Estamos renovando MisPueblos.es
En las próximas semanas tendremos una versión completamente renovada,
mientras tanto no publicaremos actualizaciones.
Disculpen las molestias.

Terroso

Orense - Galicia

NOTICIAS

Si quieres mantenerte informado de lo que ocurre en TERROSO, esta es tu página, puedes añadirla a tu sección de "Favoritos". No sólo encontrarás noticias de Terroso, también te informamos de las localidades mas cercanas donde se vayan generando datos de interés.

Si quieres enviar NOTICIAS relacionadas con Terroso puedes hacerlo. Recuerda que puedes complementar la información con una fotografía.

 

Restaurantes en Terroso

Terroso > Noticias

Onde se metería a xente...

Onde se metería a xente...

Vexo que a vendima vos ten a todos moi ocupados. Aquelas viñas de O Cabanco, cheas de mencía, cariñena, dona branca e outros galelos, bastardos uns, enxertos outros poucos, sempre estarán no meu recordo. Non sei se por influencia dos dictámenes de Bruxelas ou por falta de traballadores é unha verdadeira barbaridade que se teñan de lado unhas terras tan boas para viño como son todo o val do Cabanco, Lagares, a Cócara, o fondo do Carmanchón e do Ladeirón. Tamén na Cervatela se daba bon viño. Ó mellor dentro de moitos anos alguén se dará conta de que nesas terras se pode volver prantar viñedo. Antes na Peneda de Lagares había viñas nas que se pisaba a gardaba o viño colleitado en todo aquel val, dende tras do Facho ata o fondo de Lagares e dende a Ladeira Pequena ata o monte do tío Celerique. Incluso tras da Portela había boas viñas que daban bon froito. Xa sei que agora os tempos non están moito para filosofar. Pero estaría ben que alguén manteña a tradición de que nas terras de lascas de Terroso existe unha mina de viño que só é preciso explotar.
E falando de vos, os que escribides e lendes estas cousas, vai sendo tempo de que fagais un esforzo para que todos disfrutemos das vosas noticias.
Agárdovos aquí.

PacoBarxa.

viernes, 03 de septiembre de 2010 a las 20:51

 

O carro dos bois.

O carro dos bois.

Podendes ler na páxina de Vilardevós algo do carro. Foise para Vilardevós porque había tormenta na serra e non o deixaron pasar os tronos. Así sabedes que en Vilardevós tamén hai quen escriba.
Hai fotos novas que acabo de pasar, inda que se parecen un chisco a outras xa publicadas. Un saúdo.
PacoBarxa.

miércoles, 18 de agosto de 2010 a las 13:05

 

O ramo de "azahar" da seitura

O ramo de

Hola a todos!
xa de volta por aquí, que hai un tempo que non escribo...,o cal non quere dicir que me esquecera da páxina, nin dos escribintes nela, nin de Terroso... Hai uns días estiven por Andalucía e coñecín a flor de azahar, e xa que Paco falas da seitura, pois véuseme a memoria aquilo do ramo de "azahar" das seituras, que se traía para casa despois de rematados os traballos da mesma, ¿era así ou non?
Saúdos,

Adelina

jueves, 12 de agosto de 2010 a las 14:28

 

ADIANTE ESA EXPEDICION

ADIANTE ESA EXPEDICION

Estaba pensando en facer algo así ,os meus irmaus estan por Terroso pero o de camiñar e moverse non o faran, eu si podo ir algún día teño toda a intención de camiñar por aquelas terras, que teñen moito que ver e fotografiar e non estar todo o día decindo que aburrimento, poqe por alí hay cousas que ver, encontrei o outro día unhas cascadas que pon que estan en Villardevos e pareceronme interesantes.Haber si entre todos podemos xuntar algo do pueblo que se de a conocer , tal como é.
A Luisa do tío Mario ten un montón de fotos de Terroso colgadas, muy interesantes.
Xa contareis

miércoles, 04 de agosto de 2010 a las 11:28

 

A Terroso vou, lixeiriño...

A Terroso vou, lixeiriño...

Haberá que dar unha volta por a terra das Penas Libres. Xa sei que moitos dos que andades por fóra tamén votades de menos o poder visitar o voso lar. A morriña é moitas veces máis forte que a distancia e facemos o que estéa nas nosas mans para voltar a casa no verán. Pois alá iremos, se o tgempo nos deixa... Quero recoller algún material para logo ir expoñéndoo nesta páxina que tanto lles gusta a case todos. Se podo penso correr a Serra toda na procura de figuras de pedra e outas travesuras que recordo de pequeno. Vós tamén podedes facer outro tanto con só ter unha cámara e ganas de camiñar. A ver o que sae...
Un saúdo a todos.
PacoBarxa.

domingo, 01 de agosto de 2010 a las 9:22

Tienes mas noticias cerca de aqu�, en Arzadigos, Villardevos y Soutochao.

Página generada el martes, 26 de noviembre de 2024 a las 22:24:28
© Mis Pueblos, S.R.L. 2006. Todos los derechos reservados. info@mispueblos.es - AVISO LEGAL - QUIÉNES SOMOS - ANÚNCIATE