A Choupina co Coupín...
Quero lembrar ó tío Xosé e á tía María, máis conocidos por Choupin e Choupina, que vivían ó lado das hortas, ó pé da casa do tío "Viejo". Todos eles foron moi amigos meus e cando pasaba por o barrio sempre me saudaban e eu respondía do mesmo xeito ca eles. Saúdos a todos os que queden da familia... A tía María, como tiña a fonte nada máis baixar a escaleira, nunca lavaba os pés por medo a luxar a auga. (É unha broma)... Personas boas no recordo. Por eles van estes versos, sin malicia.
O Choupín e a Coupina fóronche opinar e despois que opinaron quixeron xantar. ¿Qué xantamos, Choupina, qué xantamos Choupín? Unha taza de caldo con dous ovos pra min. A Coupina vai á fonte xusto ó fondo da escaleira mentres tanto o Choupinciño pon uns guizos na lareira, porque o lume, sin a leña, nunca fixo unha fogueira. ¡Ai Choupin..! ¡ Qué, Choupiniña...! Xa levamos moitos anos por facer unha meniña que cuidara das ovellas e muxira na chiviña. Somos vellos, moi vellotes, non hai nada na fumeira e por ben que lave as cuncas nunca che chego á espeteira. De colondro mal criado eu só teño un chouriciño: se che sirve inda podemos facer á noite un caldiño. Ó caldiño de colondro non lle poñas cascas de allo que me enfría a paxariña e a ti encólleche o carallo. O carballo da Portela leva vinte anos sin folla. A culpa foi do Choupín por taparlle o cú coa rolla.
¡¡Hei, tía María, que arde o canizo!!
PacoBarxa.
jueves, 03 de enero de 2013 a las 13:15
|
|
Javi...
Inda que só fose para ti xa paga a pena seguir escribindo. Sei que hai máis xente que lee a páxina case que todos os días. O que pasa é que ás veces temos perguiza de contestar. Cando pasen os Reis xa pasarei algún conto vello que fala da xente de Terroso de fai anos, cando o Facho estaba cheo de centeo, millo... e non de xestas como agora. Por a túa parte tamén podes dar noticias do que vai pasando, pois como andas por aí máis tempo que os que estamos fóra, sempre nos podes refrescar os acontecimentos. E máis cando case todo o que pasa cara Terroso faino por diante da vosa casa. Saúdos a Carme, Pepe... e todos, que case non vos conozo ós máis novos. ¡Feliz Ano Novo!
PacoBarxa.
domingo, 30 de diciembre de 2012 a las 19:52
|
|
javi.aportelada
Pois claro que si hay quen lea as tuas letras, e incluso hay algun que os contos eses de antes que escribes por ahi tenos pasados a papel. Sempre miro a paxina a pesar de non escribir si estou o dia coa lectura... Feliz ano Paco... e felis ano terrosiños.
sábado, 29 de diciembre de 2012 a las 17:55
|
|
¡FELIZ ANINOVO!
Con viño escumoso, cervexa ou champán, deséxovos sorte ¡por sempre xamáis!
¡Que ninguén se esqueza do día das Pullas (día dos Inocentes), que de tanto celebralo xa se está deixando no fondo do saco dos recordos! Eu de pequeno era tan traste que non podía deixar pasar o día sin meterlle unhas cuantas pullas á xente que pasaba por a rúa. A min tamén me metían algunhas, como aquelo do meu padriño Francisco, o fillo da tía Aurora, tío do Paco da Marta, que por unha banda ou por outra inda siguen sendo parentes meus. Unha vez díxome que fose ver á tía Gracinda, miña madriña, que me tiña guardada unha saquitiña de figos. E fun. Cando lle pedín os figos e abríu a saquita... xa os comeran todos os morrións. A miña madriña case choraba cando víu a desfeita... Como inda andaba por alí a bulir algún morrión, díxenlle eu: "Madriña, se como os morrións, como teñen os figos dentro, inda me tocará algo a min". Ríase coa treta como se fose o chiste maior da súa vida. Queríame moito a tía Gracinda... Como vivía sola sempre estaba a pedirlle a miña nai que nos deixara ir á súa casa. Se eu me puxera a contar o que lembro de cando era rapaz... faría falta unha biblioteca para gardar os libros... Ó Atilano, o panadeiro, díxenlle unha vez que o mulo lle iba á Portelada camiño de Flor de Rei... ¡E foi mirar a corte por se era certo! Era un rebulicio de rapaz... Outro día contarei outras cousas se me entero de que hai quen as lea. Se só é para encher páxinas non paga a pena. Quero saber se hai que lea estas noticias... Feliz Ano Novo para todos. Eu procurarei pasalo ben cos meus, sin esquecerme dos veciños de Terroso.
PacoBarxa.
jueves, 27 de diciembre de 2012 a las 12:58
|
|
Xa vexo, xa...
Por o que vexo o tempo non dá para nada. Andamos tan liados cos chourizos, cos bandullos e coas andolias... que non hai tempo de sentarse cinco minutos no ordenador e poñer unhas palabras de felicitación para os demáis. Pois eu non quero quedar sin poñer algo antes de que acabe o ano. Como non teño que facer a matanza... inda me queda tempo para riscar algo no papel. Deséxovos a todos un bó fin de ano e un comenzo inda millor para 2013. Dicen que o 13 é un número malo se non crece; non crece se non se rega e ven o tempo seco... Deixemos os contos tristes e pensemos que as xestas son xestas ondequera que se poñan. Medrarán máis ou menos dependendo do terreo. Quero dicir que con alegría e saúde podemos lograr o que queiramos. FELIZ ANO NOVO para todos, terrosanos o non. Que a sorte nos acompañe a todos. Que alguén poña máis fotos da igrxa reformada.
PacoBarxa, o de sempre.
jueves, 27 de diciembre de 2012 a las 11:44
|