BRAVO CAMPOSANTO
O cemiterio parroquial precisa unha limpeza urxente !
O chan térreo do cemiterio está que dá noxo po-lo seu abandoo e descoido . No que as herbas medran ó seu antollo entre as lousas dos defuntos . Parece ser que deste sacro lugar tan só hai lembranza po-la festividade dos Defuntos .
Por este camposanto é imposible camiñar se non é pisando as sepulturas dos nosos finados ( dada a estreitez do espazo existente entre elas para camiñar ) , se ademais lle engadímo-la bravura con que medran as herbas , en breve o seu acceso será de película .
Algunha vez téñense xuntado algúns/as veciños/as e limpa-lo , cousa que - segundo parece - non está acontecendo este ano .
O seu saneamento é cousa ben doada e tarefa xeral de Taragoña : que cada quen limpe as herbas da súa propiedade .
miércoles, 18 de agosto de 2010 a las 22:56
|
|
O ROSTRO ORNAMENTAL DA IGREXA
O rostro que existe na capela norte da igrexa parroquial non se corresponde ca faciana do " Cura Pequeno " , tal e como manifesta o dicir popular .
Ningunha relación teñen en común este pétreo gravado e o cura nomeado .
Cando se reedificou a actual igrexa , no ano 1.864 , o párroco D. Antonio Casalduero ( alcumado " o Cura Pequeno " - po-la súa baixa talle - ) xa levaba moitos anos finado.
Po-lo que a posibilidade de que os canteiros o gravaran é enormemente desacertada .
D. Antonio Casalduero , durante a súa estadía ó fronte da parroquia , obrou e ampliou a casa reutoral ; pero nada tivo que ver - nin de lonxe - ca reedificación da igrexa , moi posterior á súa morte .Po-lo que suliñar que este rostro é o dese párroco , non só é desacertado , senon ademais un autoengano .
Posiblemente esta cara se corresponda , únicamente , á dun anxo .
miércoles, 18 de agosto de 2010 a las 22:43
|
|
O MILAGRE DE VISTA REAL
O " Milagre de Vista Real " , en Iñobre , vai esmorecendo na memoria popular .
O acontecemento , ocurrido no ano 1.625 , foi transmitido de xeración en xeración po-la transmisión oral . Arestora , tan só uns poucos conservan na memoria . O recordo e a blasfemia feita por Dna Margarita de Mendoza y Sotomayor ( no ano anteriormente indicado ) contra o Santo Xohán " o Bautista " ; da capela do pazo .
A viaxe que Dna Margarita facía na angarella po-la corredoira da Posta e veigas lindeiras , veuse trocada po-la grande treboada que caeu aquel serán ; causándolle - por pouco - a súa morte . Logo de insulta-lo Santo po-la sequía daquel ano .
miércoles, 18 de agosto de 2010 a las 22:30
|
|
TRUNFO FESTEIRO
Todo un éxito as actuacións de " Río de Anxo " e do " Balet Folklórico Boirense " po-las aldeas da parroquia !
As actuacións feitas - dentro do programa das Festas do Verán - foron moi ben acollidas po-los veciños e forasteiros que se achegaron a ve-los .
Foi a meirande atracción do serán do sábado 17 de Xullo .
Agárdase a súa repetición o ano vindeiro .
miércoles, 18 de agosto de 2010 a las 22:20
|
|
CORRECCION SINAL INDICATIVA
Xa se corrixeu a sinal indicativa, sita na Coviña , que erróneamente nos indicaba á igrexa parroquial .
Na anterior dicía .: " igrexa de San Salvador " e agora reza : " igrexa Divino Salvador " ( tal e como , actualmente , se denomina ó patrón da parroquia ) .
Unicamente trátase dunha " cuestión de rango " . Posto que " Santo " é todo aquel que viveu en santidade e mostras de fé e " Divino " é o que ven dereitamente de Deus ( tal é o caso do Noso Señor Xesucristo ) .
Esta denominación , escomeza a empregarse na parroquia no ano 1.895 - como recolle un dos libros do rquivo parroquial - .
miércoles, 18 de agosto de 2010 a las 22:12
|