Estamos renovando MisPueblos.es
En las próximas semanas tendremos una versión completamente renovada,
mientras tanto no publicaremos actualizaciones.
Disculpen las molestias.

Terroso

Orense - Galicia

NOTICIAS

Si quieres mantenerte informado de lo que ocurre en TERROSO, esta es tu página, puedes añadirla a tu sección de "Favoritos". No sólo encontrarás noticias de Terroso, también te informamos de las localidades mas cercanas donde se vayan generando datos de interés.

Si quieres enviar NOTICIAS relacionadas con Terroso puedes hacerlo. Recuerda que puedes complementar la información con una fotografía.

 

Restaurantes en Terroso

Terroso > Noticias

AGRADECIDO...

AGRADECIDO...

Por la amabilidad que derrochas y por tus -inmerecidos por mi- elogios... Simplemente, aciertas en una cosa: fui un Juez vocacional y SIGO SIENDOLO, aunque esté en la reserva...
Para mi, también, es un honor considerarme amigo tuyo. Saludos a Terroso.
Manuel Domínguez Viguera

sábado, 06 de octubre de 2012 a las 17:41

 

Fotos da Igrexa.

Fotos da Igrexa.

Acaba de pasar Pepita por Terroso e fixo esas fotos da Igrexa en obras. Non puido sacar máis porque estaba pechada. Como vendes vanlle poñer tellado novo e limpala por fóra e por dentro. Merece a pena que se deixe ben, xa que en Terroso nunca fixeron nada decente... É cousa da Xunta, que pasou a ver o mal que estaba o lugar... É de agradecer... Pincha en FOTOS.

PakoPako.

sábado, 29 de septiembre de 2012 a las 11:39

 

A sementeira do pan

A sementeira do pan

Inda non acababa o verao xa andaban as charrúas, os arados, os agradóns e as xuntas de bois e vacas escafedendo por os montes. Vendimábase antes que que a auga estragase o viño e mentres o viño fervía nos lagares mirábase ó ceo por ver se rompía a chover pra que a terra collera un pouco de lento e poder ir ás leiras por ciscar unhas tegas de grau que co tempo se convertiría en més, palla e pan no forno despois de pasar por o muíño.
¡Hei, carballeira!
Acórdome que non había unha xesta con que facerlle uns estadullos ó carro ou uns lareiros para colgar os chourizos na matanza. Onde hoxe só hai xestas sementábase pan, millo, patacas, garabanzos, fabas, feixóns, chícharros, nabos e todo canto comían homes e porcos, sin deixar da man ás mulleres, as cabras e canta femia había no lugar, que duplicaban en moito ós machos. Con decirvos que nun galiñeiro de vinte pitas só había un galo. ¡O que tiña que traballar o cuitado para ter contentas as pitas!
Non é coma hoxe, que arredor de unha pita andan sete ou oito galos por ver quen se fai cargo do ovo. E resulta un tanto complicado saber de que galo é o pito... quero dicir, o polo.
Pasados uns meses despois da sementeira podíase ver o Facho todo cuberto de més, verde coma os ollos de unha meniña loura. Empalletaba a més e no abril xa se empezaban a ver as carreiras do pan. As carreiras do pan non era máis que a ondaxe que facían as leiras condo facía vento. A min gustábame mirar cara o Facho porque semellaba que fuxían as leiras. Hoxe xa non é posible tal panorámica. Despois en san Xoán botábaselle a fouce ó pan, na santa Mariña na meda se facía a fariña para que os burrecos de nós foramos ó muíño onde a moa do tío Xé á Cernada e do tío Francisco á Lama e Entrasaugas convertían o grau en relón, que despois de peneiralo acababa sendo fariña e farelos. Son tantas e tantas as cousas que se podían contar de todo aquelo, que seguramente non volverá, inda que ó paso que vai o mundo non me extrañaría nada que todo volva a empezar despois da destrucción que se aveciña. A propósito, inda teño a marca da fouce nos dedos da man esquerda de cando mos pillou segando no souto de Valdecarrís... Se non chega a ser por os dedís... a estas horas tocaría a flauta cos dedos dos pés.
Xa está ben de larocadas... Sabendes quen era o tío Larocas, non... Chámábanlle así porque esaxeraba tanto as cousas que xa naide llas cría. Era un home bó, e acórdome que o seu fillo Atilano, sendo mozo, corría vestido de chocalleiro cando viña o entruido. Se soubera que me publicaban o libro... estaría a escrbir corenta días e corenta noites e seguro que non escribía nin a cuarta parte do que se pode escribir de Terroso e as súas xentes. Deixareino para outra ocasión...
Perdoade o rollo. Como sei que vos gusta ler...

