Os fachos.
Os bípedos implumes, ou humanos, sempre tiveron a necesidade de comunicárense de lonxe por a imposibilidade de chegar no día coas novas ou noticias que viñan da "capital", por dicir algo. As novas normalmente eran militares ou políticas. Por iso tanto os celtas coma os romanos (indios americáns...)idearon un código de señais luminosos para transmitir sen precisar percorrer longas distancias. Os fachos (de facha ou antorcha, non de fascista) contaban con instalacións para acender fogueiras que se vían de lonxe e según un código preciso establecido de antemán eran interpretadas por quen estivera ó cargo para retransmitilas ó seguinte monte... e dese xeito levar a mensaxe a onde correspondía. As sete irmás son uha realidade que se pode ver de Portas Abertas nos días craros. Hoxe son hermidas cristiáns que se instalaron para perpetuar algo que para o seu tempo foi moi importante. Viñan sendo coma os repetidores de Tv para que o sinal chegara a todos no menos tempo posible. E mirando de Portas Abertas cara Verín ten que verse algunha máis para enlazar con Chaves camiño de Braga, en Porto Calem (Portugal), e repartirse logo cara Vicus, Pontus Veteris.... Non é moi complicado, lendo un pouco, atopar información e trazar un mapa aproximado daqueles tempos. Eu só pretendo lembrar o que xa todos sabemos, inda que pode haber xente que non saiba que por a Bouciña baixaba un camiño por o que pasaron moitos romanos... Un saúdo para todos.
viernes, 14 de agosto de 2009 a las 21:07
|
as cidades nos fachos
Paco,
¿ o de enclavar cidades nos fachos era máis dos celtas ou dos romanos?
, refireste ás sete "cidades" irmás da de Portas Abertas, non?
aínda que o das sete colinas recorda mais a Roma que outra cousa... : )
É moi emocionante saber que hai tanta Historia detrás nos nosos pobos,
ó menos a min prodúceme un orgullo e satisfacción grandes ir descubrindo
cada vez máis cousas do pasado da nosa zona e pisar por alí xa non é
a mesma cousa despois de ser consciente de todo isto.
A pedra da que falas da Costa da Sancha, é barro...? para poder
cocelo..., qué outra "pedra" pode ser?
Tamén é moi importante que a xente mais maior escribades aquí,
porque sabedes máis destas cousas que os novos normalmente, por haber estado
ligados ó pobo máis tempo...
Seguimos "falando" outro día, ate a próxima entón,
Adelina
jueves, 13 de agosto de 2009 a las 12:12
|
as maleitas
Gracias polas túas aclaracións, Paco:
acabo de darme conta que quizás as maleitas leven tal nome porque
os efectos que producen ó comelas poden ser un pouco semellante
ós inicios de ter malaria, que en portugués tamén se dí maleita,
qué curiosa esta relación,
posiblemente que foi unha palabra que trouxeron os nosos emigrantes no
Brasil, onde se padece bastante esta doenza
tropical.
Unha aperta,
Adelina
jueves, 13 de agosto de 2009 a las 11:57
|
En Terroso hai moito que ver (para Adelina e outros).
Cando eu era rapaz, alá por os anos cincoenta do século pasado, topábame con cousas ás que eu non lle daba importancia algunha, e coma min o resto da xente que por alí andaba. Máis tarde, pensando no pasado da rexión, funme dando conta de que por alí houbo máis historia do que parece. Alá no tempo dos románs é moi posible que por o Facho abaixo pasara unha vía romana proveñente de Braganza para subir logo a Portas Abertas, ou ben por A Mentiña ou por o Valeciño. Se fose posible escavar debaixo de Portas Abertas seguramente se atoparía o que puido ser un "Facho" que comunicaba coas outras sete irmás que se poden ver en días claros mirando cara Portugal na liña que marca o Facho de Terroso. Mesmo no Facho tivo que haber algunha construcción porque hai anos ise monte era o único que estaba cuberto de seixos brancos, que non se atopan en ningunha outra parte do termo. O vello camiño das ovellas estaba empedrado tal cual o estaban as calzadas romanas e no meu tempo viña dende Valdecarrís (val de carrís) ata a Bouciña... Ó facer a estrada de San Vicente escacharon todo e agora está debaixo de unha morea de xentas. Outra cousa curiosa era unha fonte en Lagares, ó baixar por o camiño do Penedo, que no inverno "fervía" auga quente. Púideno conprobar unha vez que baixei co meu irmán Luis dende o Cabanco por un camiño que había ós pés da Ladeira Pequena e viña ter xusto a Lagares, para logo subir por o Lombo do Medio, a Cervatela ata a entrada en Soutocobo. Pois isa fonte botaba auga quente no inverno, inda que no verán secaba. Tamén sabía e cheiraba a enxofre, seguramente porque pasaba por debaixo do outeiro que hai entre a Xeria e o Cabanco. Todos sabemos que onde mellor se daba o viño era ó Cabanco,terra quente inda que neve... Tamén son coriosas as pedras brandas que hai na Costa da Sancha, que se poden cortar cun coitelo como se fose madeira. Eu de pequeno fixen moitos enredos coa navalla, que logo cocía na lareira debaixo do borrallo quente para que endurara... E outra cousa real como a vida mesma foi a existencia do tío Nabor, o gaiteiro. Non sei de certo en que anos andivo por aquelas terras. Mais é certo que a máis de un home e muller fíxolles escachar as zocas a bailar nas eiras... O que pasaba era que o repertorio musical do home era sempre o mesmo e a xente, para animar a festa, dicíalle aquelo tan retranqueiro: "Outra, tío Nabor, que isa xa a tocou"... Máis tarde sería o Bruno co seu "Tarratatá, tarratatá, tarratatá...", que viña sendo o mesmo que o do tío Nabor, pero coa caixa... Ás veces sopraba no clarinete, que só tiña un buraco, o do dedo escachapiollos. Hai moitas outras cousas que se poden dicir de Terroso. Se as digo eu todas non vos quedaría nada para vós. Adiante a xuventude, que xa chegaredes a vellos e hai que pasar as historias ós que veñan despois. Un saúdo de PacoBarxa.
sábado, 01 de agosto de 2009 a las 21:09
|
A aira da forxa.
Maruxa, agradézoche o que dis de meu pai, e de Pepe o ferreiro e de Polito o zapateiro. A istas horas xa andan os tres a xogar á fite nas eiras de San Pedro. Ti non te acordarás de cando xogabamos á fite na aira da forxa. Pregúntalle a teu pai, que non deixaba un "vinte" en pé. Eu inda era un rapaz e il un mozo. Aquelo ás veces era máis importante que os xogos olímpicos das carrilanas de Lamardeite. Xa sabes que en Lamardeite o que non durma que non se deite... Gracias por a lembranza. Paco.
martes, 28 de julio de 2009 a las 22:54
|