Estamos renovando MisPueblos.es
En las próximas semanas tendremos una versión completamente renovada,
mientras tanto no publicaremos actualizaciones.
Disculpen las molestias.

Corrubedo

A Coruña - Galicia

NOTICIAS

Si quieres mantenerte informado de lo que ocurre en CORRUBEDO, esta es tu página, puedes añadirla a tu sección de "Favoritos". No sólo encontrarás noticias de Corrubedo, también te informamos de las localidades mas cercanas donde se vayan generando datos de interés.

Si quieres enviar NOTICIAS relacionadas con Corrubedo puedes hacerlo. Recuerda que puedes complementar la información con una fotografía.

 

Restaurantes en Corrubedo

Corrubedo > Noticias

Corrubedo 2011...

Corrubedo 2011...

Somos moitos os galegos, e non tan galegos, os que temos pasado por Corrubedo. A primeira vez que por alá fomos inda tiña a miña filla oito aniños e xa choveu dende entón. Daquela as dunas eran de disfrute público, xa que podías percorrelas de cabo a rabo perdéndote en algo tan fermoso que te levaba ó deserto ou a planetas lonxanos. Hoxe a cousa é moi diferente. Non sei ata que punto a restricción pode axudar ó aillamento do entorno. É certo que o ser humano somos a pior das calamidades que lle puideron cair á terra. Pero tamén o é que somos os únicos que facemos algo para que todo sexa máis armónico, entendendo que se obre de boa fe. Os meus fillos, en visitas anteriores, botábanse a roular por a Gran Duna e os berros de ledicia ouvíanse a máis de un kilómetro. E coma eles centos de visitantes que querían ver algo diferente. Agora, con tanta prohibición, todo está morto, con catro herbas que se poden achar en calquera parte da costa e uns poucos paxariños que se morren de risa vendo que teñen por casa un deserto.
Nunha hora sentado no longo camiño que agora leva ata a praia só tiven ocasión de ver dous merlos descoloridos e algún que outro pintasilvo que se adicaba a picotear as primeiras moras das silveiras. Por o demáis... silencio. Onde antes había autocares de xentes que viñan ver o fenómeno
agora había tres coches con catro ou cinco persoas un tanto decepcionadas por facer unha viaxe tan longa para nada... Pode haber outros intereses na conservación de certos lugares, inda que a min non me convence a teima do despoboamento do agro para que campen en liberdade as feras e o fogo, cando intereses ocultos median...
Respecto sí; pero merecemos un pouco de consideración, xa que se pode disfrutar o territorio sen deterioralo. Podemos xogar todos sen perigo.
É só unha opinión e non quero entrar en debate.

PacoBarxa

martes, 05 de julio de 2011 a las 15:19

1
Tienes mas noticias cerca de aqu�, en Bretal, Carballosa y Carballal.

Página generada el sábado, 23 de noviembre de 2024 a las 0:03:02
© Mis Pueblos, S.R.L. 2006. Todos los derechos reservados. info@mispueblos.es - AVISO LEGAL - QUIÉNES SOMOS - ANÚNCIATE