HOLA
Espero que a ausencia de noticias vosas non sea por nada malo ,sobre todo de Paco que ultimamente non escribes tanto, xa sabedes que eu son a que menos noticias podo aportar porque estou lonxe e sempre chegan as cousas mais tarde, esperando noticias vosas quedo. Por certo que en radio teletaxi os que vivan por esta zona os sabados de oito a doce da noite fan lonxe da terra e contan moitas cousas de por alá, todo en galego claro. Saudos pra todos.
jueves, 15 de marzo de 2012 a las 10:22
|
|
CONSUELO PARA TODOS
Abro as noticias e encontrome con algo trite, de corazón sinto que o tio Toño nos deixe pra siempre, a todos moitos animos, sobre todo a Pepe que por edad coincidimos mais. Seguro que chegou o Ceo e se encontrou con os meus, RECORDADE OS VOS MOMENTOS e animo.
viernes, 02 de marzo de 2012 a las 11:27
|
|
O meu pai
En nome de toda a familia: Quero dar as gracias a todos os que de un ou outro xeito mostrastes rerpeto e sentistes a marcha do meu pai. Unha das ultimas conversacions que tiben con él, saiulle da alma o decir "¿que pouco entendo a xente que da mais aprecio a un cacho de terra que a amista e o cariño das personas?"
domingo, 19 de febrero de 2012 a las 12:48
|
|
A Mercedes e fillos
En tamen quero unirme como veciña da aira da forxa, e porque era un moi bo home, ás condolencias polo falecemento do tio Toño.
viernes, 10 de febrero de 2012 a las 11:24
|
|
A CANDELARIA
Como recordache a festa da Candelaria, acordome de pequena como eran as festas, era pleno inverno e facia moito frio pero era bonita e que contentos andabamos correndo por alí e solo era festa de roscón e cabrito asado e todos tan contentos, con algunha banda de cerca, o que demostra que nos sobran moitas cousas que pensamos que non podemos vivir sin elas, (xa falaremos dos recortes e si vamos a poder prescindir de moitas cousas que nos sobran). Un saudiño pra todos.
martes, 07 de febrero de 2012 a las 17:41
|