Estamos renovando MisPueblos.es
En las próximas semanas tendremos una versión completamente renovada,
mientras tanto no publicaremos actualizaciones.
Disculpen las molestias.

Terroso

Orense - Galicia

NOTICIAS

Si quieres mantenerte informado de lo que ocurre en TERROSO, esta es tu página, puedes añadirla a tu sección de "Favoritos". No sólo encontrarás noticias de Terroso, también te informamos de las localidades mas cercanas donde se vayan generando datos de interés.

Si quieres enviar NOTICIAS relacionadas con Terroso puedes hacerlo. Recuerda que puedes complementar la información con una fotografía.

 

Restaurantes en Terroso

Terroso > Noticias

A Paco....

A Paco....

Como por desgracia no te vemos por la página de Verin -al menos con tu nombre aunque si como "Mori", u otro- tengo que venir, con gusto, a esta de TERROSO que mantienes casi en exclusiva. Y con muy buenos mensajes, como todos los tuyos. Hoy te escribo porque ayer por la noche, con motivo del Jueves de Comadres, salí con otros matrimonios a un sitio tranquilo, el Restaurante "San Antón", cerca del "Tres Hermanas", y entre los casados había un soltero "en comisón", porque su mujer había ido de "comadre". Se trataba de Antonio Rubin, un profesor casado con Viruca... Y con motivo de que mi hermano Antonio contaba de un día que fué a comer un cabrito de los de entonces, asado al espeto, en Terroso, con otros Abogados y Procuradores, invitados por un tal Evilasio, funcionario judicial hoy fallecido, yo te mencioné diciendo que no te conocía personalmente pero que me consideraba amigo tuyo..., y entonces fue cuando me dijo que os conocía a todos los hermanos, me habló del más joven, el que vive en la aldea, del famoso músico, de ti, aunque me dijo que tenía menos relación contigo que con los demás. Pero me encargó que si escribía algún mensaje en esta página, te enviase un saludo... Y lo hago ahora.
Por cierto: de los dos que en la foto que acompaña al post "La nieve" estáis en la fotografía, muy buena, ¿cuál eres tú, el "calvo afeitado" o el de pelo canoso?. Supongo que serás el que aparenta mayor edad.
Te sigo leyendo en Terroso y.... "extrañando" en Verin... Una "aperta".
Manuel Domínguez Viguera

viernes, 08 de febrero de 2013 a las 11:45

 

Chocallos e campaíñas.

Chocallos e campaíñas.

Xa case que naide sabe en realidade qué eran os chocallos e cal era a súa finalidade. En moitos pobos ainda se seguen a usar porque abondan os rabaños de ovellas e cabras; pero nas pequenas aldeas onde antes todos tiñamos un tagallino de animais xa non queda nada ou case nada. No meu tempo, fai arredor de cincuenta anos, cada veciño contaba con vacas, cabras e ovellas para o consumo familiar, tanto no traballo como en outros menesteres. Como no monte era moi fácil que se arrexuntaran os rabaños acudíase a marcar os animais e a poñerlles chocallos e campaíñas. Os chocallos púñanselle as cabras e chivos, sendo o chivo colludo o que levaba o chocallo máis grande. E non falo do chocallo de entre as pernas, non penses mal. As campaíñas eran máis ben para as vacas e bois. Ás novelas e bitelos púñanselle campaíñas pequenas. O Touro non precisaba chocallo, que xa se diferenciaba ben... Os pastores xa coñecían, por o son, onde andaban os animais e tamén se había outros que non fosen seus. Non penses que todos os animais levaban chocallo ou campaíña, non. Abondaba con que os levaran uns poucos para marcar o territorio da sociedade rabañil...
Pero a cousa non queda aí. Como os humanos somos os millores imitadores do que non arrondea... resulta que cando festexamos algo importante temos que disfrazarnos do que sexa. O Entruido, entroido, intrudo ou como lle queiras chamar sempre foi unha das festas máis pastoriles dos pobos. E...¡hala!... todos a disfrazarse de cabras. ¡Coma se non houbera outra cousa de que disfrazarse! Hoxe xa todos se disfrazn do que queren os chinos, que fabrican de todo para todos, incluso pequechos. Pero Antes había que inxeniarse para presentarse na festa con certa elegancia. E como o entruido é unha festa de porcos... veña, canto máis porcos millor.
E un dos elementos importantes da vestimenta carnavalesca son os chocallos, que ven sabedes levan os chocalleiros, os cigarróns, as pantasmas e toda esa caterva de demoños que bulen por as rúas nas festas de don Carnal, fillo do Demo e de sete bruxas de Portugal. Se lle engadimos unhas caretas feitas de cartón ou pelicas e catro garabitos máis... xa podemos sair á rúa coa certeza de que estamos presentables para a batalla dos fariñeiros. ¡¡Que non falte a cinsa, Maruxa!!

PacoBarxa.

martes, 29 de enero de 2013 a las 13:23

 

A neve...

