Estamos renovando MisPueblos.es
En las próximas semanas tendremos una versión completamente renovada,
mientras tanto no publicaremos actualizaciones.
Disculpen las molestias.

Terroso

Orense - Galicia

NOTICIAS

Si quieres mantenerte informado de lo que ocurre en TERROSO, esta es tu página, puedes añadirla a tu sección de "Favoritos". No sólo encontrarás noticias de Terroso, también te informamos de las localidades mas cercanas donde se vayan generando datos de interés.

Si quieres enviar NOTICIAS relacionadas con Terroso puedes hacerlo. Recuerda que puedes complementar la información con una fotografía.

 

Restaurantes en Terroso

Terroso > Noticias

boas vacacions

boas vacacions

As festas en Terroso que eu recorde,sempre foron o Corpus e a Candelaria,ainda que por os anos 83 ou 84 fíxose tamén outra no mes do agosto que decian era a dos emigrantes, pois era cando case todos coincidiamos en Terroso.Recordoa ben porque viñera a éla o meu home, daquela éramos noivos e fartarámonos de bailar o carón da escola.Eu por o xeral o mes de agosto paso en Terroso menos unha semana que estamos por terras de Lugo co a familia de Hilario [o meu home].Por certo o vindeiro sabado xa estaremos por alá ata finais de agosto, os que por alí andedes xa nos veremos e os que non, que teñades boas vacacions donde sexa saudos

domingo, 18 de julio de 2010 a las 20:37

 

A seitura.

A seitura.

Acórdome como se fora hoxe. Eu debía ter catorce anos e foi nas vacacións. Xa levaba dous anos en Astorga estudando no cole dos frades que me ensinaron o pouco que sei. Nada máis chegar estaba meu pai a afiar as fouces para cortarlle as pernas á palla, tan necesaria na vida de aqueles tempos. E tocaba ir segar ó souto de Valdecarrís. Debaixo dos castiñeiros inda se aguantaba a chamusquina nun día no que se podían fretir ovos enriba das pedras. Saímos cedo de casa para que o torreiro do Facho non nos afogara antes de chegar á leira. Meu pai, o tío Carpinteiro, antes de empezar a segar unha leira sempre se fixaba de onde sopraba o vento para que non lle batera a palla na cara. Unha vez convencido da estratexia empezou a puxar da fouce, en compaña de miña nai e da miña irmá Carme. O ferro ruxía na palla e víase cair en copelas ben postas para logo facilitar o atado... Cando quixen botar man dunha fouce que sempre había de máis, meu pai díxome: "Vai coller cornizós para venderlle ó tío Roque. Se xuntas moitos mércoche un realexo para que leves ó colexio"... Eu non quería un realexo nin tampouco unha gaita. ¡Eu quería un fouciño e aprender a cortarlle a cabeza ó rolo e o vico ó papagaio, como dicía a canción que tanto ouvira en Vilardeseu ós pastores portugueses que se achegaban á raia para ceibar as lamas dos galegos! Vendo meu pai que a miña testa era tan dura como a súa alá me dá un fouciño e dime que vaia segar alá arriba, perto do camiño, onde a palla era baixiña e non había perigo de estragar a colleita. Eu alá empecei a darlle á man e enzangallaba máis que un fato de cordeiros soltos. Custoume un chisco collerlle o xeito, inda que axiña me decatei de que o máis importante era non enxertar as mans... Cando me din conta estaba eu debruzado enriba dunha copela de palla e por o que dicía miña nai debín durmir máis de unha hora. Espertáronme porque debaixo dun castiñeiro longal que estaba fóra da leira tiñan preparada a mesa para xantar. ¡Qué ben sabían aquelas sardiñas en lata de dous quilos, cunha ceboliña picada e anacos de chouriza con charruscas recén fritidas por miña nai...! Daquela ata os rapaces bebiamos viño, aquel viño tan xeneroso que só se metía cos maiores porque erguían o cotobelo máis da conta, e sabía tan ben... Despois de comer todos botaron unha soneca para librarnos do calor da sesta. Eu non facía máis que mirar cara o fouciño por atopar a maneira máis sinxela de cortar a palla sen que me saíran bóchegas nas mans... Máis tarde todos empezamos a "bourar" na leira esixíndolle que soltara o pan que tanto traballo dera para sementalo, aricalo, entrecollelo e gardalo de vez en cando para que o gando non o atropallara. Ó fin a leira, grande ela coma un campo de futbol, rendíuse á fouce a acabou o día deitada... Do que sí me acordo é de que alguén nos axudou a facer os medoucos porque se botaba a noite enriba e non conviña que os mollos quedasen espallados por a leira adiante. Ata penso recordar que foron os do tío Larocas, que dito así non ten moita gracia xa que seguramente poucos de vós sabedes quen foi. E o bonito era cando se animaba a xente e empezaban a aleilar. Da xente que ainda anda por Terroso acórdome da Merche e da súa irmá Manola que cantaban enchendo a seitura de ledicia e barullo. ¡E a cousa era contaxiosa porque abondaba que empezase ún para que se puxeran a cantar todos os montes! E había coplas para todos os gostos. Foi unha pena que non se recollera toda aquela sabeduría popular que foi morrendo pouco a pouco coa xente que pasou ó plano da invisibilidade. Eu penso que non morremos, senon que nos tornamos invisibles. Pode que teña razón... xa que ás veces parece coma que alguén che está a cofear no couquizo querendo dicirche algo que non acabas de entender...
Hoxe a seitura redúcese a montarse nunha colleitadora, escoitando música e vendo como cae por unha banda a palla trillada e o grao en sacos por outra. Por algo se fixeron as máquinas...
Que se anime alguén a falar da acarrexa, das mallas, da limpa e de cando o tío Xe Muiñeiro andaba todo enlarafuzado de fariña por cobrar unhas maquías e permitir que a xente fixera o pan noso de cada xornada. Aquelas empanadas de chourizo, con lardiños de touciño fritido e pementos con ceboliñas tenras... ¡Ai miña nai, que se perden os mellores costumes da nosa terra! Eramos pobres, inda que ninguén nos ganaba en humanidade e boa compostura. ¡Árdelle o eixe, tío Salvador, bótelle viño que quenta as treitoiras e fai que canten os coucóns!

