DESAPARECIDA FONTE DA CASTIÑEIRA , EN IÑOBRE
A raiz das obras do desdobramento da desaparecida " Vía Rápida do Barbanza V - G 1.1 " para a súa conversión na actual " Autovía do Barbanza ", no ano 2.007 , a fonte da Castiñeira ( en Iñobre ) desapareceu para sempre . Quedando soterrada debaixo de toneladas de terra e entullos procedentes desa obra .
Os veciños desa aldea ( Iñobre ) e arredores solicitaron o seu desentullo e recuperación da dita fonte .
No mes de Xuño do pasado ano 2.009 , conseguen que se descubran as escadas e os restos do lavadoiro , pero non así a fonte . Paralizáronse as obras e non voltaron a retomarse . Malia á insistencia veciñal po-la recuperación da cantería orixinal da fonte ( pra súa reutilización ) .
miércoles, 18 de agosto de 2010 a las 23:52
|
A CAMPANA " GRANDE " TEN GRAVADA UNHA INSCRIZÓN ERRONEA
A campana " Grande " ( que pendura no arco que dá ó sur ) dí - erróneamente - o seguinte : " ESTA CAMPANA FUE OBJETO DE / DONACION POR PARTE DE D AN / TONIO NEO CAAMAÑO CURA PA / RROCO Y DEL VECINO D MANUEL / ESCURIS LOPEZ INDUSTRIAL / AÑO DE 1939 ". Cando non é así . Posto que, esta campana, xa existía ahí con anterioridade á Guerra Civil .
E posible que esta tivese algunha fenda e que fose reparada ( ou refundida ) nese ano 39; costeada po-lo párroco e po-lo industrial. Pero non así a súa doazón. Posto que - repítome - xa existía anteriormente á Guerra Civil .
miércoles, 18 de agosto de 2010 a las 23:40
|
S. O. S . VIA-CRUCIS PARROQUIAL
Varios dos cruceiros pétreos do Vía-Crucis parroquial foron trasladados .
O Vía-Crucis da parroquia arrancaba do campo do Adro e subía po-lo Cruceiro ate Campo de Pasos . Chamado precisamente así por ser éste o campo , ou praza , onde se celebraban os Pasos da Semana Santa .
Varios elementos - ó longo do século pasado - foron causantes da súa desaparición : a Guerra Civil , o seu desvalor cultural e artístico , o cisma do ano 70 , etc , etc ; fixeron que esta ringleira de cruceiros foran desaparecendo dos seus sitios . Quedando , tan só nos primeiros anos deste novo século , uns vestixios escasísimos que así no-lo confirman .
Non conformes con este crime , na última década tres deles foron tamen movidos do seu lugar de orixe : un na Igrex , outro no Cruceiro e un en Campo de Pasos . Os tres ca mesma fin : decoraren os xardíns dos seus " supostos propietarios " . Sendo , un deles , trasladado á parroquia veciña de Cespón ( Boiro ) .
Hai constancia deste feito na Dirección Xeral do Patrimonio ( Consellería de Cultura ) , da Xunta de Galicia , que non se pronunciou ó respecto .
miércoles, 18 de agosto de 2010 a las 23:28
|
A SOBREIRA DA ARMADA
A Sobreira da Armada , en Bealo ( Boiro ) , segue manténdose ergueita ; logo dos anos e dos incendios que a van arrasando .
Esta sobreira de longa tradición na nosa localidade e arredores sería merecente dunha atención especial po-lo seu valor cultural na fala popular.
É costume popular - hoxe desempregada po-la chegada do " progreso " - que se dixese que: " Fulano ou Mengano, nacera na Sobreira da Armada ".
Antes de que os partos actuales se realizaran en Santiago.
Posto que, antano, os partos se facían nas casas ( e ninguén dicía que " os rapaces veñen de París ") todo o mundo o tiña ben claro: Os rapaces ?. Os rapaces veñen da " Sobreira da Armada " ! ! !
miércoles, 18 de agosto de 2010 a las 23:13
|
MANTEÑENSE AS " REZADEIRAS "
Dende o ano 1.970 ( cando a parroquia se alzou no cisma contra da Igrexa Compostelán ) , tódo-los domingos e festivos do ano , po-lo serán , un grupo de mulleres xúntanse no Campo-Santo para rezaren o Santo Rosario ( po-las ánimas dos nosos finados , eiquí enterrados ) .
Son mulleres que , na súa maioría , seguen conservando esa oposición eclesiástica ( po-lo traslado do párroco D. Vicente Sampedro ) .
miércoles, 18 de agosto de 2010 a las 23:03
|