A Web de Soutochao
Acabo de votar unha ollada a WEB de Soutochao, na que o amigo Moncho se empeña en amosarnos cousas da terra, e agora tamén está traballando para señalizar a ruta Da Prata pasando por Xixirey, Soutochao..... (Cando falo con él non para de lembrar cousas e intenta facer o posible para que non queden no olvido). O que me atopei penso que vos pode interesar, no tema EL PEREGRINO RUSO o apartado Soutochao Santa Meria e LAZARO RAMOS ten muita informacion da zona.
Por outra banda gústanme muito as fotos que mandades.
Unha forte aperta para Luisa en recordo dos vellos tempos.
Saudos
domingo, 14 de noviembre de 2010 a las 0:28
|
e Bó magosto!!!
...e bó magosto!!!, como o puiden olvidar?, eu tamén o festexo aquí o día
13 de novembro, con outros galegos que andan polo mundo, os pioneiros case dos "espanhois polo mundo", non si? mais o noso andar polo mundo xa se da por
mais que sobreentendido!
jueves, 04 de noviembre de 2010 a las 15:19
|
Varias cousas
Xa levo tempo sen aparecer por aqui e tenho algunhos temas que contar porque se me xuntaron de levar meses sen escribir nada: primeiro, un recordo para o forno dos meus abuelos onde tantos anos coceron o pan cada mes e onde tantos vecinos foron ala tamen a cocer a sua fornada, recordo que quens iban moito era a familia do Xe e da Isabel, por outra parte familia do meu avo. Moitas veces que voltabamos da escola pola tarde, creo que era os viernes, era unha ledicia baixar da linea de bus e sentir o calor do forno, o cheiro da lenha a queimar e o cheiro do pan recen feito, e se era no inverno iso ainda gustaba mais!!!
Os meus avos non so cocian pan, sinon que tamen facian empanadas, roscons, bicas armas... Cociamos para un mes enteiro, creo recordar, ou as veces cada quince dias.
Outro tema que tinha pendiente e o de que hai unha muller incorrupta enterrada na igrexa de Terroso, creo que cerca duns dos confesionarios e unha das lousas ou pedras que esta enriba do seu enterramento ten unha cruz que se fixo debastando a pedra ou algo asi.
Por suposto, por ultimo, un recordo para todos os emigrantes terrosanos ala donde esten, tanto se emigraron dentro do pais como se emigraron fora do pais, tanto os meus avos coma meus pais e todos os meus tios o son, uns en Alemania, Holanda, outros en Barcelona, Vitoria, Burgos e Madrid. Aparte en Florderrei tenho familia tamen emigrada en Suiza.
Se non escribo coa enhe espanhola non e porque me volvin portuguesa, ainda que tenho moito que ver co norte de Portugal, sen dubida, o estar moi perto da fronteira co pais vecinho... Estou por terras inglesas e enton o teclado non ten nin os "tiles" espanhois nen a tan denostada letra enhe.
Que viva Espanha e mais Galicia e mais Terroso e mailos terrosanos ala onde esten!!!
Saudos a todos,
Adelina
sábado, 30 de octubre de 2010 a las 14:01
|
As pegas e os bullós.
Inde preparando os tixolos na lareira, se é que ainda queda algunha en pé, porque os castiñeiros xa pinguelexan. E como empece o vento a circular... alá vai o magosto.
Acórdome coma se fora hoxe de cando miña nai me puña a rachar castañas longais para cocer as pegas. Algunha vez enxertaba un dedo, inda que non doía moito porque sabía que despois chegaría a recompensa. Castañas cocidas e viño con mel: miña nai, qué cea máis boa. Cando non se cocían asábanse no tixolo. A xente de fóra de Terroso, ó mellor porque non dependía tanto das castañas, non sabía moi ben asar os bullós. Eu cominos en moitos lugares e asados de moi deferente maneira. Pero como cando se asaban na lareira, cunhas follas de berza enriba para que coseran e non se queimaran... Ibas botando bullós nunha tixela de viño ó tempo que comías e bebías. Non había friaxe que se metera no corpo. E aquel viño que facían os nosos vellos bebíase coma se fose mel de romeu. E se tiñas a sorte de coller unha carrolada de roquiñas asadas con sal enriba das brasas... olla chá, qué demo de vella. Despois viñan as beriscas e dominós que deixaban pasar as noites de inverno nun verdadeiro paradiso. Foron tempos. Agora xa todo está trastocado e pode que algunha vez alguén volva ter necesidade de vivir como viviamos nós na nosa infancia. Cando mellor sabían os bullós era por a mañán, despois de erguerte, e comelos fríos se sobraba algún, que case sempre sobraba xa que se facían para toda a familia.
Boa colleita.
PacoBarxa.
miércoles, 27 de octubre de 2010 a las 20:58
|
Falar por falar...
Os cadelos, cando se queren comunicar entre eles e con outros animais, latrican de diversas maneiras. E xa podes xuntar un can nacido na China con outro de Lamardeite que se van entender perfectamente. Se puidera ser así cos homes e mulleres de todo o mundo... ollade cánto esforzo non se aforraría en aprender outras linguas. Pero xa que os humanos somos así, haberá que seguir a corrente do río. Os idiomas son un bon negocio e convén que haxa os máis posibles para que a confusión resulte maior. A río revolto... gañan os que saben pescar. Por iso convén que os galegos defendamos, sin pelexarnos con ninguén, unha lingua que mamamos dos nosos antepasados e que nos servíu para entendernos. Quen saiba falalo que o faga, e quen queira aprendelo de novo... está á súa disposición. Xa sabemos que en Terroso sempre se falou un galego un tanto peculiar, inda que máis puro que en outros lugares da nosa terra. Ó ser un pobo da montaña sabemos pouco das cousas e nomes das terras do mar. Pero estamos na mesma situación, xa que os mariñeiros entenden pouco de limpar castiñeiros... Ó que vou: cantos máis idiomas coñezamos con máis xente nos podemos entender. E non fagamos coma o andalud que se queixaba da súa sorte: "Eu son máis burro que o burro, e cho digo e cho direi. O burro enténdeme a min e eu non o entendo a él"... Xa é dicir, carainas...
¡Pois ale, a coller castañas que xa empezan a pingar os castiñeiros! Díxome o Xerardo, meu irmán, que iste anos hai roquiñas ata nos Penediños. ¡Pero non confundilas con outras con ideas venenosas, que poden levar a ún cara Daquelcabo, a criar malvas! Boa sorte a todos e agardando sigo colaboración y ledicia, que se está aburrindo moito ista páxina.
PacoBarxa.
domingo, 24 de octubre de 2010 a las 18:46
|