FESTAS DO POBO
OS VINDEIROS DÍA 27-DOMINGO E 28-LUNS DE SETEMBRO ESTAREMOS DE FESTA EN SANTA MARÍA DE TUIRIZ.
COMEZARÉMO-LO DÍA 27 COA TRADICIONAL ALBORADA DE MAN DO GRUPO DE GAITAS DE MONFORTE QUE TOCARÁN POLOS CAMIÑOS DO POBO DENDE AS 10 DA MAÑÁ PARA REMATAR NO CAMPO DA FESTA AMENIZANDO A SESIÓN VERMUT XUNTO CUNHA ORQUESTA.ÁS 8:30 DO SERÁN A ORQUESTA "TANGO" AMENIZARÁ O INICIO DA NOITE XUNTO CON OUTRO GRUPO DE MÚSICA. POLA TARDE,ARREDOR DAS 6 TEMOS PROGRAMADO FACER UN PARTIDO DE FÚTBOL COA XENTE QUE SE ANIME A VIR ATA O PRADO DO FLORIDA,NO PONTILLÓN. Ó DÍA SEGUINTE,A ORQUESTA "LEDICIA" E UN GRUPO MÁIS TRATARÁN DE FACER UN REMATE DE FESTA O MÁIS EXPLOSIVO POSIBLE.
DENDE A COMISIÓN DE FESTAS 2009 DESEXAMOS BOAS FESTAS E AGRADECEMOS A TODO O POBO E DEMÁIS A SÚA COLABORACIÓN.
ATA O ANO QUE VEN.UN SAÚDO.TUIRIZ VIVE.
jueves, 24 de septiembre de 2009 a las 0:06
|