PakoPako, o fillo do tío Carpinteiro e irmao do Xerardo... e dos outros.

miércoles, 26 de septiembre de 2012 a las 13:08

 

POR FIN NOTICIAS

POR FIN NOTICIAS

Boas tardes a todos, xá sei, fai días que non escribo e non e de recibo por que todas as xustificacions son eso e so eso, pois intentarei retomar esta bonita afición de contar o que sea pra que esto sea o que ten que ser, a cronica social dos que un día fumos a nacer en Terroso e tamen dos que non como e o caso de Manuel, en Terroso sempre se recibiron ben os forasteiros eu podo decilo por que na miña casa sempre entraban todos os que vos podais imaxinar, por que meu pai tiña un oficio, como o pai de Paco, que tarde ou cedo a xente necesitaba dos seus servicios, por o tanto calqueira que lle interese entrar, que entre que será millor para todos.
Prometo estar mais o tanto da paxina e os demais tamen, xa sabemos todos, que como Paco no nos espresamos, pero intentamos o que podemos, eu fai como 38 anos que non falo en galego e nunca o escribin pero eiqui fago o que podo, intentemos que esto teña interes.
Un saudo pra todos.

martes, 25 de septiembre de 2012 a las 19:21

 

Madovi, o importante é que...

Madovi, o importante é que...

Eu non che entendo moito das diversas ramas da Xudicatura. O importante é que fuches Xuez, honorable, e sigues sendo un importante baluarte da honorabilidade nacional. É certo que eu ás veces comento cousas, historias que non deixan moi ben parados a certos personaxes. Hai detalles que poden ser certos, xa que todo ser humano está exposto a que alguén o tilde de... Pero en xeral a literatura bota man do que sexa para facer correr a tinta fóra do tinteiro. Fuches, és e seguirás sendo o Xuez de sempre, queiras ou non queiras, porque cando ún ten a conciencia do ben sabe espallalo por onde pasa. Síntome orgulloso de terte por amigo, meu caro Manuel.
Se te fixas na foto que acompaña os meus párrafos, poderás ver, entre os dous penediños, á muller que me acompaña na vida, me deu un fillo e unha filla e esa marabillosa neta que está a case mil metros coa súa carteiriña de Barbie, un día de chuvisqueira que non nos deixou disfrutar do paseo por os lomos da serra das Penas Libres ou Fragas Soltas, como lle chamo eu. Neste pequeno recuncho, na raia con sao Vicente, pódense pasar días moi fermosos, semellantes a eses de Cerdedelo que tanta paz che deixas no corpo e no espírito.
Compañeiro, e amigo, neste arte de entreter á xente que nos lee, aquí estás como na túa casa. Os meus paisanos seguro que están contentos con que un amigo os visite de vez en cando. Se sabes os apelidos do sr. Domingo que ti dices casou en Cerdedelo, poderémosche contar se ainda quedan parentes seus no pobo. Un saúdo meu e de todos nós.

PakoPako.

martes, 25 de septiembre de 2012 a las 16:45

Tienes mas noticias cerca de aqu�, en Arzadigos, Villardevos y Soutochao.

Página generada el viernes, 22 de noviembre de 2024 a las 23:00:10
© Mis Pueblos, S.R.L. 2006. Todos los derechos reservados. info@mispueblos.es - AVISO LEGAL - QUIÉNES SOMOS - ANÚNCIATE