Estamos renovando MisPueblos.es
En las próximas semanas tendremos una versión completamente renovada,
mientras tanto no publicaremos actualizaciones.
Disculpen las molestias.

Terroso

Orense - Galicia

NOTICIAS

Si quieres mantenerte informado de lo que ocurre en TERROSO, esta es tu página, puedes añadirla a tu sección de "Favoritos". No sólo encontrarás noticias de Terroso, también te informamos de las localidades mas cercanas donde se vayan generando datos de interés.

Si quieres enviar NOTICIAS relacionadas con Terroso puedes hacerlo. Recuerda que puedes complementar la información con una fotografía.

 

Restaurantes en Terroso

Terroso > Noticias

ODA A TERROSO

ODA A TERROSO

Terroso, mí pueblo, la tierra de mi infancia, la tierra que al pensar en ella mi corazón late más de prisa, la tierra a la que no sé cuándo volveré. Recuerdo los amaneceres en la sierra, cuándo en el mes de septiembre se iba a recoger las patatas y al amanecer el sol parecía que cabalgaba sobre los lomos de los montes de Rexosende y Soutochao, claro que de eso hace tanto tiempo que igual a cambiado y ya nada es lo que era. Terroso en 1950 - 1960 era un pueblo lleno de vida y los campos siempre estaban llenos de gente trabajando, no habia ni una sola leira que no estuviese sembrada y en la siega los segadores cantaban cantigas, mi tío Ignacio siempre cantaba la misma que a mí me gustaba mucho.
Bueno esta es la coplilla tal cual la cantaba mi tío.
Ay queroche porque non comes
Ay que del aire te mantienes
te dejas morir de hambre por dejarme lo que tienes
A que es preciosa, aún que un poco interesada.
Siento no escribir en gallego pero soy una analfabeta en mi lengua materna, me cuesta un momton leer en gallego y algunas cosas no las entiendo, calro que mi lectura en gallego se reduce a esta pagina y unos versos de Rosali Castro.

Olimpia

miércoles, 29 de septiembre de 2010 a las 16:49

 

A sementeira.

A sementeira.

Inda non acababan as vendimas xa estaban as mulleres a turrar nos homes coma os carneiros para que lle fosen cambiar as abiacas ó arado, para que desenferruxasen a charrúa e lle botasen un caneco de viño novo ó corpo, que sempre era o máis necesitado. Nos tempos en que Terroso era un formigueiro de homes, bestas e contrabandistas a xente tiña que sementar o pan se no san Xoán quería botarlle a fouce ó pan... As tarefas da sementeira eran longas: primeiro había que arrincar o esterco das cortes e levalo ás leiras, onde se esparexía coas espalladoiras e logo enterraba cunha boa pasada de arado e agradón. Era un traballo que había que facer ben, xa que dependía dil a boa colleita do ano, sempre que non houbera calamidades naturais... O grao que caía en boa terra axiña asomaba o fociño e a mes medraba ata que as xiadas de novembro lle queimaban as orellas. Na colleita das castañas a mes debía ter case dez centímetros, ou máis, xa que as cousas ían collidas da man unhas con outras. E como os castiñeiros estaban nas leiras... debíase ter conta de non enzangallar moito para non estragar a mes recén nacida.
Para facer a sementeira había unhas cestas especiais feitas de palla e bimbios que non tiñan buratos por os que escapar os graos de centeo ou trigo. Se se sementaba máis centeo que trigo era máis ben por mor da palla, tan necesaria na vida dos labregos galegos. Con ela colmábanse as adegas, os palleiros, estrumábanse as cortes para logo estercar as leiras e na matanza para chamuscar os marraus e sacarlles a "sortella", que viña sendo unha limpeza do cu-lariño para que o pobre animal non se esforricase despois de morto. Xa sei que hoxe inda se sigue facendo onde hai galegos herdeiros das tradicións. O que pasa é que, con tanta lexislación proveñente de Bruxelas, a uniformidade da xente vai ser tal que será difícil saber quen é quen se non lle miras o código de barras. ¡Tanta uniformidade inda vai traer guerras! E se non ... o tempo o dirá.
Seremos como as roquiñas ou as cagachetas dos coellos...
¡Xa está ben de criticar!
Que alguén me bote unha man porque a páxina está a quedarse moi solitaria. Non penso que custe moito, nin en tempo nin en diñeiro, escribir dez minutos sobre algo que a ún se lle acurra. Calquera cousa que digamos, por miúda que sexa, indica que hai xente viva no mundo. E mira que somos moitos os procendentes de Terroso, directos ou descendentes. Un saúdo para todos e convídovos a seguir facendo que a nosa terriña se deixe ver no mundo.
PacoBarxa.

martes, 28 de septiembre de 2010 a las 21:30

 

O ramo do "azahar".

