Estamos renovando MisPueblos.es
En las próximas semanas tendremos una versión completamente renovada,
mientras tanto no publicaremos actualizaciones.
Disculpen las molestias.

Terroso

Orense - Galicia

NOTICIAS

Si quieres mantenerte informado de lo que ocurre en TERROSO, esta es tu página, puedes añadirla a tu sección de "Favoritos". No sólo encontrarás noticias de Terroso, también te informamos de las localidades mas cercanas donde se vayan generando datos de interés.

Si quieres enviar NOTICIAS relacionadas con Terroso puedes hacerlo. Recuerda que puedes complementar la información con una fotografía.

 

Restaurantes en Terroso

Terroso > Noticias

Luar...

Luar...

Era un cadelo que levou unha vida de can. Cando te erguías á mañán podíalo ver na porta da casa co rabo erguido, como dicindo "xa vai sendo hora de que me deas o almorzo"... Pero cando te erguías ti xa il fora escurrizar o sono e algunha que outra pita que se atrevía a sair á rúa sin permiso do galo. Un día dos que pasamos en Terroso, eu e a miña familia de Vigo, fomos mexer a canga cara Soutocobo ás dez da noite. O camiño de ida inda se podía levar ben porque había claridade. A volta xa se puxo un tanto rara. O can meteuse por os xestais na procura de algún coello dormido por romperlle o sono. Os que iamos no grupo falabamos dos lobos e do home do saco, que viña de noite e levaba... un mocazo se se puña a tiro. Alguén de nós sentíu aquelo que se sinte na pá do pescozo, algo asi como se algún trasgo che cofeara o couquizo, baixando por a suán ata as cachas do cú. E o medo ía medrando ó paso dos contos ata que estourou coma un foguete ó sair o dichoso cadelo mesmo diante de nós a correr detrás de un lagarto de medio metro. O susto foi tal que non paramos de correr ata a casa do Eladio, porque nas outras non se vía luz algunha. ¡Mesmo a casa da Luz, a do Xulio, estaba ás escuras! E cando a casa da Luz estaba ás escuras era porque pasou por alí o de Fenosa a quitar os fundibles... Pois o Luar xa se foi. Déronlle traballo nas estrelas, alá perto da Osa Pequena, que a grande non precisa que a defendan. Il prefería ir ó Carro, pero como non ten estadullos... nin treitoiras, nin coucóns, nin chedeiro... Xa sei que para moitos estou a falar en mozárabe, inda que estaría ben que non se esquecera a xente de como se fai un carro porque ó paso que imos... vaise escachar todo e haberá que empezar de novo. E sabendo como se fan as relleiras, as cambas, os mións e as chavellas... Eu seino porque meu pai era carpinteiro e deixoume un caderno con todas as pezas do carro e as súas correspondentes medidas, incluídas as madeiras de cada peza do carro... O Luar era o can do Xerardo e tamén dos demáis, que sempre visitaba ós amigos porque os quería e ós inimigos para dicirlles que non barullasen tanto de noite, que a xente andaba cansa do traballo do día e precisaba descansar durmindo ben. Morreu de vello. E os cans son animaliños coma nós...

PacoBarxa

sábado, 26 de junio de 2010 a las 21:49

 

Xente que xa non esta

Xente que xa non esta

Fai moitos meses que non escibo nada nesta paxina, pero leo cada paso o que contades, gustame moito que faledes dos nosos antepasados poreso os que sabedes tantas historias, animovos aque as sigades contando e unsaudo a paco barxa que non teño o gusto de conocelo pero gustame moito o que escribe.

jueves, 24 de junio de 2010 a las 22:04

 