A neve...

Parece ser que este ano a neve cuallou ben e con forza. Eu non tuven a sorte de ir vela; pero onte falei con Xerando e dicíame que había máis de unha cuarta de neve na leira, ó Cerdeiro. Se ó Ceredeiro había vinte centímetros de neve... pensemos a que non habería na serra, que está máis alta e chega antes que á chaira onde se asenta Terroso. Xa dicía meu pai: "Ogallá neve tanto que chegue a neve ós tellados"... Según iso por pouco que neve a onde chega primeiro é ós tellados... Tamén me acordo de cando tiñamos "sete neves e un nevón"... e como non houbera leña na palleira ou na corte... a ver onde quecías os pés. Na aira da Forxa, hoxe praza Angel Barja, a da fonte, cando eramos rapaces faciamos cada belouro de neve... Unha vez feitos levabámolos roulando ata a canella que vai cara a Veig e tapabamos o camiño de tal maneira que a xente que ía cara o Outoredo buscar viño e patacas tiña que arrondear por onde estuviera libre o paso. Á Porta da Tulla e na aira dos Brxes tamén facían das deles... Era tanta a neve que se xuntaba algunhas veces que para coller verdura nas hortas había que levar unha aixada e sacar a neve primeiro para chegar ás berzas. ¡E aqueles fusos pendurados nos tellados..! Cando xa empezaba a derreter a neve saiamos ó campo coa facenda para que non entumecera nas cortes. E eu sempre levaba comigo unha costela ou armadilla para cazar paxaros. Aquelas envernizas ó Valeciño, os merlos dos Inxertos, os pardais nas airas con só botarlles un puñado de millo... ¡Qué anos aqueles! Agora os rapaces só xogan coas trapalladas que fabrican na China, que moitas veces non teñen nada que ver coa nosa cultura de sempre.
Pois ó que vou: se é certo que "ano de neves é ano de bens..." só nos queda pensar que o 2013 vai ser un ano moi bó para todos. Que teñamos sorte ondequera que nos teña posto a vida. ¡E que siga nevando, carallo, que a neve afoga os ratos e ogallá fixera o mesmo cos políticos apodrecidos!

PacoBarxa.

miércoles, 23 de enero de 2013 a las 13:00

 

A Igrexa sin guardaciviles...

A Igrexa sin guardaciviles...

Os dous cipreses que tapan a fachada da igrexa deben ser sacrificados. Non quere dicir isto que non me gusten os cipreses, os negrillos, os freixos...
Todos eles merecen o meu respeto. Pero cando alguén estorba á vida pública hai que deixalo a un lado, se se pode con vida. Como para arrancalos e plantalos noutro lado habería que desfaguer a parede do sagrado, a millor opción é meterlle a serra no pé e facer cañotos para queimar no inverno...
Por iso, se hai que votar por o Si ou por o Non eu voto porque se corten.
E que perdoen os guardaciviles por a comparanza; pero vista a cousa dende lonxe dá a sensación de que levan preso ó Simón do tío Ruperto después de collelo no cacharofo de Valcobo onde se escondía...
O que queira saber máis do conto pode preguntar, que algo se sabe...
E volvendo á igrexa (hai que ir de vez en cuando para non esquecerse de on de está), que lle poñan unhas boas ventanas para que Deus, que sempre anda un chisco lonxe, lle colla agarimo e non se vaia tan lonxe cando pasa por Terroso...

PacoBarxa, á espera de que alguén escriba.

viernes, 11 de enero de 2013 a las 12:27

 

Os Reis.

Os Reis.

"Nesta casa caliada,
caliada de cimento,
que vivan por muitos anos
os señores que están drento".

Penso que inda haberá quen repita a cantiga. Cando nós eramos pequechos andabamos de porta en porta cantando aquelas vellas cantigas, que non se chamabn panxoliñas, senon "imos cantar os Reis"... Nós entendiámonos de muito millor maneira que agora. Case sempre che daban algo; inda que recordo unha vez, indo cara a Fonte da Cal, que alguén nos botou unha palangana de auga por a ventana. Como quen o fixo xa está noutras terras millores... non fai falta lembralo.
Ogallá non se esquecera o costume de cantar os Reis e o Nadal, que en países lonxanos inda se mantén a tradición. E que se conserve eso de comer o bandullo, ou como di meu irmao Xerardo, "vaciar un bandullo para encher outro"...
Felices Reis a todos e que vos enchan o saco de cousas boas para pasar ben o ano.

PacoBarxa.

viernes, 04 de enero de 2013 a las 20:39

Tienes mas noticias cerca de aqu�, en Arzadigos, Villardevos y Soutochao.

Página generada el viernes, 22 de noviembre de 2024 a las 18:39:39
© Mis Pueblos, S.R.L. 2006. Todos los derechos reservados. info@mispueblos.es - AVISO LEGAL - QUIÉNES SOMOS - ANÚNCIATE