mantón e andaba coma se fose un belouriño de lan. Imaxínate o ET con mantón de Manila... As que máis a trataban eran as fillas do tío Salvador, Marcedes e Manuela, que vivían na eira dos Barxes e sempre andaban xuntas. Dille á Maruxa que che conte ela algo do que sabe súa nai, que non é pouco. Penso que a Mercedes é hoxe en Terroso quen máis sabe dos vellos de outros tempos...
A herba da que falas, que contrarresta o picor das estrugas (ortigas) é o meldrasto, que en outras partes chaman "láudano". É unha herba medicinal que ten varias aplicacións, ademáis de cheirar ben e quitar a urticaria. E falando de ortigas, o que pica non son os pinchos senon o líquido que soltan. Ven sendo o mesmo que o do aguillón das abellas...
Na fonte de ó Campo tamén había moito "agrión", que a xente confunde cos berros e cos canánigos, eses curas gordos que cantaban, cando os houbo, nas catedrais. (Isto é unha broma). Os canónigos son isas herbas que se misturan con leiturgas, acedas, leitugas, e... o que lle botes para confeccionar unha boa ensalgada...
¿Aclarado o conto..? Mañán outra cousa.
Adíu, maca. (Non sei ben que quere dicir maca, inda que se ouve moito). Ciao.

PacoBarxa

sábado, 24 de abril de 2010 a las 12:01

 

UNHA RESPOSTA

UNHA RESPOSTA

Estou a darlle voltas a miña maquina de pensar e non sei si e porque estandes falando tanto de ela ,que non sei si me acordo ou non da tia Lucía ¿Onde vivía ,de quen era familia?.Teño dúdas,necesito respostas.
Do tío Panchico acordome ben ,daquelas escaleiras onde vivía todas empinadas,vendian sellos e tabaco se mal non recordo.
Contando eso das fontes que se tiñan limpas ,o outro ano eu quería enseñarllas os meus fillos ,costoume atopalas ,estaban tapadas por zarzas e herbas.
Cando era pequeniña pasaba horas o pe da fonte de o campo, e o lado que había aquela poza que a xente fregaba nela ,e cada día me ortigaba e a tía María do tío Rogelio ,frotaba con outra herba ,parecida o poléo`pra que non me picase.
A Generosa do tío Caseano e os seus irmaus pasaban o día enteiro collendo auga desta fonte con unha xarra grande de color azul,desde ben pequenos ,eu miraba desde aquela galería que ten aquela casa onde nacin.Outra cousa que recordo e cando chegaban os burros e cabalos que facian parada alí ´,pra dar voltas .
Adeu

jueves, 22 de abril de 2010 a las 17:53

 

O panico do Panchico.

O panico do Panchico.

Xa haberá poucos que se acorden dos panicos e das pezas de pan trigo que antes se mercaban nas tendas. Era algo tan desexado cando só se cocía centeo que ún daba a mitade de un dente para que a outra mitade tivera que comer. Era unha larpeirada que non sempre se podía disfrutar. Contaba meu pai que sendo eles máis ou menos mozos facían unhas apostas un tanto bárbaras. Consistía unha delas en comer unha peza de pan dando unha volta á igrexa. Visto así parece que non tiña moitos problemas. Mais o caso non acababa aquí. O que comía corría diante de outro que levaba unha estaca na man e se o collía... ¡pau no lombo! Normalmente eran poucos os que se atrevían á carreira... Había un home, que moitos inda lembrades, pai da Margarita, que corría coma un coello. Era fraco, coas pernas largas e con ganas de troula... Despois do concello que se facía á Porta da Tulla os domingos sempre se que daban os homes por darse un pouco de parola e falar das cousas que pasaban. Bebían uns grolos nas tendas e facían aposta coma isa de comer a codia de trigo. O Panchico sempre se apuntaba, xa que se non lle daban co pau nas costas comía gratis et amore, amáis de beber un bon cazolo de viño... ou o que lle botaran. Pois parece ser que ó fin alguén lle bateu co pau no cú e deixou de correr...
Se alguén sabe máis do conto pode completalo, xa que eu só me lembro do que me contaba meu pai cando era pequeno...
Mañán xogamos á fite, se non vos importa, e podemos ir a eira dos Barxes. Que alguén vaia preparando os "vintes" e as "fites". Eu inda teño boa puntería...
Un saúdo.

PacoBarxa.

jueves, 22 de abril de 2010 a las 11:58

Tienes mas noticias cerca de aqu�, en Arzadigos, Villardevos y Soutochao.

Página generada el martes, 26 de noviembre de 2024 a las 23:29:42
© Mis Pueblos, S.R.L. 2006. Todos los derechos reservados. info@mispueblos.es - AVISO LEGAL - QUIÉNES SOMOS - ANÚNCIATE