Estamos renovando MisPueblos.es
En las próximas semanas tendremos una versión completamente renovada,
mientras tanto no publicaremos actualizaciones.
Disculpen las molestias.

Terroso

Orense - Galicia

NOTICIAS

Si quieres mantenerte informado de lo que ocurre en TERROSO, esta es tu página, puedes añadirla a tu sección de "Favoritos". No sólo encontrarás noticias de Terroso, también te informamos de las localidades mas cercanas donde se vayan generando datos de interés.

Si quieres enviar NOTICIAS relacionadas con Terroso puedes hacerlo. Recuerda que puedes complementar la información con una fotografía.

 

Restaurantes en Terroso

Terroso > Noticias

O GALEGO

O GALEGO

Hola Olimpia, supongo que los demás saben quien eres, yo tendría que situarte por tu familia, pero por lo que observo has vivido en el pueblo de pequeña como yo, puesto que conoces los sitios y sus nombres, es muy difícil sino saberselos, aunque cueste un poco estoy segura de que puedes escribir en gallego, por que no debes olvidarlo aunque no lo utilices en tu vida cotidiana, como nos pasa a los que vivimos lejos, verás que es un buen ejercicio para tu memoria. Esqueceuseme que as "nueces" chamabanse conchos e o "nogal" , concheira , gracias Paco por recordarnos os nombres das cousas.
Saludiños

lunes, 18 de octubre de 2010 a las 11:17

 

EL OLOR DE LA HIERBA SECA

EL OLOR DE LA HIERBA SECA

A mi el olor de la hierba seca me trae un montón de recuerdos, cuándo siegan la hierba de los jardines que hay al rededor de mi casa sólo tengo que cerrar los ojos y veo los prados de Cernada y a mi madre, mi tía y mis primas amontonando la hierba, que olor tan rico, que de sentimientos desencadena, y los carros cargados de hierba seca subiendo la cuesta de o Outoredo, cómo chirriaban, que bien olía el pueblo y luego llegaban las mayas y por el pueblo se esparcía el olor de la paja seca y más tarde llegaba la vendimia, que uvas más ricas había o Cabanco, al bajar con las vacas camino de lagares siempre cogía unas pocas en la viña de mi tío Manuel, bueno entre nosotros creo que más de una vez no sabía si las cogía en la de mi tío Manuel, en la de mi tío Ignacio o en la de al lado, no importa estaban muy ricas, no creo que Dios me lo tenga en cuenta. A mi el vino no me gustaba, pero las uvas con una codia de pan era un manjar. las viñas de o Cabanco daban mucho trabajo había que apañar las uvas en barreleiros hasta el camino, que trabajo tan duro, que gente tan fuerte y que sufrida era, casi siempre estaban alegres, la mayor parte de las veces cantaban mientras trabajaban.
Este año para mi ha sido muy especial, el día 13 de Junio ha llegado mi nieto Abay (Nilo Azul ) de Etiopia, llevábamos tanto tiempo esperándolo que no me puedo creer que ya este aquí, a pesar de que tengo un nieto biológico, éste que es adoptado me ha producido la misma emoción o más.

Olimpia

lunes, 11 de octubre de 2010 a las 20:05

 

Os conchos e concheiras...

Os conchos e concheiras...

O home da Concheira é o Concheiro... con cheiro a cebola e perixel. Houbo un home nas Travancas que ó erguerse sempre lle dicía á muller: "Oh María, teño fome"... "Vai comer conchos á bodega"... (que ven sendo "vai á merda" para quen a coñecía ben). O home metíase na adega, collía unha garrafa de augardente, enchía o peto de conchos e íase deitar debaixo dun castiñeiro. Cando espertaba, no paradiso dos bébedos, estaba rodeado de meninas anxelicais que lle cantaban cantigas para que durmira... E que non era para menos. Comer conchos e beber cachaza leva a ún ás estrelas antes de dicir "ónde estou"... A min pasábame algo parecido ó que conta Loli. Ó Campo, do autro lado da canella onde temos nós o prado, tiña unha aira a tía Xenerosa, nai do Pepe, da Adelaida, Do Casiano, da Blasinda, do Ramón... Na aira tiñan unha concheira das meirandes de Terroso. Eu, cando ía coas vacas e vía aqueles conchos asomando o fociño entre a casca rachada para cair ó chan... reloucaba por tirarlle un rebolazo e coller unha poucas para ir rillando cara a Cernada. E non era eu só, non o pensedes. Ós outros rapaces, e algún maior, tamén lles pasaba o mesmo. Pero había un problema: nunca se sabía cando estaban espreitando, sobre todo o Ramón, por cazar a quen lle furtara os conchos (ou noces, se lles quereis chamar así). Tamén chamaban a atención as concheiras que tiña o tío Bochinche, o pai do Pepe o Gobernador, xenro do Ramón o Abellas, na aira da Fonte da Cal, enriba das pozas que antes regaban a Veiga toda e parte do Aseto. Alí tiñas que contar co problema da auga, que se che caían os conchos nas pozas non os podías coller. Ademáis a tía María case sempre estaba á zuchía na palleira para que ningún larpeiro se achegase ás concheiras. Inda así algunha caía no mornal. ¡E sabían tan ben..! Unha vez deume un puñado de conchos o tío Celso, pai do Bartolo da Portelada. Cando fun comelos resulta que estaban todos "habitados" por "okupas", aqueles morrións brancos cunha pintiña negra que logo se convirten en polvoretas ou polillas. Por unhas cousas e por outras funlle collendo certo respecto e agora, cando abro un concho, miro ben primeiro antes de ferrarle o dente. Non senta nada ben sentir dentro da boca os movimentos dun verme que che anda a limpar os dentes. Inda que, para aforrar tempo, non estaría mal ter unha mascota que che limpara a dentadura mentres ti estás de parola cos veciños. Claro que sería un grave problema ó beber viño, que non sempre é bon para andar o camiño. Se bebes non conduzas...
E xa está ben de larocadas. Ó tío Larocas chamábanlle así porque era máis esaxerado que sementar unha leira sin arado... Que se vos críe ben o porco para que na matanza teña bós xamóns e non lle deixedes comer todas as castañas ó xabarín, que ten o dente agudo e pode rillar ata nas pedras...
PacoBarxa.

