Recordando a Enciñeira
Vendo estas fotos recordo o curso escolar que estiven alí de mestra (1974-1975). Sigo recordando a aqueles nenos e nenas que foron os meus primeiros alumnos e alumnas: Rafael Rodríguez Losada, Cesar, Antonia e a súa irmán, Angelines e o seu irmán de Sesmil, Encina, Paco da Vacariza, Olga, e algúns outros dos que recordo a cara pero non o nome, a verdade é que xa pasaron moitos anos. Un saúdo para toda a xente desta aldea que sempre recordarei con cariño. A foto é dos alumnos da escola no ano 1975 acompañados do meu fillo Manuel que entonces contaba cun ano de idade.
domingo, 13 de enero de 2013 a las 23:02
|