Estamos renovando MisPueblos.es
En las próximas semanas tendremos una versión completamente renovada,
mientras tanto no publicaremos actualizaciones.
Disculpen las molestias.

Terroso

Orense - Galicia

NOTICIAS

Si quieres mantenerte informado de lo que ocurre en TERROSO, esta es tu página, puedes añadirla a tu sección de "Favoritos". No sólo encontrarás noticias de Terroso, también te informamos de las localidades mas cercanas donde se vayan generando datos de interés.

Si quieres enviar NOTICIAS relacionadas con Terroso puedes hacerlo. Recuerda que puedes complementar la información con una fotografía.

 

Restaurantes en Terroso

Terroso > Noticias

Bo Nadal.

Bo Nadal.

A todos os que lendes ista páxina quero desexarvos unhas festas do Nadal mellores que calquera outra pasada. Xa sei que a chegada de Deus ó portal coincide coa matanza dos porcos, cousa que xa non ten remedio. Esperemos que a Il non lle importe... O importante é que teñamos bon sentido e desexos de paz para todos. As pelexas da vida son necesarias para vivir. Pero non se pode vivir pelexando cos outros. Que o pasedes ben ondequera que esteades, pois o lugar non importa.
Boas festas e mellor ano vindeiro.
Saúdos.

PacoBarxa.

lunes, 20 de diciembre de 2010 a las 13:07

 

BOAS FESTAS

BOAS FESTAS

En eso do porco alguns estamos preparandonos porque alí por o 27 faremos matanza, pero estubemos en outras cousas, coas aceitunas que tamen teñen a sua, hasta que o ouro liquido se pon na mesa, que collelas deixache as costas unha temporada lisiadas.
FELIZ NAVIDAD, BON NADAL. Bones festes per tutom desde Catalunya per als gallegs, catalans, castellans i tots els visitants de aquestas noticias.
Non comades moito turrón

viernes, 10 de diciembre de 2010 a las 9:58

 

Chamada.

Chamada.

Vexo que andamos moi liados matando porcos, marraus e leitóns, enchendo bandullos e espurundándoos nos "estadullos". Paréceme moi ben, xa que para cazar unha lebre hai que sair ó monte na súa procura pois ninguén cha vai traer a casa como pasaba no conto do cura e do Regociño da Moimenta... Que vos saian ben os chourizos e salade os xamóns con sal dabondo para que non lles entre a colza. Inda me acordo de case todo o que facía meu pai, dende coller o porco para deitalo enriba do carro ata cando lle buscaba a "paxariña" para asala enriba de unhas brasas na lareira.
Eu xa levo moito tempo sen matar a naide e penso que o último animal que matei foi unha formiga que me quería levar unha hamburgesa na merenda. De todas maneiras se fose preciso... tamén buscaría a forma de facer a matanza do porco. Non digo de qué porco, xa hai moitos soltos por aí adiante...
Animade un pouco a festa, que xa ven o Nadal e a xente quere troula e saber dos seus. Un saúdo para todos os que andades por fóra de Galicia, que sei moi ben que tedes ganas de vir pasar aquí uns días. Bon Nadal.

PacoBarxa.

martes, 07 de diciembre de 2010 a las 20:01

 

O Bodegas.

O Bodegas.

Non coñecía eu o caso do Bodegas ata que o mirei en Panageos e lle preguntei a meu irmán Xerardo como era o conto. Parece ser que o home se "enferruxou" un pouco co cura da parroquia e seica lle pretendeu dar unha malleira... As razóns que moven a unha persona a obrar de maneira irregular poden ser moitas. Non sei no caso o que motivou a pelexa do home con don Xosé, que ben se merece o título de boa persoa. O que pasa é que ás veces o demo mete o rabo onde non debería o sempre pagamos os tontos as súas trasnadas. No verán pasado estivemos en Terroso e chamoume a atención que a lápida de mármol que hai á esquerda da porta maior estivera rota. Inda pensei mal de quen o fixera porque o señor abade que fundou a igrexa, que ben sabedes se rematou en 1911 como reza enriba da porta, xa leva tempo debaixo da pedra que cubre os seus restos. Tamén andivo a machadazos coa porta da igrexa, que, por suposto, non tiña nada que ver con levárense mal os homes... Eu quería xustificar ó Bodegas por un momento de mal xenio, cando se che cruzan os cables e acaba a cousa en cortocircuíto. Pero cando meu irmán me di que lle prendeu lume á casa por ver como ardía... Eu acórdome ben do tío Elías, da Xinta e de toda a familia e a dicir verdade non eran malas personas. Pode que tiveran as súas manías, coma todo quisque. Acórdome coma se fora hoxe cando viña o tío "Ilías" coa xarra de viño da bodega do Outoredo e sempre saudaba a meu pai se o vía fóra facendo calquera cousa.
Ás veces os netos non saen como quixeran os avós... Que volva a auga ó río e que todo se amañe da mellor maneira posible. Hai que salvar as personas, que a igrexa non deixa de ser unha casa grande, que hai que respetar, por suposto, e que sempre estará ó servicio de todos os que teñan boa vontade de axudar e ser axudados por os demáis.
Un saúdo para todos e inde pensando no Nadal que iste ano pode ser moi frío. E leña en Terroso non falta... se a deixan cortar.

jueves, 25 de noviembre de 2010 a las 19:48

 

LINK EXACTO

LINK EXACTO

Maruxa, cal é o link exacto para ver a web que dices?
Gracias e saúdos,

Adelina

miércoles, 17 de noviembre de 2010 a las 16:37

Tienes mas noticias cerca de aqu�, en Arzadigos, Villardevos y Soutochao.

Página generada el martes, 26 de noviembre de 2024 a las 21:23:37
© Mis Pueblos, S.R.L. 2006. Todos los derechos reservados. info@mispueblos.es - AVISO LEGAL - QUIÉNES SOMOS - ANÚNCIATE