J. Fernández Álvarez
Esto es para que vea Paco Barxa que si leemos los comentarios que pones, además ya me echo buenas risas, y que sepas que los tengo todos pasados a papel, bueno todos no..., pero la mayoría, sobre todo esas historias que escribes de antes. Saludos a todos, sobre todo a Paco, aunque no te conozco en persona me pareces un gran hombre... Saludos y a seguir escribiendo ok.
lunes, 10 de septiembre de 2012 a las 11:35
|
|
Por ónde anda a xente...
¿Non queda naide que queira contar algo de por aí? A crisis non será tan grande que impide riscar catro garabatos co teclado do ordenador para que os demáis poidamos ler. A seitura xa pasou, os figos coméronos os tornillos e as grullas, as uvas inda están verdocas e a sementeira... inda queda máis de un mes para a sementeira, se é que alguén a sigue a facer. Que non sei eu para qué xa que agora dannos todo feito os da vila. Pasei dúas veces este ano por Terroso e non vin a moita xente. Case todos andan fóra, e cando se achegan ó pobo nas vacacións o que queren é durmir o que non durmiron na cidade. Quen lea isto ben pode dicir que o fixo, porque dese xaito sempre se anima ún a escribir cousas novas. Se non hai quen as lea... non sei eu para qué perder o tempo. Fai meses inda se metía a Maruxa, a Loli, Deli... Pero duns meses cara aquí... só eu asomo o fociño, e con medo a que me metan un ferroto de marrau por se fozo nas leiras como a toupas. Que non se vos esqueza que Terroso é un pobo dos grandes, inda que teña pouca xente.
PacoBarxa, o de sempre.
lunes, 03 de septiembre de 2012 a las 20:18
|
|
Subimos á Serra...
Os días 8, 9 e 10 de xuño pasámolos, a miña familia e máis eu na casa dos meus pais. Non nos acompañou moito o tempo, xa que foi preciso acen der o lume e quentarse para non coller unha peleira de primavera. Como nos dixeron que o camiño da Serra era transitable para os coches, alá imos todos, coa esperanza de que non chova. Primeiro subimos ás fragas da Barreira Blanca, onde case collemos unha lebre, inda que non foi posible porque tiña as pernas máis lixeiras que as nosas. Despois fomos ós Penediños, que están coma sempre a piques de botarse a roular e non para ata Daquelcabo... Se o día houbera estado sonlleiro as fotos que fixemos houberan sido unha marabilla; pero quedaron un pouco tristes. Podédelas ver, algunhas, en Fotos. A ver se troca o tempo e no mes de agosto podemos repetir para coller o tempo máis agradable.
PacoBarxa.
martes, 12 de junio de 2012 a las 10:36
|
|
O LUME DOS PARVOS
Non sei quen sería o tonto que lle prendeu lume o facho pero el merecía que lle fixeran o mesmo, non ten naide dereito a facer eso con os montes, costan anos en crecer e cando xa estan crecidos, vai un parvo e fai esas tonterias, si esta preso que o deixen preso, asi os outros que teñan pensamento xa veras como non o fan, seguro. Que tristeza ver que a xente solo pensa en parvadas e non en facer algo bo, pero non daran para mais e perxudican a todos. Un saudo.
miércoles, 25 de abril de 2012 a las 17:47
|
|
O Facho.
¿Quén foi o que lle prendeu lume ó Facho e anda agora no xulgado porque o cazaron na allada? Ós que prenden lume había que atalos a unha estaca no medio e deixalo arder coas xestas, toxos e árbores que o rodeen. Non está ben matar o pouco de bonito que sempre tuvo Terroso. Algúns prefiren ver as fragas da serra espidas en vez de carqueixas, queirugas, xestas, pinos, carpazos e todos aqueles animaliños que antes había, sobre todo os pirluíses que nunca os vin fóra de Terroso. Que teñan cuidado os que prenden lume porque un día acaban atrapados e non se libran da queima. Se volvera a xente a coidar as leiras non habería o problema da invasión da maleza. Por eso sería mellor sementar todo de pinos e a ver a onde se iba a mercar castañas como as que ahí se dan. Non vaiamos contra nós mesmos.
PacoBarxa.
martes, 17 de abril de 2012 a las 17:06
|