Respondendo a Loli
Paréceme ben que fales dos relixiosos de Terroso e pobos de arredor. Eu penso que todo foi debido a que poucos tiñan ocasión de sair do pobo, porque sin estudios non había maneira de atopar traballo fóra. Os primeiros cregos que houbo en Terroso foron tales porque sentiron unha chamada a outra vida mellor, que non quere dicir que fose Deus quen os chamou. Había miseria e pouco contacto co exterior. Por iso os máis buscavidas ou se foron para América ou buscaron refuxio nos estudios.
Na miña familia atopou a igrexa un filón de homes, e algunha muller, que saímos do pobo por artopar algo máis que sachos e guinchas. Case todos atopamos algo diferente. A vocación para crego, sendo pequeno, non era o que importaba. Unha vez no camiño... xa habería formas de seguir. Cando chegou a moda de ir a Alemaña pasou outro tanto: todos querían ir na procura de unha vida máis cómoda. Entre os cregos de Terroso houbo grandes homes, e hainos, con vocación de axudar ós demáis. Ó mellor algún só pensaba na meneira de sair da "cábila", como dicían antes.
Por a miña parte podo dicir que me torceron un pouco os camiños, xa que nos anos 60... a igrexa empezou a darse conta de que as cousas en España ían cambiar e non podería ter tanta xente ó seu cargo. Por iso foi escollendo ós que cría lle podían servir mellor. E por iso foi deixando a moitos na cuneta para que empezaran unha vida de maneira diferente. Foi difícil adaptarse a un mundo que non coñecías, por moitos estudios que tiveras. Era unha mentalidade diferente e cando te atopabas con cousas que antes case eran prohibicións... tiñas que asumilas incluso contra a túa propia conciencia. De todas maneiras, eu agradezo que meus pais renunciaran ós propios fillos para que acharan unha vida mellor. E ben sabes que todos estamos colocados e temos ese grande músico que foi Anxel, coñecido en todo o mundo por os seus traballos. E a súa música leva moito da Cernada, do Valeciño, de Vilardeseu, da Serra, de Valdeporco e das viñas do Cabanco, onde case escacha a cabeza cando caíu da figueira que meu pai tiña na viña.
Tanto homes coma mulleres de Terroso que entregaron a súa vida a axudar ós demáis merecen un respecto porque, en principio, a intención era moi boa. Despois vanse torcendo os camiños, o mesmo que aquel que estudio para médico e acaba de electricista ou barrendeiro. Antes sobraban curas e freires. Agora farían falta un feixe deles para atender todas as necesidades que pide a xente, e de paso darlle á vida algo máis que drogas e desilusión. O mundo vai sin rumbo e non sabemos ben a onde chegará, porque a política tocou fondo e non ve saída máis que na economía e na imposición forzosa de normas de escravitude. As ideas peléxanse entre elas e case sempre acaban en guerra, por desgracia.
¡Que Deus nos axude, que sabe ben como, inda que é mellor que non empregue a forza da Natureza coma no Xapón!
PacoBarxa.
lunes, 14 de marzo de 2011 a las 13:19
|
OS RELIGIOSOS DE TERROSO
Ahora que teño un pouco de tempo conto algo. O outro día vendo a televisión facían un reportaxe sobre todas aquelas monxiñas que en tempos da guerra e despois foron pros hospitales, colexios e demais e a miña sorpresa foi que casí todas eran da nosa terra, algunhas xa velliñas, outras enfermas, cansadas de tanto axudar os demais, entonces pensei en todos os religiosos que deu Terroso, tanto homes como mulleres, alguns con vocación e outros sin ela, pensemos que eran tempos de fame e miserias e cando alguen viña e lle daba de comer os teus fillos alegrabaste por eles e quedaban as nais chorando.
Paco tú de esto seguro que tes muito mais que contar por que viviche esos tempos antes que nos e conociche todo esto, que posteriormente xa non pasou, no sei de naide do meu tempo que sea religioso de por alí.
Saudos.
jueves, 10 de marzo de 2011 a las 18:27
|
ENTRUIDO
¡Qué triste está Terroso sin chocalleiros! No meu tempo os mozos armaban cada bulla que facía tremer as campas. As mozas tamén tiñan o seu. Mentres os mozos se vestían de chocalleiros e de touros, as mozas, con cacharros cheos de cinsa e betún enlarafuzaban a canto se lles puxera por diante. Acórdome da Xinta, da Manola, da Merche... e outras moitas das que case non acordo o nome que se te collían xa podías prepararte, porque merda ías levar para casa. Algúns mozos eran moi brutos e dábanche cos fargallos nas pernas deixándoas cheas de marcas. O máis temido de todo era o betún dos zapatos que che queimaba a cara e non se quitaba máis que rascando...
Aquelo perdeuse todo e a xente prefire ir ver o que fan os outros antes que recuperar as vellas costumes. Inda así sempre pode que en tempos futuros se lle ocurra a calquera inventar de novo o que xa era vello. Tampouco se perde tanto, xa que os tempos van cambiando e moitas cousas deben trocarse por outras de más actualidade.
PacoBarxa.
viernes, 04 de marzo de 2011 a las 12:52
|
CARNAVAL
Eu non estou en Terroso desde o ano 75, pero por esa epoca inda se celebraban, disfrazabamonos de velliñas e meu pai facia de chocalleiro, outro ano vestiuse el e o Manolo da Carme de guardias civiles con uns traxes que lle deixou o sargento que era primo da miña nai, outro ano comproulle os gitanos un burro por trescentas pesetas e cando acabou morreu o pobriño das barbaridades que lle fixeron entre todos(tamen o borreco era vello e estaba flaco),po lo tanto "Terroso" tu eres muy novo,eu son do 64 e todo eso pasaba en esos anos,despois xa non sei porque estaba lonxe.Supoño que ten que haber xente que conte cousas de antes ou de ahora de estos días en Terroso.
Esto apagase se non contamos algo.
lunes, 28 de febrero de 2011 a las 12:31
|
Entroido
Estou case completamente seguro de que a xente nova xa non recorda como se celebraba antes o entroido en terroso e eu tampouco recordo xa que no meu tempo xa non se celebraban esas festas en terroso.
Acordome de cando era máis pequeno que algún ano aínda tiramos algo de fariña pero nada como noutros tempos.
Estaría ben volver a celebrar esas festas pero queda moi pouca xente nova que lle apeteza celebralas.
Ahora esas festas celebranse en Verín e alí acude a xente de todos os pobos dos arrederos e como non a xente de Terroso.
Por eso só cabe esperar que un día nos apeteza no entroido sair as calles de Terroso e pornos a festexar esta gran data.
jueves, 24 de febrero de 2011 a las 14:53
|