AS RAICES

AS RAICES

Boas tardes a todos , xa fai días que ando toda apurada para todos os lados e nón teño tempo de asomarme a vosa ventana ,pero nón me esquezo de vos.
A proposito do que pon o Paco,xa o digo moitas veces nunca un se debe olvidar de donde ves e quen eres .O outro día que morreu Saramago e contou que seus abos tiñan porcos e cando parían as porcas un porquiño mais indefenso metiano na cama con eles ,pra que non morrese de frio ,pensade que quen conta eso era unha personalidad no mundo das letras e contao poque e parte da sua vida .Eu sempre digo que son de Terroso e cando queren saber mais ,xa digo Villardevos ,Verin ,Orense e Galicia ,pero si non enpezo por o nombre do pueblo cando chegase a el ,os demais non se enterarian do que eu quero que sepan .Como sabedes en Terroso puxose a auga nas casas sendo eu pequena e a min non me da vergonza decir que eso foi así ,o outro día comtaba eso e os outros mirabanme e todos eran mais vellos que eu ,andaluces ,extremeños e outros querian facer ver que nos seus pueblos non era así cando vexo esos chamizos donde vivian cando eran pequenos ,riome por dentro ,a eso xamolle incultura.Contade mais cousas ,seguro que tendes moitas.
Que importante e o noso pasado ,gracias a el ,ahora podemos falar de progreso e de futuro.
Un abrazo pra todos.

lunes, 21 de junio de 2010 a las 18:00

 

A casa máis vella...

A casa máis vella...

Conviña que os que ides entrando na páxina empecéis lendo todo o que xa se publicou dende o comenzo para non repetir cousas que xa dixeron outros. Da casa do Choupín xa falei hai meses e da orixe de Terroso tamén. Eu non aportei documentación ningunha porque non debe haber moito escrito sobre os primeiros tempos do pobo. Ó mellor nos libros da igrexa, dos rexistros de nacementos, hai algo que dea luz ó asunto...
En tempos a xente raramente deixaba nota do que se ía facendo e por iso agora non sabemos de certo nada. Moitas cousas podemos supoñelas por a maneira de as teren feito. Os que teñades acceso a documentación do pobo, porque vivides perto de museos ou bibliotecas que conteñan material de Galicia, conviña que vísedes a maneira de trasmitilo a todos. E o que o desexe pode ir gardando istas páxinas coa copiadora para deixar algo "escrito", porque se falla a "luz" e as pilas o mundo inda vai quedar máis ás escuras do que estamos nós agora respecto a culturas das que só quedan xeroglíficos ou monumentos de pedra... Sei que algúns podedes transmitir con facilidade as cousas para que os vosos netos non se queden coa boca aberta cando lles falen da Fraga do Esvaradoiro, ou dos Penediños, A Fraga das Sete Talladas, A Poula da Mallada, A Pala ou a Cabanca do Potiño. Só na Serra hai para encher un libro de cincocentas follas... E as ceboliñas da zorra, que tanto poñen nos bares con sabor a vinagre; e os arreixós, as acedas, o agrión, as saltapalletas, que para atopar unha tiñas que rexistrar todo un carballo e raramente a dabas atopado. Que non se perda a tradición para que os nacidos nise recantiño da terra, saiban no futuro que Terroso está no planeta Terra e forma parte do Universo onde todo é fermoso.
Adiante e cando escribais algo é mellor que poñades algún nome por saber todos de quen se trata. Ista é unha maneira bonita de estar en contacto e de saber úns dos outros.
PacoBarxa.

viernes, 18 de junio de 2010 a las 15:53

 

A CASA MAIS VELLA

A CASA MAIS VELLA

SABIADES QUE A CASA MAIS VELLA DE TERROSO ERA DO TIO CHOUPIN, POIS CONTAN OS MAIS VELLOS QUE ANTIGAMENTE O POBO ESTABA SITUADO EN VILLARDESEU E CANDO SE MUDARON OS ANTEPASADOS, ONDE SE ENCONTRA OXE O POVO, A PRIMEIRA CASA QUE SE CONSTRUIU FOI A DO CHOUPIN.

lunes, 14 de junio de 2010 a las 20:41

Tienes mas noticias cerca de aqu�, en Arzadigos, Villardevos y Soutochao.

Página generada el martes, 26 de noviembre de 2024 a las 23:32:33
© Mis Pueblos, S.R.L. 2006. Todos los derechos reservados. info@mispueblos.es - AVISO LEGAL - QUIÉNES SOMOS - ANÚNCIATE