Estamos renovando MisPueblos.es
En las próximas semanas tendremos una versión completamente renovada,
mientras tanto no publicaremos actualizaciones.
Disculpen las molestias.

Terroso

Orense - Galicia

NOTICIAS

Si quieres mantenerte informado de lo que ocurre en TERROSO, esta es tu página, puedes añadirla a tu sección de "Favoritos". No sólo encontrarás noticias de Terroso, también te informamos de las localidades mas cercanas donde se vayan generando datos de interés.

Si quieres enviar NOTICIAS relacionadas con Terroso puedes hacerlo. Recuerda que puedes complementar la información con una fotografía.

 

Restaurantes en Terroso

Terroso > Noticias

En Terroso hai xente pra todo.

En Terroso hai xente pra todo.

Por se alguén non leu nada sobre esta noticia deixo un enlace.

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2010/10/07/0003_8768256.htm

martes, 18 de enero de 2011 a las 14:10

 

Terroso, un gran pobo.

Terroso, un gran pobo.

Nunca escribín nesta páxina, pero hoxe despois de varios dias por non decir meses sen entrar nela decidinme a ler un par de noticias, e apeteceume escribir algo sobre este pobo.

Non sei se alguén escribíu sobre o "gran parque" que foi construido no cruceiro. Da vergoña só mirar pra el... a espera da construcion deste parque foi absurda, se sei que o noso "parque" acabaría neso prefería que o deixaran como estaba, aínda que vendo a "piscina" moito non se podía esperar. Non quero falar de política nin nada relacionada con ela pero penso que alcalde de vilardevós non quere moito o noso pobo, polo menos xa podían prantar un par de árbores pra que quedara máis ou menos bonito.

Bueno moitas grazas por ler a miña "noticia" e espero que pronto se publiquen novas noticias.

martes, 18 de enero de 2011 a las 14:02

 

As cheas de inverno.

As cheas de inverno.

Iste ano leva chovido más en dous meses que outros en todo o inverno. Dende Vigo imaxino a Cernada cuberta de auga por todas partes. Lembro un ano, cando eu era rapaz alá por os anos 54 do século da felicidade (agora todo se volveu política de merda), que choveu tanto que a auga chegou ós tellados. Meu pai sempre dicía que agallá nevara tanto que chegara a neve ós tellados. Eu non o entendía moi ben a primeira vez; pero logo decateime de que realmente a onde chega primeiro a auga ou a neve é ós tellados. Imáxinate un edificio de corenta pisos e que a neve chegara ós tellados...
Pois o que veño a dicir é que cando chovía moito as cheas non deixaban andar a ún fóra de casa. Unha vez vindo do Valeciño ó chegar ó rigueiro corría tanta auga que case non podían pasar as vacas. Inda non fixera o tío Xulio e o tío Luis a ponte de pedra e había que pasar por unhas trabes postas enriba de catro pedras grandes. Cando a auga arrastraba moita broza tapábanse os "ollos" e saltaba a auga por onde podía... Unha vez tuven que pasar agarrado ó pescozo da "Peinada" porque a "Roxa" era moi brava e non deixaba que lle tocaran o lombo. Outro punto con problemas era a canella da Ribeira, que tiñas que ir choutando por enriba das paredes imitando ás cabras. E xa non falo do que se xuntaba, e xunta, nos prados de Ocampo. En Vilardeseu a auga arrastraba tanta terra que as lamas quedaban cubertas coma se foran leiras. Cando deixaba de chover había que limpar todo e levar a terra ós lagoeiros que se facían menos perigosos para andar por eles. O tío Elías, igual que meu pai e o tío Toño da Adelaida (pais da Toña, Hermégenes, Bastián, Maruxa, Agustín...), eran os que máis tiñan que limpar xa que viña a terra dende a Gándara, os Vales, Valdelagón... El Lagares e por alí abaixo ata Portugal tamén se formaban cheas que daba medo. Máis de unha vez foi arrastrada xente por as augas. Inda me acordo algo de cando levou un rapaciño de Soutocobo que apareceu máis tarde en Portugal, máis abaixo do salto de Valdegargalla.
Non sei para que falo de todo isto, porque seguro que sabedes tanto ou máis ca min. Con todo non quero deixar de botar bugallos ó rigueiro por se algún chega á vosa casa e vos dá por falar das vosas experiencias. Como xa ninguén quere adicar uns minutos a comunicarse cos demáis...
Espero que siga a páxina coa vosa colaboración, inda que só sexa saudando. As aldeas de arredor de Terroso están todas caladas. Só a páxina de Verín dá un pouco de vida á comarca. ¡Animádevos un pouco!
Un saúdo.
PacoBarxa.

sábado, 08 de enero de 2011 a las 17:51

 

O día das Pullas.

O día das Pullas.

Unha vez ía a tía María Choupina puxando da burra cara Daquelcabo para que comera algunha castaña das do rebusco, se é que quedaba algunha entre a folla. Normalmente xa se encargaba o rato de que non se perdera ningunha, inda que a calquera cazador se lle escapa un coello... O caso foi que a burra ergueu o rabo e ía sementando o camiño con isas boliñas feitas no bandullo despois de comer: os cagallóns, para que se entenda. E trompica co meu pai que viña de cara o Aseto. Era o día das pullas, 28 do Nadal.
- María, olla que a burra venche perdendo o diñeiro.
- ¡Ai si...! Pois recúlleo e lévao ó banco, que seica dan bós intereses por il.

O demo da muller era a muller do demo e non se deixaba empullar así como así. Só agachaba as orellas cando o Choupín a collía por as guedellas, crendo que era a corda da burreca, e lle dicía: ¡Arre burra, lévame a casa que xa estou canso de non facer nada!

Non deixedes de meter algunha pulla para que se manteña a tradición e saiban no futuro de que lerias estamos a falar. Bó remate do ano e comenzo do outro. Despois xa pode nevar o que queira.

Un saúdo para todos.

PacoBarxa.

lunes, 27 de diciembre de 2010 a las 15:47

 

Boas Festas e Aninovo

Boas Festas e Aninovo

Bó Nadal a todos e Moi Feliz Aninovo 2011!!!
Canto de certo e de simpático hay na túa última
mensaxe, Paco, farteime de rir!!!

Adelina

domingo, 26 de diciembre de 2010 a las 18:44

Tienes mas noticias cerca de aqu�, en Arzadigos, Villardevos y Soutochao.

Página generada el martes, 26 de noviembre de 2024 a las 21:11:56
© Mis Pueblos, S.R.L. 2006. Todos los derechos reservados. info@mispueblos.es - AVISO LEGAL - QUIÉNES SOMOS - ANÚNCIATE