domingo, 10 de octubre de 2010 a las 11:28

 

ESTAMOS VIVOS

ESTAMOS VIVOS

Tes moita razon, ultimamente estamos un pouco vagos para escribir, teño a paxina borrosa e o non poder ler ben desanimaste, creo que xa esta en condicions, todo eso que contas para nada nos pode aburrir a naide que queira a nosa terra todo o contrario. Estuben collendo o sabado as noces e acordabame de un nogal que tiña o tio Arturo alí por o camiño que vaixa onde a casa que tiñan meus abuelos , e viven a familia da Mercedes e a Fina, que vai dar tamen o outoredo, pois por alá tiñamos unha ortiña e cando a miña mai estaba facendo algo , deixoume alí sentadiña debaixo e comin tantas noces que pensaban que morría co empacho que collin .
Hasta a proxima.

jueves, 07 de octubre de 2010 a las 18:20

 

Outono.

Outono.

Olimpia, xa volven as roquiñas. Haberá que volver a Terroso para collelas e non deixar que as coman as lermes (lesmias por outras terras) ou se enchan de morrionciños que dan certo noxo, inda que son chicha da mesma roquiña. Nos meus tempos onde máis nízcarros e roquiñas atopei foi no Outoredo, nun xestalciño que había entre as leiras. Poucos lle sabían o conto ata que un día víume Ramón, o Abellas, e acabáronse as roquiñas. O Ramón cáseque sempre estaba en todas. Eu non sei como cheiraba onde podía haber enxames, ninos de pito verdeal, perdigóns e paspallás. Era un home que rexistraba o monte por atopar calquera cousa boa que levar a casa. Tamén é unha boa virtude, digo eu, xa que hai xente que prefire estar esbandullada no escano e que traballe Roque para il. No verao estuven a falar con il sentado ó pé da casa de meu pai, na eira da Forxa, coa súa muller e filla, coa Merche, coa Flara do Polito, que en paz descanse, inda que teña que amañarlle de vez en cando os zapatos a san Pedro despois de xogar un partido de fútbol cos de Sexirei. Tamén se achega o tempos das castañas. Non teño nada que dicir da colleita, porque xa todos sabemos como se collen as castañas, cuns delores de cadrís que te deixan baldado ata que veñen os roxóns. O que máis gracia me facía de pequeno era, ademáis de comelas asadas do tixolo, encher as bolecas de cuspe e poñelas no lume para que imparan e estouraran coma un petardo. Seguro que a meirande parte dos rapaces de Galicia iñora que son as bolecas, que se poden encher de auga e que, postas no lume, estoupan. ¡En Terroso pasaba cada cousa! O malo é que se están esquecendo. Podíase escribir un libro máis groso que o Quixote coas cousas raras que se facían en Terroso no meu tempo de neno, e no voso...
¡Cuantos magostos non enterramos ós Inxertos para logo poder comelos en primavera!
E tende en conta que non é o mesmo unha boleca que unha foleca, aqueles paxariñas pequeniños, parecidos a cerifollas, que andaban entre as xestas e que tanto lle gustaban ó tío Gerardo, o pai do Xacinto, cando ó Valeciño lle dicía ó seu neto: "¡Fuxe, Joanito, que está a chasca no pousón!". A chasca non ten nada que ver coas folecas, inda que no outono picaban nas armadillas coma se tiveran fame... ¡Aqueles tempos...!!
Non vos quero quentar a cabeza con recordos que foron a felicidade dun paradiso que xa non volverá, porque agora andamos todos a fuxir, como as doniñas, escapando de unhas cousas e perseguindo outras que, cando as temos nas mans, non sirven para nada.
Acabo, porque me estou indo cara Entrasaugas. Espero respostas.
PacoBarxa.

sábado, 02 de octubre de 2010 a las 20:34

Tienes mas noticias cerca de aqu�, en Arzadigos, Villardevos y Soutochao.

Página generada el martes, 26 de noviembre de 2024 a las 21:15:26
© Mis Pueblos, S.R.L. 2006. Todos los derechos reservados. info@mispueblos.es - AVISO LEGAL - QUIÉNES SOMOS - ANÚNCIATE