INSCRIZON DO SECULO XIII
No frontal da casa reutoral hai unha inscrizón do século XIII ( segundo así a data o historiador D. Andrés Pena Graña ) .
Durante as obras de reforma desta casa , na década dos oitenta - do pasado século - na ampliación feita na parte frontal da casa ( enriba da fiestra da dereita , onde está o despacho do párroco ) descóbrese a pedra ca inscrizón mencionada . A súa leitura é algo difusa ( po-lo paso dos anos ) pero non imposible para quen dispoña dun pouco de calma e de pacencia .
É moi probable que esta pedra non formase parte da anterior vivenda do reutor , pero sí de antigas edificacións do templo parroquial ( reedificado , por derradeira vez , no ano 1.864 ) .
miércoles, 18 de agosto de 2010 a las 22:00
|
NOVA FACIANA DA VIRXE DAS NEVES
Tra-la súa recente resturación ,dende o pasado sábado , 31 de Xullo do 2010 , a imaxe da Virxe das Neves da igrexa parroquial loce uns brincos de ouro . Estas alfaias foron doadas po-lo iñobrés Angel Luis Maneiro Lamas .
miércoles, 18 de agosto de 2010 a las 21:47
|
Malestar veciñal en IÑOBRE
Os veciños do lugar de Iñobre , en Taragoña , levan anos reclamando o Cruceiro e o libro-documento " O Prorrateo " , que foron usurpados po-los membros da " casa-grande da aldea " ( da que é a súa actual propietaria a señora Dna Rosa Esperante Ces ) .
miércoles, 18 de agosto de 2010 a las 20:03
|