PacoBarxa.

jueves, 15 de julio de 2010 a las 14:03

 

FESTAS

FESTAS

Falando da festa fai que non estou en unha festa en Terroso desde o ano 86 ,e xa todo eso era moderno ,aunque recordo muy ben os de Moialde e os gitanos das barcas que meu pai se encargaba de transportar.O outro día pensaba que as festas en Terroso facianse en diferentes sitios cando era pequena ,cantos recordos.
Por certo ,non se facía unha festa no mes de Agosto, que día será?

Hasta outra

lunes, 12 de julio de 2010 a las 12:57

 

Un saúdo...

Un saúdo...

Xa van días calado e non quero que pensedes que me esquezo de escribir. Como anda o tempo un pouco revolto non teño ganas de nada. Ás veces penso na fonte da travesa dos Inxertos para meter nela os fociños e deixar que a auga me refresque as golas. Pasou a festa sin poder ir a ela e supoño que todos os que puideron ir o pasarían ben...
Acórdome cando o Bruno traía á xente de calle co seu punteiro e cando viñan os de Moialde a fuchicarlle no vento ós instrumentos... Agora chega un camión que case non cabe por a estrada, monta unha carpa case más grande que o pobo e enchen o termo cos berros dos altavoces, con música de sabe Deus quen... Son os tempos de agora, que confunden o arte coas pulgas dos coellos... ¡Éche o que hai, Manola!
Boas festas e que non ardan as xestas.
PacoBarxa.

viernes, 09 de julio de 2010 a las 21:23

 

Moi boa festa a todos!!!!

Moi boa festa a todos!!!!

Hola, xa hai tempo que non escribo aquí, aínda que a ler si que entro, sí; un día de estos escribirei algunha cousa, perdede coidado. Non me esquezo que este fin de semana é a festa do noso pueblo, por eso quero desexarvos a todos os terrosanos/as uns moi felices
días de festa, estedes ou non no pueblo ( mellor se estades, claro, eu non estarei, xa fai anos que non vou, uns sete anos..., pufff, cómo pasan os anos! ).
¡¡¡Que disfrutedes moito!!! hasta o ano que ven non hai outra festa.
Bicos e apertas,
Adelina ( Deli )

viernes, 02 de julio de 2010 a las 0:04

Tienes mas noticias cerca de aqu�, en Arzadigos, Villardevos y Soutochao.

Página generada el martes, 26 de noviembre de 2024 a las 22:25:31
© Mis Pueblos, S.R.L. 2006. Todos los derechos reservados. info@mispueblos.es - AVISO LEGAL - QUIÉNES SOMOS - ANÚNCIATE