Estamos renovando MisPueblos.es
En las próximas semanas tendremos una versión completamente renovada,
mientras tanto no publicaremos actualizaciones.
Disculpen las molestias.

Terroso

Orense - Galicia

NOTICIAS

Si quieres mantenerte informado de lo que ocurre en TERROSO, esta es tu página, puedes añadirla a tu sección de "Favoritos". No sólo encontrarás noticias de Terroso, también te informamos de las localidades mas cercanas donde se vayan generando datos de interés.

Si quieres enviar NOTICIAS relacionadas con Terroso puedes hacerlo. Recuerda que puedes complementar la información con una fotografía.

 

Restaurantes en Terroso

Terroso > Noticias

Xogos de nenos.

Xogos de nenos.

Menos mal que xa non estou só. Vexo que Deli e Ernesto tamén teñen cousas que dicir dunha terra que non deixa de ser das boas por estar un tanto alonxada da civilización. Eu síntome feliz de ter nacido en Terroso e supoño que ninguén se avergonce de telo feito. Adiante coas nosas tradicións que ata o de agora somos privilexiados no concello de Vilardevós, xa que ningún outro pobo dos arredores ten tantos persoeiros famosos coma Terroso.
E vou ó conto dos xogos. No meu tempo de neno os xogos eran un tanto máis bárbaros. Inda teño na cabeza as "pozas" que me fixeron as pedras ó caíren enriba de min nun xogo que, visto en frío, parece de tolos. Consistía en tirar unha pedra cara arriba e quedarse no sitio á espera de que baixara. Non te podías mover... Puntuaba asegún caíra máis ou menos lonxe de quen a tiraba... Ás veces a pedra cadrábache xusto na cocorota e xa tiñas un enxerto seguro. A fite era outro dos xogos do tempo dos celtas. Xogábase con dous "vintes" de pedra e unha lasca para tirar... ¡Qué demos teño que expricar se xa sabedes o que é!
Outra cousa eran os endeños feitos coa navalla:aradiños, carros, xugos... e os bois. Lémbrome que o Bartolo facía uns touriños moi exeitados das polas de freixo, cos seus corniños e patas. Agora xa vos dan todo feito. Antes, se queriamos xogar, había que imaxinalo e ter con que facelo. Moitas patacas e nabos estragou a miña navalliña por construir carros, coches e outras trapalladas... Naqueles tempos, nos que se alumaba a casa con candís e "gancios" untados en aceite, ninguén podía imaxinar todo o que agora trae de cú á tropa humana... A primeira electricidade que se intalou en Terroso tíñaa meu pai o Carpinteiro cunha pila Leclanché que fixo meu irmán Pepe nas vacacións do verán. Con moedas antigas de cobre e cinc separadas por anacos de pana mollados en ácido sulfúrico... meu pai alumaba o cuarto onde se comía... O interruptor era un carrete de madeira dos do fío de coser que xuntaba dúas latiñas e así lucían dúas bombillas de seis voltios que penduraban do fayado.
Estou personalizando demáis as cousas. O importante non é o que dicimos senon que nos xuntemos a dicilo. Adiante, rapaces, que eu disfruto con todo o que decides. Entre todos podemos facer que Terroso sexa coñecido en todo o mundo.
Un saúdo para todos.

domingo, 30 de agosto de 2009 a las 13:08

 

Seguimos lembrando

Seguimos lembrando

A verdade si que se perderon vellas tradicións e xogos que se facían na escola, que agora se están a sustituir polas novas tecnoloxías como internet, videoxogos, tv... ect.
Cantas partidas de peonza e canicas botabamos na praza cando aínda estaba de terra. Lémbrome dunha vez xogando o fútbol na praza ( xa lle botaran hormigón ), bateramos coa pelota nunha fiestra do meu tío pepe ( ferreiro ), cando nos damos conta, viña detrás de nós cunha aixada para partirnos o lombo. A nosa ventaxa era que corriamos máis e éramos moitos.
Coma estas, moitas máis trasnadas armabamos.

Un saúdo dende Ourense.
Ernesto Pérez

martes, 25 de agosto de 2009 a las 12:45

 

A qué xogábamos os nen@s que hoxe temos 30 e máis de 30

A qué xogábamos os nen@s que hoxe temos 30 e máis de 30


Hola a tod@s!,

o outro día estiven recordando a que xogabamos cando eramos nen@s

os que agora xa temos tres décadas, e refirome tanto ós xogos no pobo

coma no colexio de Vilardevós:

- Ó truque, á macaca, á goma, á pelota, ó brilé, ó marro ( esto último

eu nunca xoguei, pero acórdome dos rapaces do pobo que xogaban a esto

no patio do Rodolfo Núñez Rodríguez...), a coller, ó escondite,

ás canicas, ás prendas, ós disparates, ó "un, dos, tres", ós

profesores, a ser médicos, jejeje, todo isto e moito mais

- Específicamente en Terroso, ás veces xogábamos a coller grilos

e metelos en caixas con buraquiños arriba -para que respiraran-

e con herbiña dentro para que se alimentaran ben : ) e despois se

reproduciran e ter griliños pequenos,

a coller cágados, a levantar pedras a ver qué sorpresa había

debaixo ( a mais grande sorpresa soía ser unha salamandra : )

de vivos colores, amarelo e negro, qué subida de adrenalina

nos daba cando había tal bicho debaixo dunha pedra que levantabamos

, de repente, e ciando cara atrás por si acaso...