O ramo do

Non facía falla que foses a Andalucía para coñecer a flor da laranxeira. Meu pai tiña dúas na leira ó pé de casa e cando florecía enchía de recendo todo o recanto. Certo é que nas terras do sur abondan máis que por Galicia, inda que poderías velas en calquera vila das nosas. En Andalucía o azahar ten un sinbolismo herdado dos tempos da morería, que cultivaban o laranxo, non só para alimenarse dil senon tamén como relaxante oloroso dos seus xardíns. Falo da xente que podía, que os demáis, a maioría, tería que conformarse coas follas despois de limparlle o xerdín ó seu señor. Filosofías aparte, eu non lle vexo moito parecido ó azahar co mañuzo de espigas que se traían para casa cando remataba a seitura, ou cando había pitas no poleiro e se lles quería dar algo diferente do que comían a diario. O ramo está un tanto relacionado cos casamentos, inda que hoxe é máis made in China que natural.
Eu acórdome que antes en Terroso as mulleres máis gallofeiras facían un ramo con xestas, espigas, fentos e calquera outra cousa que pillaran a man e volvían a casa cantando e bebendo viño, que facía máis curto o camiño e a vida levábase mellor. Foise perdendo ó tempo que se deixou de sementar. Agora Terroso é un povo máis de xubilados con pouco futuro se as novas xeneracións non lle devolvedes o interés...
Os que asentamos fóra xa só imos chorar por o ben que alí o pasamos de pequenos. Os que naceron fóra teñen a vida onde caíron... En Terroso, co tempo, volverá a haber moita vida porque é un lugar de privilexio se alguén sabe aproveitalo. Na Veiga e o Aseto abaixo podíanse facer invernadeiros que darían traballo a bastante xente e riqueza para todo o ano. Todo sería cuestión de que alguén se anime...
Entón sí que habería ramos de azahar en cantidade...
Era para responderlle a Deli a súa pregunta de fai días. Espero que vos anime a seguir escribindo na páxina. Un saúdo.

PacoBarxa.

jueves, 09 de septiembre de 2010 a las 12:03

 

ESTOS TEMPOS TRAEN OUTROS

ESTOS TEMPOS TRAEN OUTROS

Douche toda a razón do que esta pasando e dicen todos contentos que esto e a democracía,si para ir da tua casa o traballo pasas sete controles antes de chegar,queren acabar con nos e despois con outros e eles mirando e rindo das parvadas que temos que facer,pero todo ten un final e eu digoche que esto vai pegar un paso e si Dios quere sera para diante.
Da vendimia no me fales que este fin de semana tocou vendimiar e teño as costas que non as sento,pero a satisfación ven logo o votar o vasiño do viño da casa.
Xa contarei

lunes, 06 de septiembre de 2010 a las 13:32

 

Cabazas, cabaciñas e colondros.

Cabazas, cabaciñas e colondros.

Agora é o tempo de recollelos. Primeiro haberá que recoller as uvas, quen as teña... porque chegamos a tempos nos que beber, fumar, falar de Deus... é case unha sentencia de morte. Non sei a onde carallo vai a Humanidade, ou mellor dito, non sei a onde carallo nos queren levar os que nos gobernan coma se foramos ovellas descarriadas no monte. Cada día nos lexislan unha cousa diferente: como tes que vestir, onde debes botar o lixo, non mexes na rúa porque pagas unha multa, se tes coche é mellor que o vendas porque non te deixan entrar nas vilas con il... Debe haber xente especializada en foder á sociedade para que non poidamos durmir a perna solta, porque cada día que ún se ergue por a mañán aparecen novas normas de convivencia que non veñen a nada...
Estoume a ir cara o val das Casarellas e tiña pensado falar das cabazas, esas cucúrbitas coas que se enchen os chourizos grosos e que resultan tan bons cocidos cunhas pataquiñas da colleita propia. A xente de fóra de Terroso chámalles a todas por igual. E que saiba o mundo que as cabazas tamén se poden clasificar. As redondas son os colondros, con moita píbeda e boa "chicha" para rechear o pigoreiro. Logo veñen as alongadas, as cabazas propiamente tales, que tamén fan a delicia dos chouriceiros cando na matanza se enche o canizo coas varas do fumeiro. Hai outras cabazas máis modernas, que antes non tiñan moita cabida nas hortas de Terroso, que se usan para facer larpeiradas e que tamén empezan a verse nos nabais. E non podo esquecerme das cabaciñas en forma de garrafa que se deixaban secar, logo sacábaselles as píbedas por o ollo do rabo e despois de lavalas e tratalas con augardente ou viño servían para levar á sementeira, ou ó camiño de San Iago, coma se foras un pelegrín, cheas de viño ou do que lle botaras dentro. ¡Cántas cabaciñas de viño non se "furarían" nas seituras de en tempos...! Inda me acordo de cando as mulleres, e tamén algún home, apañaban as cabazas cunha rodela na cabeza. Pero tamén me acordo de algunha vez que eran tan grandes que había que trasportalas no carro. Outra clase de cabazas son as valancías (sandías) e melóns, que case sempre se sementaban nas leiras de millo e algunha veces ía un pillo a furalas para levar as maduras. Agora xa só se sementan por curiosidade ou para vendelas, como vin que fan os do tío Rosende no alto dos Torgáns... Que teñan boa colleita, que o ano é favorable.
Tamén se pode facer unha receita de cabaza cocida con bacallao asado: comes o bacallao e deixas a cabaza para o marrao... Era broma. Que vos aproveite a cea.
Os que non son de Terroso e non entendan... que pregunten e faremos o posible por acraralo todo.

PacaBarxa.

domingo, 05 de septiembre de 2010 a las 20:21

Tienes mas noticias cerca de aqu�, en Arzadigos, Villardevos y Soutochao.

Página generada el martes, 26 de noviembre de 2024 a las 22:34:13
© Mis Pueblos, S.R.L. 2006. Todos los derechos reservados. info@mispueblos.es - AVISO LEGAL - QUIÉNES SOMOS - ANÚNCIATE