Estamos renovando MisPueblos.es
En las próximas semanas tendremos una versión completamente renovada,
mientras tanto no publicaremos actualizaciones.
Disculpen las molestias.

Terroso

Orense - Galicia

NOTICIAS

Si quieres mantenerte informado de lo que ocurre en TERROSO, esta es tu página, puedes añadirla a tu sección de "Favoritos". No sólo encontrarás noticias de Terroso, también te informamos de las localidades mas cercanas donde se vayan generando datos de interés.

Si quieres enviar NOTICIAS relacionadas con Terroso puedes hacerlo. Recuerda que puedes complementar la información con una fotografía.

 

Restaurantes en Terroso

Terroso > Noticias

A gran familia que e Terroso

A gran familia que e Terroso

Loli, quitachesme as palabras da boca, entrei agora na paxina para escribir sobre o mesmo que ti! eu tamen souben onte destas tres personas que faleceron e, a verdade, tamen me puxen moi triste. Pasame cando morre alguen en Terroso, porque como tenho dito, en ocasions, ser de Terroso e como pertencer a unha gran familia!
Eu a que mais recordo deles e con quen mais trato tuven foi coa Teresa, penso que era unha muller excepcional, o mesminho que ti dis, de apariencia fraxil pero
de gran fortaleza por dentro e cun corazon moi grande.
Sempre sentin moito aprecio por ela e a sua gran familia, penso que era unha muller de gran sabiduria e parecia que nunca nos iba deixar, que sempre estaria ahi! o menos,
eu desexaba que esto fora asi!
Eso mesmo, xente que pasou pola vida dun e que se marchan, producese un vacio importante ainda que non sexan familiares de sangue..., ser dun pobo coma Terroso
e o que che ten, que un queda como orfo sucesivas veces...
O Daniel e a muller do Arturo tamen estan impresos na minha retina, na minha parte de historia personal vivida no pueblo, ainda que non tivera trato con eles.
Que Deus os tenha na gloria os tres
Saudos,

Deli

lunes, 31 de enero de 2011 a las 21:31

 

ELES COMA NOS E NOS COMA ELES

ELES COMA NOS E NOS COMA ELES

Non me esquezo de vos o que pasa que ten un que atender tantas cousas que os días fanse cortos e non temos tempo de todo.
Estos dias por estas terras estamos en festas temos as decenales da candela en valls e fan 10 días de festa, montaron unhas luces que parece a "feria de abril de sevilla ", fan os castells, que ahora con que son patrimonio inmaterial da humanidade ,teñen mais interes ca nunca e non faltan os "calçots" , que xa vos contei que son cebolas asadas con salsa.
Onte dixeronme de tres personas que morreron en Terroso e de verdad que solo con recordar que unha de pequena ten mil recordos de eles , ponse triste, van desaparecendo personas que pasaron por a tua vida, que pena, a quen mais recordo e a tía Teresa era daquelas personas que non tiña que morrer nunca, cuanto cariño repartiu a todos, como quería os seus fillos e os seus netos, criounos a todos un detras de outro e sempre contenta, fragil por fora e forte por dentro, un ejemplo.
Descansen en paz todos.

lunes, 31 de enero de 2011 a las 12:37

 

A "Terroso"

A

Non tés por que darme as gracias xa que informar debe ser gratuíto. Gostaríame dexeras quen és, porque sabéndoo pódense lembrar cousas que nos pasaron na nosa terra. De min seguro que xa sabes algo, inda que parei pouco tempo en Terroso dende os trece anos... En Ourense vive miña irmá Carmen e todos os fillos e netos, que seguramente coñeces... Tamén saberás que a rúa Angel Barja leva o nome de meu irmán o músico.
É certo que as aldeas coma Terroso van desaparecendo do mapa porque as autoridades gobernantes prefiren ter a xente amontoada nas Vilas para controlarnos mellor. É a lei do rabaño: dese xeito con poucos "cans" xa nos teñen a raia. De todas maneiras, por moito que corran os tempos, o noso pobo xa é coñecido abondo. Temos que manter o lume na lareira para que siga dando calor a quen se achegue por esas terras, y tamén para secar os chourizos, que ben sabe Deus que son mellores que outros que se venden. Un saúdo.

PacoBarxa.

domingo, 23 de enero de 2011 a las 20:05

 

Resposta

Resposta

Grazas por contestarme Paco Barxa, supoño que serei máis novo ca ti jaja pero aínda que eu pouco disfrutei desas pozas xa que cando eu era mozo desapareceron das nosas vidas. Pero aínda así recordoas ben, acordome ir cazas rás alí e pasar tardes enteiras por aqueles lares.
Hoxe en día quedan poucos rapaces novos en Terroso pero os que quedan non podran disfrutar de esas cousas que nos antes tiñamos.
Tes razón no de que no concello fan o que lles peta... pero e así na maioría dos lugares.
Sei que nós pouco podemos facer o respeto pero o que sí podemos facer e protestar. E pouco a pouco xa se darán conta do que queremos.
Gustoume a idea de que Terroso debería ser unha vila, pero todo quedara nun soño jaja.

viernes, 21 de enero de 2011 a las 11:43

 

Alá vou eu...

Alá vou eu...

Pepe repepe,
camisa cagada,
fúcheme á casa
lamber a pescada:
tanto lambiche,
lambiche tanto
ata que o prato
rompiche...

Paca repaca,
muxícheme a vaca:
bebíchelle o leite
e décheme a caca.

Era un xogo de nenos. Xa que falamos de xogos quero comentar o que di "Terroso" sobre o "parque" do cruceiro. Non sei quen és porque normalmente firmamos co nome para que se nos coñeza. Sopoño que serás máis novo ca min e que non lembrarás moito o que era hai corenta anos e máis. Xa vin a merda que alí se amañou, e seguro que se xustificaron bastantes cartos como se fixo coa fonte da Travesa dos Inxertos. Para min foi matar a vida que antes tiñan os nabais da Veiga, o Aseto e todo por alí abaixo. No meu tempo había unhas boas pozas que, unha vez cheas, regaban a mellor parte do pobo, onde se daba de todo o necesario para comer dende maio a outubro: leitugas, tomates, cebolas, remolachas, rabas, feixóns, e ata o xamón dos porcos que se mantiñan con todo o que sobraba para facer a nosa comida. Outra cousa que producían aquelas pozas era unhas "rás" que se comían coma marisco... Fixeron o "carroucho" que vai a san Vicente e encheron as pozas con todo o coscallo que atoparon por o camiño. O cruceiro espetárono alí onde cadrou e que viva o viño que fai medrar o meniño. É certo que dende o concello só fan o que lles convén. Pero é cousa común: primeiro encher o odre e logo soltar o que sobre, que normalmente é a merda. Tés toda a razón, Terroso. Habería que poñer no concello a alguén que ame a terra e pense un pouco nos demáis. Os vellos xa non estamos na lista política e os novos entran nela con moita fame... Por iso o mellor vai ser deixar que chova, sempre que non veña un mesías inesperado. ¡E dicir que Terroso debería ser unha Vila!
Non deixes enfriar o caldo e solta todo canto leves dentro, que será ben acollido.

PacoBarxa, o fillo do Carpinteiro.

jueves, 20 de enero de 2011 a las 19:41

Tienes mas noticias cerca de aqu�, en Arzadigos, Villardevos y Soutochao.

Página generada el martes, 26 de noviembre de 2024 a las 21:15:18
© Mis Pueblos, S.R.L. 2006. Todos los derechos reservados. info@mispueblos.es - AVISO LEGAL - QUIÉNES SOMOS - ANÚNCIATE