O CADRO É DE TODOS ! ! !
Na última festa do patrón ( o Divino Salvador ) , acontecida o pasado 6 de Agosto , a pirotecnia " Penide " sorprendíanos cun cadro - no alto do campanario - do Divino Salvador , do que saían bengalas ó seu redor .
Á mañán seguinte o cadro xa non estaba alí . É posible que o teña a presidenta da comisión ( ou algún membro dela ) ; de ser así , por favor , que o devolva e o expoña nun lugar público , por exemplo : a sancristía .
Porque , as festas , os fogos , as orquestras . . . . todo , pagámo-lo nos - os veciños - ca nosa aportación . Por conseguinte : o cadro é noso ! ! ! ( da parroquia de Taragoña ) .
miércoles, 08 de septiembre de 2010 a las 18:48
|
|
A PROCESION MAIS NOVA
É a procesion de caracter mais moderno e a mais inestable de cantas hai . Aparecendo e desaparecendo segundo cadre . O mesmo có seu roteiro , que é inestable .
A súa celebración xurde na parroquia de Rianxo - capital do concello - e percorre distintas parroquias no seu trazado . Últimamente : Rianxo , Asados , O Araño e Taragoña . Nunha engalanada procesión de vehículos tocando o claxon .
É costume engalanar os vehículos con flores , bandeiras , glovos . . . que circulan detrás do camión que porta ó Santo Cristovo . ( Patrón dos conductores ) .
miércoles, 08 de septiembre de 2010 a las 18:39
|
|
O CAMPANARIO EN PERIGO
Esta torre de recente construcción , no ano 1.865 , ten a particularidade de ser un dos mais fermosos da bisbarra do barbanza e mesmo do país . Pero ca necesidade urxente dunha restauración total na súa edificabilidade . Que presenta fendas e gretas entre as súas pedras .
Se , ademais , lle engadímo-la curiosidade de que , nel , medren algunhas arbres , a necesidade faise meirande . Posto que as raices , ó medraren , van separando as lousas edificantes . O que , en breve , suporá unha atención moi especial na súa conservación .
Del saen as bombas po-la festa do patrón , cas súas vibracións . Os fogos son espectaculares , pero teñamos en conta a súa conservación . Pois o patrimonio é de todos !
miércoles, 08 de septiembre de 2010 a las 18:32
|
|
OS GRAFITEIROS CHEGARON Á ALDEA
Hai quenos mira mal , quenos critica e quenos aborrece , pero " os grafiteiros " xa chegaron á aldea ! Dispostos a darlles cor a canto valdeiro vexan . Fan ben ! Que cánto mais bonito non queda !
Hai quenos considera resultantes das clases mais baixas e victimas das drogas , pero a verdade non lles é esa . Son o froito dunha xeración nova , dunha cultura diferente ( mais moderna ) . . . Que expresan os seus sentimentos e inquedanzas deste xeito : en multicores debuxos .
Deixémo-los !
Cada cousa é na súa época , cada época no seu momento .
miércoles, 08 de septiembre de 2010 a las 18:25
|
|
SOBRA UNHA PLACA
O que se achega á igrexa parroquial e contempla a súa fronteira principal , que dá ó Poñente , onde está a Porta Grande , ten ocasión de ver á súa esquerda cadansúas placas de mármore branco ; son as homenaxes ós caidos na Guerra Civil - que tanto está agora de moda , con iso da " Memoria Histórica " - .
Na placa superior lémo-lo seguinte ( ausente da pintura que a fai mais lexible ) : TARAGOÑA EN MEMORIA DE LOS QUE MURIERON POR EL SERVICIO DE LA PATRIA AÑOS 1936 / 1939 . Na inferior dúas ringleiras de nomes ( que casualmente defenderon á " dereita " española ) .
Na parroquia morreron mais nomes ca eses que , na placs , figuran . Están os defuntos " roxos " ( que , o franquismo , ben se gardou de omitir ) .
Daquela , pois , ca placa superior é abondo . A que abarca a todos . Porque , uns e outros , loitaron po-lo seu país , po-la súa patria e po-la súa ideoloxía ( acertada ou non ) .
miércoles, 08 de septiembre de 2010 a las 18:17
|