Semana Santa xeada...
Esta semana pasada en Prado pasaron mutas cousas. O máis destacado foi un nevazo que volveu branco o pobo. Tamén tuvo lugar a tradicional comida da caza de todo-los xoves santos, bastante máis civilizada que a edición pasada. Por outro lado xa a xente lle está votando "merda" a os hortos para ir sementando patacas ou outras cousas. O demáis está coma sempre. Un saúdo para todos os que teñan que ver con Pradorramisquedo!!
lunes, 09 de abril de 2012 a las 13:44
|
Volven as matanzas
Achéganse as matanzas a Pradorramisquedo, a partir de decembro rigueiros de sangue de cochino comenzarán a fluir po-las rúas do pobo, tras serlle espetado a estes un coitelo das dimensións dunha espada de samurái no pescozo, que fará trocar ese son de agudo e enérxico que fan mentras case vinte tíos tiran del para levalo ao lugar do seu fin, a ronco e lento provocado po-la entrada de sangue as cordas vocáis e o seu debilitamento, rematando así, dunha forma lenta e dolorosa, cunha prácida vida, na que viven comendo e durmindo sin preocuparse de ir a buscar comida ou gañarse a vida, e tras isto coménzaselle a dar co soplete e a raspalo, para logo extraerlle as tripas e ir a lavalas á rigueira e sacarlle todas esas últimas merdas que o destino no lles deu tempo de cagar. Eso si, o xamón, os chorizos e todo iso saben moi ben...
martes, 22 de noviembre de 2011 a las 17:20
|
Rematou o verán...
Easte verán estuven por Prado. Pasouse logo, pero fui moi divertido. Sobre todo no mes de agosto, no que apareceron Supermán e a vella para espantar a esos rapaces mamóis que empuxan xente a traición aos ríos. O mes de xullo pasarono picando o pobo para buscar unha avería nas tuberías que tiña a xente sen auga. Cando se atopou a avería tapouse o buraco que se fizo, pero despóis pasou o camión de basura e caeu nel. Tamén apareceu xente que querían marchar ca malladora e na última semana de xullo veu Jorge a face-la seitura ¡Un saúdo para todo-los de Prado, e para os que non son tamén!
lunes, 26 de septiembre de 2011 a las 22:45
|