Estamos renovando MisPueblos.es
En las próximas semanas tendremos una versión completamente renovada,
mientras tanto no publicaremos actualizaciones.
Disculpen las molestias.

Terroso

Orense - Galicia

NOTICIAS

Si quieres mantenerte informado de lo que ocurre en TERROSO, esta es tu página, puedes añadirla a tu sección de "Favoritos". No sólo encontrarás noticias de Terroso, también te informamos de las localidades mas cercanas donde se vayan generando datos de interés.

Si quieres enviar NOTICIAS relacionadas con Terroso puedes hacerlo. Recuerda que puedes complementar la información con una fotografía.

 

Restaurantes en Terroso

Terroso > Noticias

O Entruido.

O Entruido.

¿Non se vos ocurre contar nada do que se fai agora en Terroso? Eu xa levo moitos anos fóra e non estou moi ó día do que se fai agora. Certo é que pouca xente queda con ganas de correr a cinsa. Pero supoño que algún dos máis novos inda pode reanimar a festa. En todas partes se recuperan vellas tradicións, e onde non as había invéntanas como se fosen de toda a vida. Eu acordo as carreiras dos chocalleiros, do touro, da cinsa e do tenxido das caras con cinsa e betún. Non sei se agora se sigue a facer o mesmo ou se foi esquecido de todo. Que conten algo os novos que ainda andan por o lugar. Os que vivimos lonxe non sempre nos podemos achegar a todas as festas, inda que queiramos. Un saúdo a todos.

PacoBarxa.

miércoles, 23 de febrero de 2011 a las 15:12

 

A tía Choupina.

A tía Choupina.

Contan as berzas das hortas que un día foi a tía Choupina, muller do tío Xé o Choupín, a confesar con don Xosé un pecado moi grande.
- Señor abade, quérome confesar.
- Pois empeza, que para iso estou no confesionario.
- ¡Non teña tanta presa, cona, que inda acabo de chegar!
- Estamos na casa de Deus e fale ben, que non custa un carallo.
- Xa vou... Pois dixen unha blasfemia.
- ¿Unha blasfemia..? Olla que iso é moi grave.
- Por iso quero confesar.
- ¿E cómo foi?
- Cagéime na igrexa.
- ¿Cómo fixeche..?
- Pois olle... erguín a saia, senteime no confesionario e despois de tres menutos cagéime na igraxa.
- ¡Ai o demo de muller! ¿E puxache da cadea?
- Craro que puxei, pero empezou a tocar a campa e co medo saín correndo e non parei ata que me fun meter entre as pernas do meu Choupín.
- ¡Vállate un burro ós couces, muller! E mira que xa pensaba eu que se me escapara un mouro cando estaba no confesionario...

PacoBarxa.

lunes, 14 de febrero de 2011 a las 19:39

 

Novas noticias...

Novas noticias...

Dende o 3 de febreiro non se publican novas noticias nesta páxina... Somos tantas persoas en Terroso e moi poucas de nos nos comunicamos nela pra falar sobre novedades. Por eso pido a Paco Barxa que poña das súas noticias pra poder ler algo de vez en cando por que sempre se ve algo interesante nelas.
O outro día lin o libro de "Villardevós" de Silvio Santiago, un libro que merece a pena ler, e aínda que case non se menciona Terroso si se poden ler lendas e e historias de Vilardevós e de algún pobo deste concello.
Non conozco ningún libro que fale sobre o noso pobo, pero fai moito tempo escoitara que si existía algún libro sobre este. Se alguén coñece algún agradecería que me puxera o nome pra poder conseguilo.
Non sei que máis por e aínda que non puxen nada interesante poño algo pra que así a xente se anime a por máis noticias.

Un saúdo.

miércoles, 09 de febrero de 2011 a las 13:37

 

A xente non se vai...

A xente non se vai...

O amigo "Terroso", que conviña te deras a coñecer para falar con máis certeza, dinos que a xente se vai das aldeas e pobos. Certo na mitade. Eu penso que os que se foron indo, os vellos e novos, non desapareceron. Se houbera unha maneira de ver o invisible penso que nos levariamos unha agradable sorpresa ó saber que os nosos vales e montes son percorridos por os antepasados disfrutando do lugar o que non puideron facer estando vivos. Hai cousas na vida que non rematan coa morte e coido que algo de nós queda no lugar onde nos quitan o corpo, a leña que xa non nos serve de nada.
Eu trompico todos os días con alguén de Terroso aquí en Vigo: os do tío Serafín, o Toño e Adelaida, os do Carpinteiro (meu pai), os do Paco e a Paca (os Paxaros), a Isabel e o Xosé... e outros que nin xiquera coñezo por seren máis novos ca min e non os ter tratado na vida. Se me din de qué familia son axiña me decato... Se non... xa nos podemos dar de fociños todos os días que seguiremos sendo descoñecidos. Pois o que quero dicir é que todos os que estamos aquí levamos a nosa terra dentro e resulta moi difícil botala fóra. O mesmo lles pasa ós que moran na Cataluña e no Euskadi, e fóra de España, que queiras ou non sigue a ser a nosa nai común.
Imaxino ás veces ó tío Choupín e á tia María tanxendo na burra cara calquera sitio na procura de algo que levar á boca, ós "pequenos" da Fonte da Cal disimulados entre as ovellas e cabras porque os homes non daban para máis. Tamén me imaxino ó Polito dándolle pancadas co martelo ós zapatos, porque non houbo no lugar, nin na Monclea, outro zapateiro que se lle igualara. A tía María "Crencheira", nai da Purifica..., escachando piollos na pencellada ou os Venancios trinchando pelouros coas tiseiras...
Por iso, vivos ou mortos, na val de Terroso cabemos todos. É boa cousa ter nacido en Terroso, non teñades a menor dúbida. A nosa terriña tamén forma parte do Universo, que non ten fin.

PacoBarxa, nas Candelas.

jueves, 03 de febrero de 2011 a las 20:00

 

A xente vaise...

A xente vaise...

Vexo que as últimas noticias non son moi agradables... pero a vida pasa. En Terroso e no resto dos pobos de Vilardevós cada vez queda menos xente para poder disfrutar da sabiduria que estes gardan sobre o noso pobo.
Recordo cando os días de misa a igrexa se enchía de xente e a saída desta se saudaban os veciños e falaban antes de ir xantar, agora a misa van os poucos que quedan que non e nin a metade da igrexa e a saída desta pouca xente queda alí a falar.
Xa non se ve a xente que antes se podía ver por as rúas e eso botase de menos, claro que en época de vacacións cando todos nos reunimos o pobo ten moita máis vida e eso alegra a un.
Aínda que moita xente se vaia indo das nosas vidas este pobo sempre estara alí pra nós.

miércoles, 02 de febrero de 2011 a las 19:44

Tienes mas noticias cerca de aqu�, en Arzadigos, Villardevos y Soutochao.

Página generada el martes, 26 de noviembre de 2024 a las 21:13:49
© Mis Pueblos, S.R.L. 2006. Todos los derechos reservados. info@mispueblos.es - AVISO LEGAL - QUIÉNES SOMOS - ANÚNCIATE