Acórdome moito de xogar cos meus tíos, case da miña idade, ca Tona

da Laura, ca Pepita da Maruja e neta do Hortas ( que tiña un acento alemán

que me facía soñar con outros países...)ca Marité e Anabel a "V" - a serie

aquela tan famosa

dos anos ´80, ata fabricábamos polvo rojo e todo con ladrillo

machacado :) - e a buscar bichos polo monte, ca Paca e a Isabel

á macaca en Vilardevós, Paca e Isabel case sempre facían parella

para xogar á macaca e tiñan unha pedra-talismán que lles facía

ganar case todalas partidas..., digo eu que tamén sería tanta

práctica que tiñan e boa man para atinar ó tira-la pedra, que

os premios non lle veñen a un así como así.

Bicos e apertas para os terrosiñ@s que estén interesados nestas

páxinas e en contar cousas do noso pobo para que non queden

no olvido!!!

Adelina Fernández Rodríguez

lunes, 24 de agosto de 2009 a las 13:21

 

maleitas e fachos

maleitas e fachos

Hola Paco,

o de maleitas pensaba que podía ter que ver con maleitas por algúns

síntomas que da o comer cereixas verdes...

O de Roma era unha broma : ) rima e todo...

Non sabía que andiveran pintando os postes na raia hai pouco

Coñezo a historia do "portuguesiño" abatido a tiros no noso pobo

e os meus avós ensináronme, unha vez, a súa tumba no cemiterio vello.

Moi interesante tamén o que dis dos fachos, onde se facía lume para

comunicar novas ós montes de arredor, eu pensei que se chamaban así

por ter forma de antorchas, máis ou menos, pois fachos son montes

elevados, non sí?

Saúdos a todos os terros@s,

Deli

lunes, 17 de agosto de 2009 a las 21:12

 

Maleitas e malaria

Maleitas e malaria

Deli, non vexo eu moita relación entre maleita e malaria, xa que comer maleitas non produce infirmidade ningunha. Pódeche dar un tanto de malestar no ventre e moi seguro unha denteira que non che deixe comer nada nunhas cantas horas. Posiblemente sexa unha palabra portuguesa ou raiota, pois ti ben sabes que todos aqueles pobos da fronteira unhas veces eran galegos e outros portugueses, asegún quen gañara nas pelexas por as terras que cada pouco tiveron os nosos antepasados. De momento é o que hai. Non sei se sabedes que non fai moito tempo andiveron por a raia xente do exército portugués e do español descubrindo e pintando os postes da raia para que non se perdan. O que quere dicir que os políticos queren unha Europa unida sen xuntar moito as ovellas por se a alguén se lle ocurre volver a poñer muros entre as nacións.. Esto último non ven moito ó caso, inda que me saíra de xeito natural...
Volvendo ós montes, se en Portas Abertas había unha pequena fortaleza celta ou romana tivo que haber outros postos de vixilancia nos montes de arredor. Sabemos que en tempos estaban en liorta todos os días e que se perdían por aquí teimaban recuperar por acolá... Montes con posibilidade de vixialo todo foron O Facho, A Gándara, Os Pasadoiros e a serra... A min dáseme que que no termo de Terroso houbo moito trasego por a boa situación na que está. Se máis tarde foi ún dos puntos do estraperlo por o que pasaban cousas... Terroso foi posto fronteirizo da G.C. chegando a ter oito ou dez homes. O cuartel estaba na casa da Juanita, onda o forno, e recordo o nome de algún dos derradeiros guardas que por alí andiveron: Daniel, que casou coa Salesa, o Higuero, o Rufino, que casou con miña tía Xerónima e tivo a disgracia de dispararlle a un portugués á Cernada, perto da Ola... O home está soterrado no cemiterio vello. Lembro que a lápida fixéronlla os canteiros de Terroso (Xulio e Luis) dunha pedra branca (arenisca)... Eu era un cativo e sempre andaba a cheirar en todo... Ó Rufino botárono do corpo e pouco despóis ós guardas xuntáronos a todos en Vilardevós... É un pouco de historia...
Outra aclaración é que as sete irmás non teñen moito que ver coas colinas de Roma. Se imos a calquera das hermidas que se ollan no nacente seguramente veremos outros montes semellantes cos mesmos postos de señalización camiño de Brigantium e Zamora...
Hoxe déixoo aquí. Deica outra.

domingo, 16 de agosto de 2009 a las 11:52

Tienes mas noticias cerca de aqu�, en Arzadigos, Villardevos y Soutochao.

Página generada el miércoles, 27 de noviembre de 2024 a las 5:31:11
© Mis Pueblos, S.R.L. 2006. Todos los derechos reservados. info@mispueblos.es - AVISO LEGAL - QUIÉNES SOMOS - ANÚNCIATE